Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 65025

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lousame

ANUNCIO da convocatoria para executar a oferta de emprego público extraordinaria para a redución do emprego temporal (artigo 2 da Lei 20/2021).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 236, do 15.12.2022, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para prover a seguinte praza, en execución da oferta de emprego público extraordinaria para a redución do emprego temporal, ao abeiro do artigo 2 da Lei 20/2021:

– 1 praza de técnico/a As Minas de San Fins, persoal laboral fixo descontinuo, grupo II (A2), mediante o sistema de concurso-oposición, quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Lousame, 15 de decembro de 2022

Mª Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa