Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 65034

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO do extracto das convocatorias, bases xerais e bases específicas que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira ou laboral fixo, no Concello de Viveiro, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022 en virtude da taxa adicional de estabilización prevista no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP) número 286, do 16 de decembro de 2022, publícanse as convocatorias, bases xerais e bases específicas que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira ou laboral fixo, no Concello de Viveiro, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022 en virtude da taxa adicional de estabilización prevista no artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que recollen as seguintes prazas:

Proceso de estabilización de prazas de funcionarios (acceso libre. Sistema selectivo: concurso-oposición. Aplicación da taxa adicional de estabilización do artigo 2 da Lei 20/2021)

Denominación

Total prazas

Clasificación

Grupo

Observacións-correspondencia

postos RPT

Vixilantes de urbanismo

1

Esc. Adm. esp.

Sub. Serv. esp.

C2

SX5.4/033

Técnico/a do arquivo

1

Esc. Adm. esp.

Sub. téc.

A2

SX6.3/036

Proceso de estabilización de prazas laborais (acceso libre. Sistema selectivo: concurso-oposición. Aplicación da taxa adicionae l estabilización do artigo 2 da Lei 20/2021)

Denominación

Total prazas

Clasificación

Grupo

Observacións-correspondencia

postos RPT

Técnico/a municipal de emprego e orientación laboral, responsable

1

Esc. Adm. esp.

Sub. de xest.

A2

PE1.2/104

Recepcionista da piscina

1

Esc. Adm. asp.

Xub. aux.

C2

Xornada parcial

EC3.1/089

Oficial/a primeira condutor

1

Esc. Adm. esp.

Sub. Serv. esp.

C2

AS1-/153

Operario/a

1

Esc. Adm. esp.

Sub. Serv. esp.

GAP

OP0.1/131

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial do Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos dixital da corporación nos termos establecidos nas bases.

Viveiro, 13 de decembro de 2022

María Loureiro García
Alcaldesa