Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 64969

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2022 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para acceso á escala de técnica superior de administración con requisito de idiomas, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 25 de novembro de 2021 (DOG do 10 de decembro de 2021 e BOE do 23 de febreiro de 2022), convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas na escala técnica superior de administración, con requisito de idiomas, subgrupo A1, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 31 de outubro de 2022 (DOG do 10 de novembro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas ás citadas probas selectivas pola quenda de acceso libre e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 19 de xaneiro de 2023, ás 9.00 horas, na aula Luisa Cuesta da Biblioteca Concepción Arenal, Campus Vida (rúa dos Feáns, s/n, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, nos locais onde se realizou a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela