Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 65022

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO das convocatorias e bases dos procesos selectivos de estabilización do emprego temporal para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 284, do 14 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– 1 praza de administrativo/a, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso, quenda libre.

– 1 praza de arquitecto/a, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, subgrupo A1, mediante o sistema de concurso, quenda libre.

– 3 prazas de peóns de servizos múltiples, do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, quenda libre.

– 1 praza de condutor/a tractor, do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, quenda libre.

– 1 praza de limpador/a do centro de saúde, do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, quenda libre.

– 1 praza de conserxe-limpador/a do CEIP, do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, quenda libre.

– 1 praza de auxiliar de biblioteca, do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Castro de Rei, 15 de decembro de 2022

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde