Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65076

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se aproba a terceira actualización do Plan básico autonómico de Galicia.

I. Antecedentes.

1. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 26 de xullo de 2018, de conformidade co disposto nos artigos 50.8 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 102.8 do Regulamento da dita lei, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, acordou aprobar definitivamente o Plan básico autonómico de Galicia (en diante, PBA), integrado polos seguintes documentos:

a) Memoria xustificativa dos seus fins, obxectivos e determinacións.

b) Planos de delimitación dos ámbitos de aplicación dos instrumentos de ordenación do territorio.

c) Planos de delimitación das afeccións sectoriais.

d) Plano de identificación dos asentamentos de poboación.

e) Ordenanzas tipo de edificación e uso do solo.

f) Catálogo.

2. O Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia, foi publicado no DOG núm. 162, do 27 de agosto, así como nos catro boletíns oficiais provinciais, o 28 de setembro de 2018. (BOP da Coruña, núm. 186, 28.9.2018; BOP Lugo, núm. 224, 28.9.2018; BOP Ourense, núm. 224, 28.9.2018 e BOP Pontevedra, núm. 188, 28.9.2018).

3. A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de conformidade co establecido no artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, aprobou mediante resolución as seguintes actualizacións do PBA:

– Resolución do 25 de maio de 2020 pola que se aproba a actualización do PBA de Galicia (DOG núm. 116, do 15 xuño), (correccións de erros publicadas no DOG núm. 232, do 17 de novembro, e no DOG núm. 242, do 1 de decembro).

– Resolución do 21 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se aproba a actualización do Plan básico autonómico de Galicia (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro de 2022), (corrección de erros publicada no DOG núm. 62, do 30 de marzo).

II. Normativa.

Na actualización do PBA tense en conta a seguinte normativa:

– Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

– Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia (DOG núm. 213, do 9 de novembro).

– Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico (DOG núm. 162, do 27 de agosto).

III. Procedemento de actualización.

1. De conformidade co disposto no artigo 90.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o Plan básico autonómico debe actualizarse en función dos cambios derivados das modificacións das afeccións sectoriais e da aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio.

2. O artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia, sinala que os cambios derivados da aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio, así como as modificacións que se produzan nas afeccións sobre o territorio consonte a respectiva lexislación sectorial, en canto constitúe a súa normativa reguladora, segundo o artigo 4.3, resultarán directamente vinculantes desde a súa entrada en vigor, e prevalecerán sobre a información que, sobre a materia, se reflicta nos planos que integran a cartografía do Plan básico autonómico.

Porén, o sinalado no punto anterior enténdese sen prexuízo da necesidade de que a dita cartografía deba ser obxecto de oportuna actualización mediante resolución administrativa e a publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia con indicación dos cambios operados e cunha periodicidade mínima anual, en atención á natureza de documento dinámico da que participa o Plan básico autonómico.

3. Dado o carácter de instrumento dinámico, algúns organismos, así como particulares, logo da aprobación definitiva do PBA foron comunicando á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo algúns erros detectados, así como as correspondentes modificacións que hai que realizar. Asemade, solicitouse expresamente información territorial actualizada a diferentes organismos con competencias sectoriais, tanto autonómicos como estatais.

IV. Análise da actualización.

IV.1. Estado da situación actual.

1. O PBA ten por obxecto delimitar, sobre o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a realidade complexa das afeccións que derivan dos instrumentos de ordenación do territorio e mais da normativa sectorial, así como identificar os asentamentos de poboación existentes. Ademais, establece unha regulación de carácter xeral dos diferentes usos do solo e da edificación a través dunhas ordenanzas tipo que dependen da clasificación e cualificación do solo.

2. O seu xerme, no ano 2018, supuxo un revulsivo para acadar a dixitalización da información sectorial, naqueles eidos en que aínda se traballaba en papel, e a súa publicación nunha infraestrutura dixital de datos espaciais, ou o que é o mesmo, nun visor.

3. Porén, desde aquela, diferentes organismos da Xunta de Galicia dispoñen xa das súas propias infraestruturas de datos espaciais, nas cales manteñen actualizada a información sectorial da súa competencia, polo que, para evitar posibles discrepancias entre a información dispoñible nos distintos visores, o PBA debe de dar un paso máis cara a interoperabilidade entre plataformas ou bases de datos.

4. Por outra banda, en relación cos documentos do PBA, tras a experiencia acumulada nas súas últimas actualizacións, e logo de analizar a práctica habitual do usuario no seu modo de acceder a estes documentos, debe abordarse unha simplificación da súa infraestrutura tecnolóxica actual para aproveitar a potencialidade do seu visor SIX como canle de comunicación e interacción único.

5. De acordo con todo o indicado, e de conformidade co disposto no artigo 90.4 do RLSG, o PBA debe actualizarse en función dos cambios derivados das modificacións das afeccións sectoriais e da aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio, por canto constitúe unha peza viva, radiográfica do acontecer normativo que afecta o territorio da Comunidade Autónoma.

6. Ademais, tamén debe abordar unha actualización da súa infraestrutura dixital de datos espaciais que permita simplificar o xeito en que se publican os documentos do PBA, así como mellorar o acceso e a lectura da súa información.

IV.2. Actualización da infraestrutura do visor do PBA.

Actualízase a infraestrutura do visor cartográfico do PBA segundo o indicado no anexo I desta resolución.

IV.3. Actualización da información xeográfica do PBA.

IV.3.1. Información recibida.

De conformidade co previsto nos artigos 90.4 do RLSG e 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo solicitou dos diferentes organismos a información da súa competencia que vincula o PBA e recibiu e respondeu todas as alegacións de advertencia emitidas por organismos e particulares sobre erros ou cambios que debían incorporarse ao documento.

Consta no expediente administrativo da terceira actualización do PBA (ACT2022_12) a seguinte información recibida:

Administración estatal:

• Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional.

• Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

• Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

• Administrador de Infraestruturas Ferroviarias.

• Confederación Hidrográfica do Douro.

• Dirección Xeral de Aviación Civil.

• Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar.

• Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.

• Portos do Estado.

Administración autonómica:

• Dirección Xeral de Desenvolvemento rural.

• Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo.

• Servizo de Infraestruturas Agrarias de Ourense.

• Portos de Galicia.

• Axencia Galega de Infraestruturas.

• Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

• Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

• Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

• Dirección Xeral de Defensa do Monte.

• Xerencia de Augas de Galicia.

Administracións locais:

• Deputación Provincial da Coruña.

• Deputación Provincial de Ourense.

• Deputación Provincial de Pontevedra.

Outros organismos ou sociedades:

• Cámara Oficial Mineira de Galicia.

• Xerencia de Retegal, S.A.

Alegacións de administracións ou particulares:

• Recibíronse cinco alegacións relativas aos elementos do listado de bens do Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia que consta no anexo IX do PBA que foron oportunamente trasladadas ao órgano sectorial competente na materia para a súa valoración e corrección se procedese (núm. de entradas: 2022/1122504, 2022/1526090, 2022/2733391, e correos do 14.6.22 e do 1.7.2022).

Pola súa parte, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, no ámbito das súas competencias en ordenación do territorio, achegou a información respecto dos instrumentos de ordenación do territorio aprobados desde a última actualización do documento.

IV.3.2. Información xeográfica modificada.

Como resultado da información recibida, actualízase a información xeográfica do PBA segundo a listaxe de cambios do anexo II desta resolución.

A información xeográfica actualizada do PBA está contida nun arquivo comprimido que se identifica coa seguinte pegada dixital (algoritmo SHA-256 e formato Hexadecimal en ASCII (base 16):

18C93785B3C6BBE395DEC762EC8150A6A1478C0F805B93648E8D24FEA47A2754

Non se inclúe neste arquivo comprimido a información xeográfica que conecta con plataformas ou bases de datos de organismos sectoriais que posúen unha infraestrutura de datos espaciais propia, segundo o indicado no anexo II desta resolución.

IV.3.3. Documentos modificados.

Como resultado da información recibida e dos cambios feitos na información xeográfica do PBA, así como de correccións formais alleas ao contido desta información, de entre os documentos do PBA, actualízanse os seguintes, todos eles accesibles desde o visor cartográfico do PBA:

1. Memoria xustificativa-anexos.

• Anexo I: marco legal.

• Anexo II: fontes de información.

• Anexo III: instrumentos de ordenación do territorio.

• Anexo IV: listaxe de espazos naturais.

• Anexo V: gráficos.

• Anexo VI: análise da poboación.

• Anexo VII: listaxe de asentamentos do PBA.

• Anexo VIII: listaxe de núcleos derivados dos instrumentos de planeamento vixentes (non recollidos no anexo VII).

• Anexo IX: listaxe de bens patrimoniais.

– I: listaxe de bens de interese cultural de Galicia.

– II: listaxe de bens do catálogo de patrimonio cultural de Galicia.

2. Planos de delimitación dos ámbitos de aplicación dos instrumentos de ordenación do territorio.

3. Planos de delimitación das afeccións sectoriais.

4. Planos de identificación dos asentamentos de poboación existentes.

5. Catálogo.

No caso dos planos deben entenderse actualizadas todas as series cartográficas do PBA, tanto as xeradas desde a ferramenta de impresión en PDF da planimetría do PBA (escala 1:10.000 e escala libre), como os planos temáticos a escala 1:250.000.

A identificación dos asentamentos de poboación existentes intégrase nos planos de delimitación dos ámbitos de aplicación dos instrumentos de ordenación do territorio e das afeccións sectoriais.

IV.4. Enderezos electrónicos de acceso á información.

Pódese acceder ao visor cartográfico, á información xeográfica vectorial e aos documentos que integran a actualización cartográfica do PBA desde os seguintes enderezos electrónicos:

http://mapas.xunta.gal/visores/pba/

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Territorio_e_urbanismo_Planeamento_urbanistico?content=SX_Ordenacion_Territorio_Urbanismo/Estado/seccion.html&std=plan_basico_autonomico.HTML

https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-planeamento-urbanistico-de-galicia

V. Resolución.

De conformidade co disposto no artigo 90.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia, e no artigo 13 do Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en relación co Decreto 110/2020, do 6 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, a competencia para a actualización do Plan básico autonómico correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e en consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a terceira actualización do Plan básico autonómico de Galicia segundo o indicado nos anexos I e II da presente resolución.

Segundo. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 9 do Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.

Terceiro. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e os artigos 212.1 e 213 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a actualización do Plan básico autonómico de Galicia no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2022

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO I

Actualízase a infraestrutura do visor do PBA do seguinte xeito:

1. Reformúlase a infraestrutura de datos espaciais do PBA, que pasa a ser un visor cartográfico único baseado nos sistemas de información xeográfica (SIX).

2. Realízanse os seguintes cambios no visor cartográfico do PBA:

– Impleméntase a opción de conectarse, de ser o caso, coas plataformas ou bases de datos de organismos sectoriais que posúen unha infraestrutura de datos espaciais propia, co obxecto de amosar en todo momento a súa información xeográfica actualizada.

Para coñecer o historial de cambios desta información debe acudirse á infraestrutura de datos espaciais do organismo sectorial.

– Mantense a visualización e descarga das capas de información xeográfica vectorial do PBA desde o selector de capas. Ademais, compleméntase co acceso directo aos seus metadatos e ás súas ligazóns de servizos web de tipo WMS.

– Evoluciónase a ferramenta de impresión a PDF da planimetría do PBA para poder imprimir de xeito individualizado as follas en tamaño A3, a escala 1:10.000, de entre as 4112 que abranguen a totalidade do territorio de Galicia, das distintas series de planos do PBA.

Ademais, a ferramenta tamén permite facer unha impresión das capas que se están a visualizar en cada momento, ben sexan a totalidade das que conforman o PBA ou as que se seleccionen libremente.

Neste eido, debe entenderse actualizado o punto 7 da memoria xustificativa do PBA, aprobada no ano 2018, que en orixe consideraba unha única serie planimétrica a escala 1:10.000 que incorporaba a totalidade da información, o que limitaba en gran medida a súa lectura.

– Créase unha nova icona para acceder á información do catálogo do PBA, descargando as fichas agrupadas por concello.

– Créase unha nova icona de documentación do PBA para incorporar tanto a documentación de tipo escrito como os planos a escala 1:250.000, de ser o caso.

ANEXO II

Actualízase a información xeográfica do PBA do seguinte xeito:

1. Modelo de asentamento.

Engádense 28 entidades derivadas dos instrumentos de planeamento urbanístico aprobados que entraron en vigor nos seguintes concellos:

• Portas: As Cruces; Tarrío; Xagobe; A Fonte.

• Ponteareas: A Bouza; Santa Lucía-Ganade; A Arroteira; As Cavadas; Pereiras; A Cavada; Porteliña (Pontexil, A); Sobreira; O Tarendo; Valiñas-Eiro; Baldefrías (Maínza); Campolimpo (Serra, A); Casal de Abaixo-O (A Portela); Costa da Barra (Costellas, As); Gateira (Castro); Ribalta (Portela, A); Ruanova (Chan de Gándara); Telleira (Chan de Gándara); As Covas; Eido do Monte (Rañadoiro, A).

• Ribas de Sil: A Veiga.

• Lourenzá: Bordón.

• Gondomar: A Carballa.

• Trabada: A Fórnea-O Rego.

2. Instrumentos de ordenación do territorio.

Engádense sete instrumentos de ordenación do territorio que acadaron a aprobación definitiva:

Un proxecto coordinado de actuación:

• OT-21-064. Primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 cara á neutralidade carbónica (aprobación definitiva do 30 de setembro de 2021, DOG núm. 205, do 25 de outubro). Trátase dun instrumento que carece de determinacións gráficas polo que se incorpora unicamente no listado do anexo III, pero non figura nas series planimétricas de impresión.

Seis proxectos sectoriais:

• OT-18-061. Parque eólico singular da Pobra do Caramiñal e liña eléctrica de evacuación dos parques eólicos de Barbanza (aprobación definitiva do 4 de novembro de 2021; DOG núm. 147, do 3 de agosto de 2022).

• OT-19-019. Ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño (aprobación definitiva do 29 de outubro de 2021; DOG núm. 224, do 22 de novembro de 2022).

• OT-20-084. Campus Tecnolóxico Cortizo (aprobación definitiva do 17 de febreiro de 2022; DOG núm. 59, do 25 de marzo).

• OT-21-155. Modificación puntual núm. 1 do proxecto sectorial para a implantación do Centro de Transportes e Terminal Intermodal de Ponte Caldelas (aprobación definitiva do 3 de marzo de 2022; DOG núm. 66, do 5 de abril).

• OT-22-029. Modificación puntual núm. 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee (aprobación definitiva do 14 de xullo de 2022; DOG núm. 156, do 18 de agosto).

• OT-21-093. Modificación puntual núm. 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Carballo (aprobación definitiva do 9 de xuño de 2022; DOG núm. 173, do 12 de setembro 2022).

Actualízase a información dos plans sectoriais da rede viaria segundo a información facilitada pola Axencia Galega de Infraestruturas o 30 de xuño de 2022.

3. Patrimonio natural (datos do visor de Patrimonio Natural).

As capas relativas aos espazos naturais e á biodiversidade do visor cartográfico do PBA vincúlanse coa base de datos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural co obxecto de asegurar a coherencia coa información publicada no visor de Conservación da Natureza (https://mapas.xunta.es/visores/conservaciondanatureza/).

En consecuencia, o contido do anexo IV debe entenderse unicamente actualizado con data do 15 de decembro de 2022 e, en todo caso, sometido á variación da información actualizada en tempo real publicada no visor do antedito organismo sectorial.

4. Costas.

Actualízase a información de costas (o dominio público marítimo terrestre, a liña de ribeira, a servidume de protección e a zona de influencia) acorde á información descargada o 19 de xullo de 2022 da ligazón dixital facilitada polo dito organismo:

https://www.miteco.gob.es/es/cartografia-y-sig/ide/descargas/costas-medio-marino/default.aspx

5. Augas.

Actualízase a información das capas relativas á rede hidrográfica, á zona de policía e ás súas zonas inundables acorde á información achegada ou publicada polas confederacións hidrográficas que afectan á Comunidade autónoma de Galicia:

Augas de Galicia: achega do 30.5.2022; http://mapas.xunta.gal/visores/dhgc/

Miño Sil: achega do 10.5.2022; https://www.chminosil.es/es/ide-mino-sil

Douro: achega do 27.5.2022; https://mirame.chduero.es/DMADuero_09/index.faces

Cantábrico Occidental: achega do 27.4.2022; https://www.chcantabrico.es/servicios/informacion-cartografica-documentacion/informacion-cartografica/infraestructura-de-datos-espaciales-ide-

Visor de cartografía de zonas inundables: https://sig.mapama.gob.es/snczi/

6. Paisaxe (datos do visor de paisaxe).

A capa das áreas de especial interese paisaxística vincúlase directamente coa base de datos do visor de Paisaxe (https://mapas.xunta.es/visores/paisaxe/) para asegurar a coherencia e actualización na información publicada.

7. Transportes.

Actualízase a información da rede de estradas na Comunidade Autónoma, de acordo coa base cartográfica oficial e coa información facilitada polos distintos organismos: Demarcación de Estradas do Estado en Galicia (7.7.2022), AXI (30.6.2022), deputacións provinciais da Coruña (30.9.2022), Ourense (22.4.2022) e Pontevedra (9.5.2022).

Actualízase a información do sector ferroviario coa información dixital descargada da ligazón facilitada pola Administración competente, Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), o 26 de xullo de 2022 (http://ideadif.adif.es/gservices/Tramificacion/wms?).

8. Enerxía.

Actualízase a información da posición dos aeroxeneradores en funcionamento e a súa correspondente afección consonte a información do Rexistro Eólico de Galicia achegada a través do Instituto do Estudos do Territorio o 3 de outubro de 2022.

9. Portos.

Actualízanse as capas de información das zonas de servizo e das sinalizacións dos Portos de Galicia acorde á información facilitada o 28.4.2022 polo dito organismo.

Actualízanse as capas de información relativas aos Portos do Estado (das zonas de servizo, das sinalizacións e dos centros de coordinación de salvamento marítimo) acorde á información facilitada o 11.7.2022 polo dito organismo e a descargada o 30.8.2022 destas URL:

https://portalaton.puertos.es/portalAton/app/seguridad/login.jsp;

http://www.salvamentomaritimo.es/conocenos/nuestra-empresa/contacto-ccs-y-bec

10. Agropecuaria.

Actualízase a información das concentracións parcelarias firmes e non firmes segundo a información facilitada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural o 27.5.2022, polo Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo o 18.5.2022 e o 1.7.2022, e polo Servizo de Infraestruturas Agrarias de Ourense o 4.10.2022.

11. Patrimonio cultural.

O Catálogo do PBA actualízase acorde á información achegada polo órgano competente o 18 de outubro de 2022, corrixida e tratada segundo as indicacións dadas polo persoal da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Porén, de acordo coas indicacións do organismo sectorial, restan por incorporar os bens incluídos nos catálogos dos plans xerais de ordenación municipal dos seguintes concellos: A Fonsagrada, Fisterra, Ribadavia, Ares, Guitiriz, Castro de Rei, Baños de Molgas (parcialmente), Ponteareas, Folgoso do Courel, Castrelo do Miño e Boborás, así como os incluídos no catálogo do Plan básico municipal de Ribeira de Piquín.

En todo caso, os bens que se recollen neses documentos de planeamento teñen para todos os efectos a consideración de bens catalogados desde a data de aprobación definitiva do documento.

Por outra banda, engádese o seguinte plan especial de protección en materia do patrimonio cultural vixente:

Instrumento

Concello

Provincia

Data de aprobación

Plan especial de protección do xacemento de Atalaia, no concello de Cervo

Cervo

Lugo

17.2.2022

12. Minaría.

Actualízase a información das concesións mineiras segundo a información facilitada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia o 12 de maio de 2022.

13. Riscos.

Actualízase a información dos lumes segundo a información facilitada pola Dirección Xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural o 12 de maio de 2022 relativa aos incendios do ano 2021.

Actualízase a información relativa aos establecementos afectados polo Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accedentes graves, nos cales interveñan substancias perigosas (Sevesos) segundo a información e indicacións facilitadas pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior o 1 de xuño de 2022.

14. Límites administrativos.

As capas relativas aos límites administrativos da Comunidade Autónoma, das provincias, das comarcas, dos concellos e das parroquias vincúlanse coa base de datos do visualizador de mapas (https://mapas.xunta.es/visores/basico/) que contén as delimitacións oficiais, para garantir a coherencia na información publicada.

A capa relativa aos límites das confederacións hidrográficas actualízase conforme a información obtida do Visor de cartografía de zonas inundables: https://sig.mapama.gob.es/snczi/