Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 65032

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilariño de Conso

ANUNCIO da convocatoria e das bases xerais e específicas para a provisión de varias prazas do proceso de estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 285, do 15 de decembro de 2022, publicouse integramente a convocatoria e as bases xerais e específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía do 9 de decembro de 2022, que rexerán o proceso de estabilización do emprego temporal segundo a oferta de emprego extraordinaria de 2022, para cubrir unha praza de funcionario e quince de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso e pola quenda libre:

– Funcionarios:

Unha praza de auxiliar administrativo/a da escala da Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2.

– Persoal laboral fixo:

Unha praza de axente de emprego.

Unha praza de psicólogo/a.

Unha praza de traballador/a social.

Unha praza de auxiliar de atención (Punto de Atención á Infancia).

Catro prazas de auxiliar de axuda no fogar.

Dúas prazas de oficial de mantemento.

Unha praza de persoal de mantemento.

Unha praza de operario.

Tres prazas de limpador.

O sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos de acordo co previsto nas bases reguladoras.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio correspondente no Boletín Oficial del Estado.

Vilariño de Conso, 15 de decembro de 2022

Melisa Macía Domínguez
Alcaldesa