Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65333

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se anuncia a convocatoria da Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A).

Mediante o Decreto 80/2022, do 25 de maio, aprobouse a oferta de emprego público correspondente a prazas de estabilización previstas na Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia.

En aplicación do citado decreto, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades acorda anunciar:

1. A publicación no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, http://edu.xunta.gal/oposicions, da Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño (código de procedemento ED001A).

2. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 10 de xaneiro de 2023 ata o 30 de xaneiro de 2023, ambos incluídos.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

As solicitudes tamén se poderán cubrir na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos https://www.edu.xunta.gal/oposicions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2022

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos