Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 65023

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO da convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 268, do 23 de novembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer:

– Unha praza de informador/a xuvenil-encargado/a do telecentro, pertencente ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala servizos especiais-servizo de información xuvenil, mediante o sistema de concurso en quenda libre.

– Unha praza de encargado de instalacións e edificios municipais, pertenecente ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala servicios especiais-servizo de deportes, mediante o sistema de concurso en quenda libre.

– Dúas prazas de tractoristas para roza tratamentos preventivos, pertenecente ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala servizos especiais-servizo de rozadores e mantemento preventivo de pistas.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

O Corgo, 23 de novembro de 2002

Felipe Labrada Reija
Alcalde