Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65070

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva da delimitación de solo de núcleo rural da Forxa, San Roque, As Quintás e O Bacelo, do concello de Punxín (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 144.18 e 199 do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, faise pública a aprobación da delimitación de solo de núcleo rural da Forxa, San Roque, As Quintás e O Barcelo, do concello de Punxín (Ourense), mediante a Resolución da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 21 de novembro de 2022, que figura como anexo.

Unha vez inscrita a devandita delimitación no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, a documentación íntegra deste, incluído o extracto ambiental, poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-planeamento-urbanistico-de-galicia

Así mesmo, o informe ambiental estratéxico e a demais documentación do procedemento de avaliación ambiental do referido plan poderá ser consultada na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/plans-e-programas-por-tipoloxia?p_p_id=aaeTipology_WAR_aae&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_aaeTipology_WAR_aae__spage=%2Fportlet_action%2Faae%2FdetalleProxecto%3Fid%3D2140&_aaeTipology_WAR_aae_id=2140

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2022

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

Resolución de aprobación definitiva da delimitación de solo de núcleo rural
da Forxa, San Roque, As Quintás e O Bacelo, do concello de Punxín (Ourense)

O Concello de Punxín remite o expediente de referencia para a súa aprobación definitiva, conforme o disposto no artigo 78.2.c) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).

Analizada a documentación achegada, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Punxín non conta con planeamento xeral, polo que lle son de aplicación as determinacións do Plan básico autonómico, aprobado definitivamente o 26.7.2018.

Conta con varias delimitacións de núcleo rural, entre elas a da Forxa, aprobada definitivamente o 25.1.2002.

Segundo o establecido na disposición transitoria primeira da LSG ao solo rústico aplicarase o réxime do solo rústico desa mesma lei, e as delimitacións de núcleo rural manterán a súa vixencia.

I.2. A tramitación da modificación puntual foi a seguinte:

• Consta informe xurídico municipal, do 24.9.2018.

• O 22.1.2019, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático ditou resolución, publicada no DOG do 5 de marzo, en que se resolve non someter a delimitación ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, e acompaña os informes correspondentes ás consultas previas da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, do Instituto de Estudos do Territorio, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, e da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

• Constan informes técnico da Deputación Provincial de Ourense (en funcións de asistencia técnica a municipios), do 17.4.2019; e xurídico municipal, do 2.5.2019.

• A delimitación de solo de núcleo rural foi aprobada inicialmente pola Resolución da Alcaldía do 30.5.2019; e foi sometida a información pública durante dous meses mediante anuncios no DOG do 25.6.2019, e nos diarios La Voz de Galicia e Faro de Vigo do 16.7.2019. O acordo de aprobación inicial foi notificado individualmente ou mediante o BOE aos titulares catastrais do ámbito. Presentáronse tres alegacións.

• Consta informe do 18.6.2019, do Instituto de Estudos do Territorio, en que se sinala que o dito informe non é preceptivo neste caso.

• Consta informe favorable do 18.6.2019, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, en que se sinala que non é necesario o informe da Comisión Galega de Protección Civil.

• Consta informe favorable do 24.6.2019, da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

• Consta informe do 24.6.2019, da Deputación Provincial de Ourense, en que se sinala que ningunha estrada de titularidade provincial resulta afectada pola delimitación.

• Consta informe do 26.6.2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en que se sinala que no concello de Punxín non existe ningún solo declarado como contaminado e que no ámbito non existe información inventariada sobre afeccións á calidade dos solos.

• Consta informe favorable do 12.7.2019, da Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información do Ministerio de Economía e Empresa.

• Constan informes, desfavorable do 19.7.2019, da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento; e favorable do 22.4.2022.

• Constan informes, desfavorable do 26.7.2019; e favorable do 11.10.2019, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

• Consta informe favorable do 7.8.2019, de Augas de Galicia.

• Consta informe favorable do 16.10.2019, do Servizo de Montes da Consellería do Medio Rural.

• Constan informes, desfavorable do 10.3.2022, e favorable do 11.5.2022, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

• Solicitouse informe sectorial á Subdelegación do Goberno de Ourense. O 13.6.2019 comunicou ao Concello que nesa data deu traslado da solicitude á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.

• Constan informes municipais, técnico do 7.6.2022, e xurídico do 9.6.2022.

• O Pleno do Concello, en sesión do 20.6.2022, desestimou as tres alegacións presentadas e aprobou provisionalmente a delimitación de solo de núcleo rural, con cumprimento das observacións formuladas nos informes sectoriais.

• O 8.9.2022, o Servizo de Urbanismo de Ourense ditou requirimento ao Concello de Punxín en que se demandan o proxecto de delimitación dilixenciado coa aprobación inicial e que se completen os informes emitidos na tramitación do expediente, que foi atendido o 20.9.2022.

II. Análise e consideracións.

II.1. O ámbito de actuación comprende varios núcleos rurais recoñecidos no nomenclátor oficial da Xunta de Galicia como A Forxa, San Roque, As Quintás e O Bacelo, que no seu conxunto conforman a capitalidade do municipio de Punxín. Está atravesado pola estrada nacional Ourense-Pontevedra (N-541) e afectado pola barreira física que supón o río Barbantiño ao leste.

O ámbito abarca unha superficie de 96.205 m2, de que 50.989 m2 corresponden a solo que se categoriza como solo de núcleo rural tradicional, dividido en dúas zonas de 44.091 m2 e 6.898 m2; e o resto, 45.216 m2, a solo de núcleo rural común, tamén dividido en dúas zonas de 10.444 m2 e 34.772 m2.

A maior parte do ámbito de actuación xa está incluída en dúas delimitacións de núcleo rural, de San Roque e da Forxa, aprobadas respectivamente en 1997 e 2002.

II.2. O obxecto do proxecto é a delimitación de solo do núcleo rural da Forxa, San Roque, As Quintás e O Bacelo, conforme o establecido no artigo 78 da LSG, tendo en conta os requisitos establecidos no artigo 23 e as determinacións previstas no artigo 55 da mesma lei, así como os artigos 189, 190 e 191 do RLSG, para regular o modelo de asentamento proposto, regularizar urbanisticamente as edificacións existentes e garantir as actuacións futuras, permitindo un crecemento sustentable que evite a deterioración do territorio.

Na delimitación de solo de núcleo rural inclúense os catro núcleos rurais que a integran. Ademais, a denominación da delimitación refírese aos catro núcleos rurais comprendidos nela; acadando o grao de consolidación requirido na LSG para cada categoría de solo de cada núcleo.

II.3. Na ordenanza de solo de núcleo rural tradicional indícanse as aliñacións e recuados de aplicación no tramo da N-541 incluído na delimitación.

Conforme o modelo de asentamento poboacional, na ordenanza de solo de núcleo rural común redúcese substancialmente a parcela mínima aplicable para a zona C, igualándoa coa da zona D.

Nas ordenanzas de aplicación inclúese un punto (4.7.2), referente ás edificacións e usos anteriores non plenamente compatibles co planeamento.

II.4. Na ficha da delimitación de solo de núcleo rural sinálase que son suficientes as redes de servizos existentes; e indícase a titularidade pública ou privada dos diferentes equipamentos e espazos libres previstos.

II.5. Conforme o artigo 41.4.a) da LSG, tanto en solo de núcleo rural tradicional como no solo de núcleo rural común, computarán todas as superficies construídas sobre rasante, para os efectos de ocupación e de edificabilidade máximas permitidas, polo que se deberán modificar a alínea «k) Ocupación máxima da parcela» na normativa do SNRT e a alínea «i) Edificacións auxiliares» na normativa do SNRC.

No punto relativo ás aliñacións, na normativa do SNRT debe quedar claro que as aliñacións son as grafadas nos planos de ordenación e que a restante regulación se aplicará con carácter supletorio.

Nos planos de información deberase recoller a vixente delimitación do núcleo da Forxa.

III. Resolución.

Visto canto antecede, e en virtude do establecido no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a delimitación de solo de núcleo rural da Forxa, San Roque, As Quintás e O Bacelo, do concello de Punxín, condicionado á emenda das cuestións indicadas no punto II.5 anterior.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio esta modificación puntual no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. Notifíquese ao Concello; e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

4. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar a normativa da modificación aprobada no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

5. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.