Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65328

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022 pola que se aproban os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou para o ingreso nas categorías do grupo V de persoal laboral fixo do V Convenio colectivo da Xunta de Galicia, correspondentes aos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución na temporalidade no emprego público.

De conformidade coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro), a Consellería de Facenda e Administración Pública publicou o Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da antedita Lei 20/2021 (DOG núm. 102, do 30 de maio).

De acordo co establecido no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sinálase como un dos principios reitores para o acceso ao emprego público a adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se van desenvolver.

Co fin de dar a coñecer coa suficiente antelación os programas que rexerán os devanditos procesos selectivos que se convoquen, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, no exercicio das facultades outorgadas polo artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, oída a Comisión de Persoal, esta consellería

DISPÓN:

Aprobar e publicar o temario que rexerá nos procesos selectivos que se convoquen para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou para o ingreso nas categorías do grupo V de persoal laboral fixo do V Convenio colectivo da Xunta de Galicia.

O contido dos temarios é o que figura como anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Parte xeral común a todas as escalas da agrupación profesional
de persoal funcionario e categorías do grupo V de persoal laboral

1. A Constitución española de 1978: títulos preliminar, I, II, e capítulo I do título III.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.

3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III.

4. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV, V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.

6. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II.

7. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.

Parte específica da escala de persoal subalterno

1. A atención ao cidadán. Recepción e telefonía. Vixilancia e control das persoas que accedan ás dependencias administrativas. Reunións e actuacións de comunicación: preparación de locais e materiais.

2. Traballos con materiais e maquinaria de oficina. Reprografía. Destrución de documentación. Ensobrado. Etiquetaxe. Guillotinaxe. Encadernación. Grampadura. Tradeadura. Tipos de papel.

3. A documentación administrativa. Descrición dos principais documentos: instancia, certificado, anuncio, informe, resolución, comunicación e notificación.

4. A notificación de documentos administrativos. Práctica da notificación. Correspondencia: tipos de envíos. Franqueo. Certificados. Xustificantes de recepción. Telegramas. Reembolsos. Xiros.

Parte específica da escala de persoal de limpeza e recursos
naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña

1. Proceso que se seguirá na lavandaría dun centro residencial desde a recepción da roupa sucia ata a súa entrega totalmente limpa e pasada a ferro. A costura da roupa.

2. Factores que hai que ter en conta na limpeza de cuartos e zonas comúns nun centro residencial. Tipo de utensilios e produtos necesarios para a súa realización.

3. Elaboración e condimentación de menús sinxelos e funcións de auxilio ao xefe e aos oficiais de cociña na elaboración dos máis complexos. Factores que hai que ter en conta para colocar e servir as mesas dos comensais.

4. Procesos de limpeza para o mantemento en perfectas condicións dos utensilios e accesorios propios do departamento de cociña, tales como placas, fornos, marmitas, tixolas etc.

5. Funcións do persoal de limpeza. Organización do traballo. Medidas sanitarias de orde xeral: seguridade e hixiene no traballo.

6. A limpeza de cuartos e zonas comúns. Ventilación. Materiais que se empregarán e produtos de limpeza. Cuartos de baño: elementos e limpeza.

7. Limpeza de maquinaria, instalacións, utensilios e accesorios propios de cociña. Limpeza de armarios, paredes, fiestras e pisos. Limpeza de talleres e laboratorios.

8. A lavandaría. Fases e normas xerais de lavado. O lavado dos tecidos de cor. O branqueo da roupa. O ferro de pasar: clasificación da roupa. Pasada de ferro á máquina.

Parte específica da escala de persoal de limpeza e recursos naturais
e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais

1. Ferramentas e maquinaria máis utilizada en plantacións forestais e granxas cinexéticas, piscícolas e centros de recuperación de fauna.

2. Plantas máis utilizadas nas poboacións forestais en Galicia. Formas e marco de plantación.

3. Labores que se realizan nas piscifactorías e granxas cinexéticas, instalacións de patrimonio natural e centros de recuperación de fauna. Principais alimentos nelas. Labores que se realizan nos viveiros forestais.

4. Orde e limpeza nos locais de traballo.

5. Limpeza e desinfección de maquinarias, utensilios e instalacións.

6. Normas de seguranza no traballo. Equipamento de protección persoal.

Parte específica do grupo V, categoría 10C, emisorista
de defensa contra incendios forestais

1. A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio e as comunicacións terrestres e aéreas. Os canais símplex. Os canais dúplex e semidúplex. A rede dixital Tetra. Transmisión de alarmas. Transmisión de instrucións ponte de comunicacións. Partes periódicos. A comunicación cos medios aéreos.

2. Os centros de coordinación. Organización e toma de datos. Funcionamento do 085.

3. Conceptos básicos de topografía. Orientación sobre o terreo. Os ventos dominantes. Tipos de fumes, cor, intensidade e vento.

4. Lume forestal, características e o seu comportamento. O seguimento dos lumes no seu campo de visión.

5. A seguridade do persoal en tarefas de vixilancia. Riscos, medidas preventivas e normas de seguridade. Prevención de accidentes.

Parte específica do grupo V, categoría 10B, vixilante
de defensa contra incendios forestais

1. A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio e as comunicacións terrestres e aéreas. Os canais símplex. Os canais dúplex e semidúplex. A rede dixital Tetra. Transmisión de alarmas. Transmisión de instrucións ponte de comunicacións. Partes periódicos. A comunicación cos medios aéreos.

2. Os centros de coordinación. Organización e toma de datos. Funcionamento do 085.

3. Conceptos básicos de topografía. Orientación sobre o terreo. Os ventos dominantes. Tipos de fumes, cor, intensidade e vento.

4. Lume forestal, características e o seu comportamento. O seguimento dos lumes no seu campo de visión.

5. A seguridade do persoal en tarefas de vixilancia. Riscos, medidas preventivas e normas de seguridade. Prevención de accidentes.

Parte específica do grupo V, categoría 14, bombeiro/a forestal

1. A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio. O manexo dos equipamentos de comunicación. A recolla inicial de datos. A recolla de datos ao remate do lume. A transmisión de datos dun lume.

2. O lume forestal, características e o seu comportamento. Accións básicas de extinción. Ataque directo e indirecto. O remate dos lumes.

3. A prevención de incendios. Accións de prevención. Ferramentas de ataque e prevención. A maquinaria lixeira. O equipamento na loita contra incendios.

4. A condución dun vehículo todoterreo. A estiba das ferramentas. A condución cara ao lume, aproximación e estacionamento do vehículo.

5. A seguridade do persoal en labores de prevención e extinción. Riscos, medidas preventivas e normas de seguridade. Prevención de accidentes.

Parte específica do grupo V, categoría 14A, bombeiro/a forestal condutor/a

1. A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio. O manexo dos equipamentos de comunicación. A recolla inicial de datos. A recolla de datos ao remate do lume. A transmisión de datos dun lume.

2. O lume forestal, características e o seu comportamento. Accións básicas de extinción. Ataque directo e indirecto. O remate dos lumes.

3. A prevención de incendios. Accións de prevención. Ferramentas de ataque e prevención. A maquinaria lixeira. O equipamento na loita contra incendios.

4. A condución dun vehículo todo terreo. A estiba das ferramentas. A condución cara ao lume, aproximación e estacionamento do vehículo.

5. A seguridade do persoal en labores de prevención e extinción. Riscos, medidas preventivas e normas de seguridade. Prevención de accidentes.