Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65313

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022 pola que se aproban os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral, subgrupo C2, e para o ingreso nas categorías do grupo IV de persoal laboral do V Convenio colectivo da Xunta de Galicia, correspondentes aos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución na temporalidade no emprego público.

De conformidade coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro), a Consellería de Facenda e Administración Pública publicou o Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da antedita Lei 20/2021 (DOG núm. 102, do 30 de maio de 2022).

De acordo co establecido no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sinálase como un dos principios reitores para o acceso ao emprego público a adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se van desenvolver.

Co fin de dar a coñecer coa suficiente antelación os programas que rexerán os devanditos procesos selectivos que se convoquen, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, no exercicio das facultades outorgadas polo artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, oída a Comisión de Persoal, esta consellería

DISPÓN:

Aprobar e publicar o temario que rexerá nos procesos selectivos que se convoquen para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral, subgrupo C2, e para o ingreso nas categorías do grupo IV de persoal laboral.

O contido dos temarios é o que figura como anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Parte xeral do corpo auxiliar da Administración xeral, subgrupo C2

1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I (excepto capítulo 3º), título II, título III (excepto capítulos 2º e 3º), título IV, título V e título VIII.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: título preliminar, título I, título II, título III e título V.

3. A Unión Europea, o dereito derivado: regulamentos, directivas, decisións, recomendacións e ditames.

4. As institucións da Unión Europea: o Parlamento, o Consello Europeo, o Consello e a Comisión.

5. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulo III.

6. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I, II e capítulo I do título III.

7. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.

8. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar: capítulo II (agás subsección 2ª, sección 3ª), capítulo III, capítulo IV e capítulo V.

9. Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título preliminar e capítulos I e III do título III.

10. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV, V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

11. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I ao IX.

12. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II.

13. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.

Parte específica do corpo auxiliar da Administración xeral, subgrupo C2

1. A xestión de documentos na Administración da Xunta de Galicia. Clasificación de documentos. Ideas xerais sobre o sistema de clasificación. Arquivo de documentos: natureza e clases de arquivos. Dereito de acceso a arquivos e rexistros. O arquivo e rexistro electrónico.

2. Informática básica: conceptos básicos. Compoñentes dun ordenador e os seus periféricos. Redes informáticas. Soportes informáticos.

3. Sistemas operativos. Elementos comúns. Administrador de arquivos.

4. Sistemas ofimáticos. Procesadores de texto (Writer). Follas de cálculo (Calc). Presentacións (Impress). Axenda e correo electrónico. Intranet: concepto e utilidade.

Parte xeral común para os restantes corpos, escalas e especialidades
do subgrupo C2 e categorías do grupo IV

1. A Constitución española de 1978: títulos preliminar, I, II e VIII.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.

3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.

4. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV e V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.

6. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II.

7. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.

8. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II e III.

Parte específica da escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, subgrupo C2

1. Normativa sobre bibliotecas, libro e patrimonio bibliográfico. Organización bibliotecaria galega e española. O Mapa de bibliotecas públicas de Galicia. A Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

2. Concepto de biblioteca. Tipos de bibliotecas e as súas funcións: especial referencia a Galicia. Bibliotecas dixitais. A función social das bibliotecas.

3. O proceso técnico nas bibliotecas. Os catálogos e os instrumentos de descrición. A clasificación decimal universal e os encabezamentos de materia. Ordenación e conservación de fondos.

4. Servizos presenciais e virtuais nas bibliotecas. A información e atención ao público. A referencia. O préstamo. A plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe. Dinamización lectora.

5. As bibliotecas públicas: colección e espazos. As seccións especiais: hemeroteca, comicteca, materiais audiovisuais e dixitais, fondo local. A área infantil e xuvenil nas bibliotecas públicas: recursos, espazos, servizos e actividades. A atención á diversidade.

6. Concepto de arquivo: definición. Función. Tipos de arquivo. O arquivo electrónico. Concepto e características. O sistema de arquivos de Galicia.

7. Formas ordinarias e extraordinarias de ingreso e saída de documentos. As transferencias. O préstamo de documentos.

8. O edificio de arquivo. Áreas e circuítos. Instalacións, equipamento e mobiliario. Causas e factores de degradación dos documentos. Medidas de conservación preventiva. A instalación dos documentos.

9. Os arquivos como sistemas de información. A descrición arquivística. Os portais de difusión. A acción e dinamización cultural nos arquivos. O acceso aos documentos e aos arquivos. Dereito á intimidade e dereito á protección dos datos persoais. Aspectos legais.

10. Normativa de ámbito autonómico sobre arquivos e patrimonio documental.

Parte específica da escala auxiliar de cociña, subgrupo C2

1. As cociñas, utensilios. Tratamento e manipulación dos produtos alimenticios. Normas e criterios para a elaboración das comidas.

2. Despensas e frigoríficos, circulación dos produtos. Os produtos conxelados.

3. Condimentos, clases. Salsas e fondos de cociña; clases; elaboración.

4. Consomés, sopas e cremas; clases. Elaboración.

5. Hortalizas, clases. Limpeza, preparación e elaboración. Ensaladas, elaboración.

6. Legumes secos; clases; conservación. Preelaboración e cocción. Potaxes, clases.

7. A pasta italiana, cocción e preparación. O arroz, elaboración. Os ovos, elaboracións básicas.

8. Os peixes; clases, limpeza e preparación. Elaboración; conservación.

9. As carnes; clases; as distintas pezas e a súa utilización. Preparación. Elaboracións.

10. Sobremesas; froitas, queixos e iogures, xeados, sobremesas de cociña. Presentación, preparación. As bebidas: augas, viños e licores.

Parte específica da escala auxiliar de laboratorio, subgrupo C2

1. Reactivos químicos: tipificación e pureza dos reactivos utilizados no laboratorio. Clasificación dos produtos químicos en función das súas características de risco. Etiquetaxe: pictogramas de perigo, frases H e EUH de identificación de perigo, frases P: consellos de prudencia (prevención, resposta e eliminación). Palabras de advertencia. Fichas de seguridade. Importancia destes datos na manipulación e almacenamento correctos de reactivos.

2. Prevención e medidas de seguridade nos laboratorios. Riscos laborais nos laboratorios químicos e microbiolóxicos. Medidas que se tomarán en caso dos accidentes máis habituais. Primeiros auxilios. Xestión de residuos no laboratorio: clasificación, recolla e eliminación.

3. Sistema de calidade no laboratorio de ensaio: norma UNE-EN ISO/IEC 17025. Requisitos técnicos e de xestión. Rexistros e rastrexabilidade documental. Patróns e materiais de referencia. Rastrexabilidade metrolóxica. Xestión de equipamentos e reactivos. Cualificación do persoal. Control de calidade analítica. Exercicios de intercomparación.

4. Coidado do material de uso xeral nos laboratorios. Conceptos xerais de calibración e verificación de equipamentos. Rastrexabilidade. Material para análise volumétrica: descrición, limpeza e aplicación. Material para análise gravimétrica: descrición, limpeza e aplicación. Material para análises microbiolóxicas: descrición, limpeza e aplicación.

5. Preparación de disolucións. Disolucións patrón e substancias de tipo primario. Disolucións valoradas. Conservación das disolucións. Expresión da concentración dunha disolución. Rastrexabilidade.

6. Concepto de pH. Disolucións neutras, acedas e alcalinas. Disolucións tampón. Medidas do pH. Coidado e manexo de eléctrodos. Análises volumétricas, gravimetría, potenciometrías e condutimetrías.

7. Fundamentos básicos de técnicas analíticas: microbiolóxicas, fisicoquímicas, espectrometría infravermella, visible e ultravioleta; por inxección de fluxo, cromatografía líquida e de gases, ICP, espectrometría de masas, ELISA e PCR en tempo real.

8. Preparación e conservación de mostras para análise agraria ou agroalimentaria: requirimentos segundo o tipo de mostra e o tipo de análise. Mostras de alimentos, mostras de pensos e as súas materias primas, mostras de forraxes, mostras de ensilaxes, mostras de fertilizantes orgánicos e inorgánicos, mostras de solos, mostras de material vexetal para análise foliar, mostras para análises de residuos de pesticidas.

9. Preparación e conservación de mostras para análises no eido da saúde pública: requirimentos de almacenamento, conservación e preparación segundo o tipo de mostra e o tipo de análise (microbiolóxica ou química). Mostras de augas de consumo humano, augas de baño, augas de piscina, augas mineromedicinais, augas de instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, alimentos de orixe animal e vexetal.

10. Preparación, obtención (necropsias) e conservación de mostras para a súa análise desde o punto de vista da sanidade animal: requirimentos segundo o tipo de mostra e o tipo de análise. Mostras obtidas de animais vivos ou mortos (incluídos os fetos) e os seus produtos, e de alimentos e augas destinados a uso animal: urina, leite, pel, pelos, plumas, sangue, feces, vísceras, secrecións, exsudados, soro sanguíneo, contido gástrico, cebos sospeitosos, auga, pensos, materias primas para alimentos, etc. Mostras para análises moleculares bacteriolóxicas, virolóxicas, parasitolóxicas, serolóxicas, anatomopatolóxicas, toxicolóxicas e químicas.

11. Preparación e conservación de mostras para a súa análise desde o punto de vista ambiental. Mostras de auga. Toma de mostras de líquidos en movemento. Toma de mostras de líquidos en repouso. Toma de mostras de sedimentos. Toma de mostras de material particulado do aire ambiente. Manipulación, etiquetaxe e almacenamento. Fixación, lavado e descarte en mostras biolóxicas de bentos (macroinvertebrados) fluvial e mariño. Preparación e fixación de mostras de fitobentos e fitoplancto. Medidas de seguridade, recuperación e tratamento de conservantes.

Parte específica da escala auxiliar de mantemento, subgrupo C2

1. Estrutura de vivenda, cimentos e sotos. Pisos: muros exteriores, muro de cachotería, muros de pedra interiores. Pavimentos: revestimento do chan. Teitos: armazón e cuberta.

2. Distribución de auga no interior dunha vivenda: redutor de presión, elevadores de auga, canalizacións interiores. Materiais que se empregan para canos. Precaucións que se deben tomar. Determinación do diámetro dos canos.

3. Canalización de desaugamento: sifóns para vertedoiros, lavabos, bañeiras. Condicións para o seu funcionamento. Aparellos sanitarios. Vertedoiros de gres, esmaltados de plástico, de aceiro inoxidable.

4. Electricidade básica: constitución da materia. Corrente eléctrica, tensión e intensidade. Condutividade e resistencia. Lei de Ohm. Lei de Joule.

5. Electricidade aplicada: aparellos de medición. Equipamentos de medición e rexistro. Máquinas eléctricas rotativas. Máquinas eléctricas estáticas.

6. Aparellos e compoñentes eléctricos: resistencias, díodos, condensadores, transistores, interruptores, tipos, contactores e relés térmicos. Interruptores horarios e reloxos de conexión, lámpadas e aparellos de iluminación. Planos e esquemas eléctricos; interpretación.

7. Mecánica básica: aparellos de medición e verificación. Elaboración de debuxos a man alzada acoutados. Coñecemento de materiais, aplicacións. Máquinas ferramentas. Mecánica aplicada: soldadura, tipos e aplicacións. Oxicorte. Válvulas, tipos e aplicacións. Bombas, tipos e aplicacións.

8. A seguridade e hixiene no traballo nos seguintes campos: electricidade, instalacións eléctricas de alta tensión, mecánica, xeradores de frío e de calor e incendios. Aparellos e instalacións: riscos e normas de seguridade.

Parte específica da escala auxiliar de recursos naturais e forestais,
subgrupo C2, especialidade oficial

1. Máquinas utilizadas nas explotacións agrícolas, gandeiras e forestais.

2. Principais labores que se realizarán nas explotacións forestais: plantacións, limpezas, podas e tratamentos.

3. Cultivos de plantas forestais: semente, sementeira, viveiros e transplantes.

4. Influencia dos labores agrícolas e forestais no ambiente: maquinaria, aceites, fertilizantes e tratamentos fitosanitarios.

5. Piscifactorías e granxas cinexéticas. Plans de aproveitamento piscícolas e cinexéticos.

6. As especies silvestres de Galicia. A recuperación da fauna silvestre. Os centros de recuperación de fauna de Galicia. Manexo e transporte de animais feridos.

7. Almacéns e establecementos e a súa ordenación. Conservación de produtos almacenados. Carga e descarga. Control de entradas e saídas. Os residuos xerados nos establecementos: tipos e características. A súa xestión segundo os diversos plans establecidos na Comunidade Autónoma.

8. Riscos laborais e medidas preventivas nas operacións máis habituais na actividade do ambiente. Manual de traballos de campo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

9. Primeiros auxilios no medio natural. Soporte vital básico.

Parte específica da escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro forestal, subgrupo C2

1. A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio. O manexo dos equipamentos de comunicación. A recolla inicial de datos. A recolla de datos ao remate do lume. A transmisión de datos dun lume.

2. O lume forestal, características e o seu comportamento. Accións básicas de extinción. Ataque directo e indirecto. O remate dos lumes.

3. A prevención de incendios. Accións de prevención. Ferramentas de ataque e prevención. A maquinaria lixeira. O equipamento na loita contra incendios.

4. A condución dun vehículo todo terreo. A estiba das ferramentas. A condución cara ao lume, aproximación e estacionamento do vehículo.

5. A seguridade do persoal en labores de prevención e extinción. Riscos, medidas preventivas e normas de seguridade. Prevención de accidentes.

Parte específica da escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal condutor motobomba, subgrupo C2

1. A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio. O manexo dos equipamentos de comunicación. A recolla inicial de datos. A transmisión de datos dun lume. A recolla de datos ao remate do lume.

2. Os vehículos autobomba todoterreo: especificacións comúns dos vehículos e periodicidade no seu mantemento. As bombas de impulsión: mantemento, funcionamento. Condución en terreo aberto. A aproximación ao lume. Elección do punto de estacionamento e primeiro ataque.

3. Lume forestal, características e o seu comportamento. Accións básicas de extinción. O ataque directo e indirecto. Os tendidos de mangueira e a súa organización. Coordinación do binomio cuadrilla-vehículo autobomba. A dirección de extinción. O remate dos lumes.

4. A toma de auga. O emprego de aditivos: tipos e utilización.

5. A seguridade persoal en labores de prevención e extinción. Riscos, medidas preventivas e normas de seguridade. Prevención de accidentes.

Parte específica da escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de emisorista/vixilante fixo, subgrupo C2

1. A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio e as comunicacións terrestres e aéreas. Os canais símplex. Os canais dúplex e semidúplex. A rede dixital Tetra. Transmisión de alarmas. Transmisión de instrucións ponte de comunicacións. Partes periódicos. A comunicación cos medios aéreos.

2. Os centros de coordinación. Organización e toma de datos. Funcionamento do 085.

3. Conceptos básicos de topografía. Orientación sobre o terreo. Os ventos dominantes. Tipos de fumes, cor, intensidade e vento.

4. Lume forestal, características e o seu comportamento. O seguimento dos lumes no seu campo de visión.

5. A seguridade do persoal en tarefas de vixilancia. Riscos, medidas preventivas e normas de seguridade. Prevención de accidentes.

Parte específica da escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2

1. Fundamentos da enfermaría. Ética e moral profesional. A enfermaría dentro do sistema sociosanitario.

2. Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (título preliminar e título I), Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (título preliminar, título I e título II). Os servizos sociais da Comunidade Autónoma.

3. Plan de atención individual e plan de coidados: definicións. Características e uso da ferramenta CENPOS.

4. Coidados básicos de enfermaría. Pautas de hixiene ordinaria nos distintos tipos de pacientes. Baño. Coidados xerais: úlceras, dentadura, uñas. Mantemento e coidados de próteses dentais, auditivas e oculares.

5. Control de esfínteres. Funcionamento intestinal. Diurese. Eliminacións do paciente: sondaxe, osteotomías e enemas. Tipoloxía e manexo de cueiros. Coidados e manexo de doentes con sondaxe vesical, sondaxe nasogástrica, PEG e ostomías.

6. Xeriatría. Particularidades e coidados no paciente xeriátrico. A persoa con coidados paliativos: habilidades no seu coidado e na relación co paciente e os seus familiares.

7. Recolla de mostras biolóxicas para análises (esputo, feces e urina). Transferencias na cama e formas de facer a cama. Axudas técnicas e clasificación de produtos de apoio. Tipoloxía e uso de guindastres, guindastres de bipedestación e outras axudas nas transferencias. Axudas á deambulación e o seu manexo.

8. O papel do auxiliar no coidado e manexo do enfermo con problemas de saúde mental. Demencias. Estados depresivos. Estados confusionais. O enfermo axitado. O enfermo delirante. O soño e os seus trastornos. Habilidades para o coidado das persoas con enfermidade mental, déficits sensoriais e afectación cognitiva.

9. Funcións e signos vitais. Primeiros auxilios. Trastornos que xeran invalidez motora, sensorial ou mixta de carácter transitorio ou definitivo.

10. Alimentación e hidratación do enfermo. Técnicas básicas na nutrición: clasificación, hixiene e manipulación. Papel do auxiliar de enfermaría no manexo da medicación e suplementos nutricionais.

Parte específica da escala de coidadores, subgrupo C2

1. O corpo humano: concepto. Características. Aparellos. Sentidos.

2. O persoal coidador dentro da escola ou centro. A súa participación no proceso educativo e socializador. Relacións cos familiares e co persoal especializado.

3. A intervención con familias de persoas con discapacidade. Características e recolla de información. Procesos de fomento da autonomía persoal das persoas con discapacidade dentro da familia.

4. Educación especial: clasificación das persoas que a requiren. Problemas psíquicos, problemas de afectividade.

5. Acompañamento de persoas con discapacidade. Concepto e tipos de discapacidade. Apoios, intervención e acompañamento a persoas con discapacidade.

6. Características básicas das persoas con discapacidade motora. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación e hixiene. Problemas posturais. Atención específica das persoas con espiña bífida.

7. Características básicas das persoas con discapacidade visual. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación e hixiene. A independencia de movementos e desprazamentos; a orientación na procura de estratexias que favorezan a súa maior autonomía.

8. Características básicas das persoas con discapacidade auditiva. Problemas na súa escolarización ou socialización. O seu contexto de relacións.

9. A inclusión de persoas con discapacidade en espazos de lecer e de tempo libre. Procesos, planificación e intervención. O papel do persoal coidador nas actividades de lecer e tempo libre; recreos, saídas, excursións, campamentos. O persoal coidador como dinamizador de xogos e actividades.

10. Creación de costumes para acadar os hábitos de alimentación, hixiene e control de esfínteres. Técnicas para o manexo de apoios instrumentais para a locomoción, alimentación e hixiene.

11. O persoal coidador no desenvolvemento de capacidades tecnolóxicas de persoas con discapacidade. Programas e procesos de adestramento en estratexias cognitivas básicas e alfabetización tecnolóxica: organización, realización e aplicación. Aplicación dos programas de adestramento. Aplicacións das novas tecnoloxías.

12. O persoal coidador como medio para a consecución da independencia na locomoción, alimentación e hixiene. Evolución social. A importancia do traballo en equipo.

13. Técnicas de prevención de accidentes e ergonomía na escola ou centro e nas actividades complementarias ao alumnado con necesidades especiais. Primeiros auxilios e atención de emerxencia ao alumnado con necesidades especiais.

Parte específica da escala de xerocultor, subgrupo C2

1. Normativa galega de servizos sociais. Lei de promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia.

2. O equipo de traballo interdisciplinar na atención integral ás persoas maiores.

3. Aspectos xerais da xerontoloxía. Organización da atención xerontolóxica. Niveis e recursos asintenciais.

4. Promoción e conservación da saúde na persoa maior. Síndromes xeriátricas.

5. Limpeza, desinfección e esterilización do material. Asepsia e antisepsia. As enfermidades infecciosas.

6. Os signos vitais: estado de consciencia, respiración, pulso, temperatura e tensión arterial.

7. Coidados básicos e hixiene persoal. O vestido e o calzado.

8. Alimentación e nutrición. Principios fundamentais. Características da alimentación na persoa maior. Administración de alimentos.

9. A mobilización da persoa maior dependente. Prevención da integridade cutánea.

10. Trastornos da eliminación urinaria. Control de diureses. Alteracións intestinais. Coidados ao maior incontinente.

11. Comunicación e atención ao paciente maior. Trastornos de conducta e de comportamento nas persoas maiores. Pautas de actuación.

12. Prevención de accidentes e primeiros auxilios.

13. Coidados paliativos básicos. Coidados post mortem.

Parte específica da escala de persoal de servizos xerais (PSX),
subgrupo C2

1. Aparellos e instrumentos de limpeza.

2. Produtos e técnicas de limpeza.

3. A área de cociña e a súa limpeza.

4. Normativas sanitarias de aplicación nas cociñas colectivas.

5. O servizo de comedor.

6. O coidado da roupa: o lavado da roupa. A pasada de ferro da roupa.

7. A alimentación, a nutrición e a dietética: a alimentación equilibrada. Planificación de menús.

8. Saúde infantil: hixiene. Accidentes na infancia: a súa prevención.

Parte específica da categoría 21 do grupo IV de persoal laboral

1. Descrición, características e aplicacións das ferramentas de man (serra, serrón, formóns, escoupros, gubias, garlopas, cepillos e demais ferramentas e utensilios), colas, parafusos, tirafondos.

2. Técnicas operativas coas diferentes ferramentas: normas de seguridade. Primeiras materias, a súa tecnoloxía e aplicacións.

3. Limas, limas grosas, lixa, abrasivos.

4. Instrumentos de medida e trazado. Técnicas de medir. Medidas de magnitudes nonio.

5. Tecnoloxía dos empalmes e ensambles. A normalización. Normalización na madeira, as ferramentas e demais elementos empregados na carpintaría e ebanistaría.

6. Máquinas empregadas en ebanistaría e carpintaría. Descrición, aplicacións. Pedra de auga: descrición, tecnoloxía do seu movemento e aplicacións.

7. Mobiliario, mobles, estilos (información-orientación).

8. Técnicas de carpintaría. Normalización de portas e fiestras, outras normas. O plano inclinado, a cuña, a panca, a roda.

9. Esforzos que soportan as pesas de madeira: tracción. Flexión. Compresión.

10. Madeiras. As súas clases, características. Tratamentos.

Parte específica do grupo IV, categoría 33, bombeiro/a forestal
condutor/a motobomba

1. A defensa contra incendios forestais en Galicia. Os distritos forestais. A rede de radio. O manexo dos equipamentos de comunicación. A recolla inicial de datos. A transmisión de datos dun lume. A recolla de datos ao remate do lume.

2. Os vehículos autobomba todoterreo: especificacións comúns dos vehículos e periodicidade no seu mantemento. As bombas de impulsión: mantemento, funcionamento. Condución en terreo aberto. A aproximación ao lume. Elección do punto de estacionamento e primeiro ataque.

3. Lume forestal, características e o seu comportamento. Accións básicas de extinción. O ataque directo e indirecto. Os tendidos de mangueira e a súa organización. Coordinación do binomio cuadrilla-vehículo autobomba. A dirección de extinción. O remate dos lumes.

4. A toma de auga. O emprego de aditivos: tipos e utilización.

5. A seguridade persoal en labores de prevención e extinción. Riscos, medidas preventivas e normas de seguridade. Prevención de accidentes.