Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 64968

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

EXTRACTO da Resolución do 9 de decembro de 2022 pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado laboral fixo asimilado a profesor colaborador. Proceso de estabilización.

Mediante a Resolución reitoral do 9 de decembro de 2022 aprobouse a convocatoria do procedemento selectivo para a cobertura de prazas de profesorado laboral fixo asimilado a profesor colaborador.

A dita convocatoria faise a partir da oferta de emprego público da Universidade de Santiago de Compostela para o ano 2022, aprobada polo Acordo de Consello de Goberno do 25 de maio de 2022, e en cumprimento do Acordo do Consello de Goberno desta universidade do 29 de novembro de 2022 polo que se aproba a creación de prazas na categoría de profesorado laboral fixo asimilado a profesorado colaborador para posibilitar a estabilización extraordinaria de persoal docente e investigador que está a ocupar praza de interino de longa duración.

As bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pdipermanente

O prazo de presentación de solicitudes é de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio deste extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pdipermanente

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela