Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 65024

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO polo que se dá publicidade da Resolución do 7 de decembro de 2022, referente á convocatoria para prover unha praza.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 285, do 15 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha praza de auxiliar adscrita ao posto de encargado de contabilidade da Área de Economía e Facenda, pertencente ao persoal funcionario deste Concello, escala de Administración xeral, subescala servicios xerais, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

O Corgo, 15 de decembro de 2022

Felipe Labrada Reija
Alcalde