Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65295

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022 pola que se aproban os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral, subgrupo C1, ou para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo, grupo B, e para o ingreso nas categorías do grupo III de persoal laboral fixo do V Convenio colectivo da Xunta de Galicia, correspondentes aos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución na temporalidade no emprego público.

De conformidade coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro), a Consellería de Facenda e Administración Pública publicou o Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da antedita Lei 20/2021 (DOG núm. 102, do 30 de maio de 2022).

De acordo co establecido no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sinálase como un dos principios reitores para o acceso ao emprego público a adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se van desenvolver.

Co fin de dar a coñecer coa suficiente antelación os programas que rexerán os devanditos procesos selectivos que se convoquen, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, no exercicio das facultades outorgadas polo artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, oída a Comisión de Persoal, esta consellería

DISPÓN:

Aprobar e publicar o temario que rexerá nos procesos selectivos que se convoquen para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral, subgrupo C1, ou para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo, grupo B, ou para o ingreso nas categorías do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia.

O contido dos temarios é o que figura como anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Parte xeral do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1

– Bloque I.

1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I (excepto capítulo 3º), título II, título III (excepto capítulos 2º e 3º), título IV, título V, título VIII.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: título preliminar, título I, título II, título III e título V.

3. A Unión Europea, o dereito derivado: regulamentos, directivas, decisións, recomendacións e ditames.

4. Fontes do dereito europeo: actos xurídicos da Unión, procedementos de adopción e outras disposicións segundo o Tratado de funcionamento da Unión Europea. A integración do dereito europeo en España.

5. As institucións da Unión Europea: o Parlamento, o Consello Europeo, o Consello e a Comisión. Outras institucións.

6. As competencias da Unión Europea. O marco de atribucións concedidas polos tratados. O desenvolvemento das competencias da Unión.

7. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulo III.

– Bloque II.

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar: capítulo I, capítulo II (agás subsección 2ª, sección 3ª), capítulo III, capítulo IV e capítulo V.

3. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I, II e capítulo I do título III.

4. Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014: título preliminar, libro primeiro: agás o capítulo V do título I, libro segundo: capítulo I do título I (agás subseccións 5, 6 e 7 da sección 2).

5. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: títulos preliminar e I.

6. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I ao IX.

7. Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título preliminar e capítulos I e III do título III.

8. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, título I: capítulo V, sección 1ª, e título II.

9. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV, V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.

10. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II, e título II.

11. Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores: do título I o capítulo I-sección 4ª, o capítulo II-seccións 1ª e 2ª, e o capítulo III-sección 1ª.

12. Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da seguridade social: do título I, o capítulo II-sección 1ª, o capítulo III-sección 1ª, e o capítulo IV-sección 1ª. E do título II, o capítulo XI (excepto os artigos 196 a 199), e a sección 1ª do capítulo I do título VI.

Parte xeral común para os restantes corpos, escalas e especialidades
do subgrupo B/C1 e das categorías do grupo III de persoal laboral

1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I, artigo 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V, e título VIII.

2. O Estatuto de autonomía de Galicia: título I, título II e título III da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia.

3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV, capítulo I e capítulo IV, e o título V.

4. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI, capítulos III e IV, e título VIII.

5. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.

6. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar e título I.

7. Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: título I.

Parte específica da escala técnica de análises de laboratorio, subgrupo C1

1. Normas de traballo no laboratorio. Equipamentos básicos e instalacións. Limpeza e conservación do material. Prevención e medidas de seguridade no laboratorio. Riscos laborais nos laboratorios químicos e microbiolóxicos. Primeiros auxilios. Xestión de residuos no laboratorio: clasificación, recolla e eliminación.

2. Reactivos químicos: tipificación e pureza dos reactivos utilizados no laboratorio. Clasificación dos produtos químicos en función das súas características de risco. Etiquetaxe: pictogramas de perigo, frases H e EUH de identificación de perigo, frases P: consellos de prudencia (prevención, resposta e eliminación). Palabras de advertencia. Fichas de seguridade. Importancia destes datos na manipulación e almacenamento correcto de reactivos.

3. Sistema de calidade no laboratorio de ensaio: norma UNE-EN ISO/IEC 17025. Requisitos técnicos e de xestión. Rexistros e rastrexabilidade documental. Patróns e materiais de referencia. Rastrexabilidade metrolóxica. Xestión de equipamentos e reactivos. Cualificación do persoal. Control de calidade analítica. Exercicios de intercomparación.

4. Normas xerais de toma de mostras. Preparación do material, transporte e conservación de mostras. Toma de mostras de auga e alimentos para análises microbiolóxicas. Toma de mostra de alimentos, augas, sólidos e soportes de particulado atmosférico para análise fisicoquímica.

5. Toma de mostras en enclaves acuáticos. Rexistro de medidas, condicións de mostraxe e variables acompañantes do hábitat. Representatividade das mostras. Toma de mostras de augas na columna vertical. Equipamentos especiais de recolla de mostras e medición en profundidade. Compartimentación vertical e perfís. Mostraxe de sedimento con dragas. Idoneidade das mostras.

6. Recepción, manipulación e preparación de mostras de augas naturais, augas de piscinas, augas de baño e augas de consumo humano para análises microbiolóxicas. Requisitos xerais para o exame microbiolóxico. Conservación de mostras.

7. Recepción, manipulación e preparación de mostras de alimentos para análises microbiolóxicas. Requisitos xerais para o exame microbiolóxico. Conservación de mostras

8. Recepción, rexistro e preparación de mostras biolóxicas en auga e sedimento. Manipulación, etiquetaxe e almacenamento. Fixación, lavado e descarte en mostras biolóxicas de bentos (macroinvertebrados) fluvial e mariño. Preparación e fixación de mostras de fitobentos e fitoplancto. Medidas de seguridade, recuperación e tratamento de conservantes.

9. Recepción, manipulación e preparación de mostras sólidas para análise fisicoquímica. Recepción, manipulación e preparación de mostras de alimentos para análise fisicoquímica: técnicas de secado, liofilización, trituración e barutado. Conservación de mostras.

10. Recepción, manipulación e preparación de mostras liquidas (augas naturais, augas de piscina, augas de baño, augas de consumo humano) para análise fisicoquímica: técnicas de filtrado, decantación, centrifugación, extracción, concentración, desecación e calcinación. Conservación de mostras.

11. Recepción, manipulación e preparación de mostras de soportes de particulado atmosférico para análise fisicoquímica. Conservación de mostras.

12. Pesada e medida de volume no laboratorio. Equipamentos. Calibración e verificación. Rastrexabilidade. Validación de métodos analíticos. Concepto e tipos de incerteza. Incerteza de calibración de equipamentos e de ensaios fisicoquímicos e microbiolóxicos.

13. Química de disolucións. Tipos e propiedades. Preparación de reactivos e disolucións. Molaridade. Normalidade. Patróns e materiais de referencia. Rastrexabilidade. Preparación de medios de cultivo. Regras xerais para a preparación das dilucións para o exame microbiolóxico. Técnicas de sementeira, reconto, illamento e identificación de microorganismos

14. Métodos clásicos de análise química. Análises volumétricas, gravimetría, potenciometrías e condutimetrías. Fundamentos, equipamento e aplicacións. Patróns e materiais de referencia. Rastrexabilidade.

15. Técnicas espectrométricas: espectrometría infravermella, visible e ultravioleta. Técnicas de análises por inxección en fluxo (continuo e segmentado). Fundamentos básicos. Preparación de mostras. Patróns e materiais de referencia. Rastrexabilidade. Control de calidade.

16. Espectroscopia de absorción atómica e de emisión atómica. Principios de operación. Compoñentes básicos dos equipamentos. Preparación de mostras. Técnicas de dixestión de mostras. Control de calidade.

17. Espectrometría de masas con plasma axustado indutivamente. Principios de operación. Compoñentes básicos dos equipamentos e detectores. Preparación de mostras. Técnicas de dixestión de mostras. Control de calidade.

18. Cromatografía de gases, cromatografía de líquidos. Principios de operación. Compoñentes básicos dos instrumentos. Tipos de detectores. Tipos de detectores de espectrometría de masas Preparación de mostras. Técnicas de extracción e concentración de mostras. Control de calidade.

19. Cromatografía iónica. Principios de operación. Compoñentes básicos dos equipos e detectores. Preparación de mostras. Técnicas de preparación de mostras. Control de calidade.

20. Técnicas inmunolóxica: métodos ELISA, aglutinación e fixación de complemento. Preparación de mostras, principios básicos, equipamento e aplicación. Control de calidade.

21. Técnicas moleculares: métodos PCR. Preparación de mostras, principios básicos, equipamentos e aplicación. Control de calidade.

Parte específica da escala técnica de cociña, subgrupo C1

1. A alimentación, a saúde e o desenvolvemento. Proteínas, vitaminas, minerais, hidratos de carbono; calorías; o valor bromatolóxico dos alimentos. Confección de menús. Medidas sanitarias de orde xeral; medidas específicas para a prevención de riscos. Medidas sanitarias de orde xeral; medidas específicas para a prevención de riscos en relación cos residuos de cociña.

2. Organización da cociña; persoal; funcións. Despensas e frigoríficos; instalacións; circulación dos produtos.

3. Condimentos, concepto e clases. O sal; o azucre; o vinagre. Condimentos de vexetais secos; especias; herbas aromáticas. Condimentos frescos. Salsas: concepto e clases; salsas básicas e derivadas. Fondos de cociña.

4. Sopas, consomés, cremas e potaxes. Propiedades, aplicacións e clases. Elaboración. Entremeses: clases.

5. Hortalizas: concepto, propiedades, aplicacións. Conservación, preparación e elaboración. Clases de hortalizas; hortalizas de temporada. Ensaladas: concepto, propiedades e aplicacións. Clases. Elaboración e presentacións.

6. A pasta italiana: calidades. Cocción e conservación. Preparacións básicas. Os ovos: propiedades e aplicacións. Conservación; preparación.

7. Legumes secos: calidade, propiedades, conservación; clases. Preelaboración e preparación. O arroz, propiedades; elaboración. As patacas; cortes para gornición.

8. O peixe: características; clases; calidades. Presentación e valoración comercial. Limpeza, conservación e preparación. Elaboración.

9. As carnes: características; clases. Aspecto e denominación das pezas e anacos. Preparación das carnes vermellas e brancas; emprego dos distintos anacos. Aves de curral: clases, elaboración. A caza: elaboración.

10. As sobremesas. Sobremesas de cociña: clases; características. Elaboración. Os xeados. Os queixos e derivados lácteos. As froitas. As bebidas: augas, viños e licores.

Parte específica da escala técnica de condución, subgrupo C1

1. Código de circulación. Lei e Regulamento de circulación e seguridade viaria. Decreto de regulación do servizo de automobilismo da Xunta de Galicia. Orde que o desenvolve.

2. O condutor. Factores que diminúen as aptitudes do condutor. Permiso e licenzas de condución: clases e vehículos autorizados para conducir. O vehículo: definicións, documentación, a carga e persoas transportadas.

3. O accidente de circulación: comportamento en caso de accidente. Delitos contra a seguridade do tráfico. Nocións básicas de primeiros auxilios.

4. Funcionamento dun motor de catro tempos: admisión, compresión, explosión ou acendido e escape. Clasificación dos motores: pola súa disposición, polo número de cilindros e polo tipo de combustible.

5. O engraxamento: aceites, a súa finalidade e tipos. Sistemas de engraxamento. Cambio de aceites, ventilación. Filtración. Refrixeración no vehículo: funcións, distintos tipos de refrixeración, e o seu coñecemento.

6. Elementos de seguridade: freos, tipos e o seu coñecemento. A suspensión: órganos de suspensión e amortecemento do automóbil. Funcións dos amortecedores.

7. A transmisión: caixa de cambios. Árbore de transmisión. Diferencial. Palieres. Embrague, a súa misión.

8. Electricidade do vehículo. Batería. Bobina. Ruptor. Distribuidor. Buxías. Regulación. Dínamo. Alternador. Motor de arrincada. Béndix. O condensador. O delco. Simboloxía: corrente continua, corrente alterna, fusible, resistencia, condensador, amperímetro, voltímetro, motor xerador, interruptor.

9. O motor diésel: órganos principais. Bomba de inxección e inxectores: funcionamento. Bomba de alimentación. Arrincada en frío, quentadores.

10. Pneumáticos e lamias. Aliñamento do eixe dianteiro. Converxencia e caída. O fenómeno «aquaplaning». Mantemento sistemático e reparacións elementais dun vehículo. Avarías, síntomas. Reparacións de emerxencias.

11. Tipoloxía de vehículos eléctricos e electrificados. Compoñentes do vehículo eléctrico (baterías, motores, sistemas de climatización, cargador de abordo en corrente alterna, etc.). Modos de condución e consumo dun vehículo eléctrico. Manobras de condución segura nos vehículos eléctricos (acendido; arrincada, aceleración e resposta; desprazamentos; son exterior a baixa velocidade; freada e freada rexenerativa; curva; ausencia de sistemas de escape).

12. A recarga do vehículo eléctrico (tipos de carga, potencia, conectores e cables). A carga en instalacións propias, aparcadoiros dedicados e a carga pública. Operacións de carga. Sistema de pagamentos en carga pública.

13. Seguridade e saúde: conceptos xerais. Medidas de seguridade no manexo dos vehículos. Riscos específicos asociados ao vehículo eléctrico: a manipulación de baterías, os conectores de recarga, riscos derivados de accidentes de circulación, desconexión do sistema de alta tensión.

Parte específica da escala técnica de mantemento de servizos, subgrupo C1

1. Física: movemento, movemento uniforme, velocidade, velocidade lineal, velocidade angular e tanxencial. Traballo, concepto e unidades. Forza, concepto e unidades. Enerxía, concepto e unidades. Máquinas simples, panca, polea e parafuso. Presión, concepto e unidades. Calor e temperatura.

2. Instrumentación: manómetros, tipos. Termómetros, tipos. Termóstatos, tipos. Presóstatos, tipos. Vacuómetros, tipos. Caudalímetros, tipos. Tacómetros, tipos. Convertedores de sinal.

3. Electricidade, compoñentes e máquinas: constitución da materia. Corrente eléctrica, tensión e intensidade. Condutividade e resistencia. Lei de Ohm. Lei de Joule. Resistencias, díodos, condensadores, transistores, interruptores, tipos, contactores e relés térmicos, interruptores-horarios e reloxos de conexión, lámpadas e aparellos de iluminación. Aparellos de medición. Equipamentos de medición e rexistro. Máquinas eléctricas rotativas. Máquinas eléctricas estáticas.

4. Planos e esquemas eléctricos: simboloxía. Interpretación. Circuítos electrónicos básicos.

5. Mecánica básica e aplicada: aparellos de medida e verificación. Bosquexamento. Coñecemento de materiais, aplicacións. Máquinas ferramentas. Soldadura: tipos e aplicacións. Oxicorte. Válvulas, tipos e aplicacións. Bombas, tipos e aplicacións.

6. Fluídrica: conceptos e propiedades dos fluídos, clases. Principio de Arquímedes. Principio de Pascal. Instalacións de G.L.P., regulamento, normas de seguridade. Circuítos de aire e os seus elementos fundamentais: compresoras, válvulas e cilindros.

7. Instalacións térmicas e frigoríficas; xeradores de auga quente, calefacción e vapor. Combustibles. Intercambiadores de calor. Purgadores. Coñecemento e aplicación dos materiais e elementos utilizados en instalacións de calefacción e auga sanitaria. Cámaras de conservación. Cámaras de conxelación. Aire acondicionado.

8. Instalacións de lavandaría industrial: lavadoras. Centrifugadoras. Pasadoras de ferro: rodete, prensa, manequín. Secadoras.

9. Instalacións de cociña industrial: marmitas. Fritideiras. Peladoras. Fornos. Gratinadoras.

10. Seguridade e hixiene: triángulo do lume. Extintores, tipos e aplicacións. Sinalización. Equipamentos de protección, individuais e instalacións. Normas de seguridade e hixiene. Métodos orais e manuais de respiración artificial.

Parte específica da escala técnica de recursos naturais e forestais,
subgrupo C1, especialidade capataz

1. Maquinaria agrícola e forestal habitual. Enumeración e descrición. Xeneralidade, manexo e coidados de conservación. Actividades prácticas.

2. Instalacións agroforestais e para a conservación do patrimonio natural

3. Coñecementos sobre traballos en viveiros e piscifactorías. Técnicas de cultivo de plantas forestais. Cultivo a raíz núa, cultivo en envase, outros. Envases e substratos.

4. Repoboación forestal. Métodos de repoboación, eliminación da vexetación preexistente, preparación do terreo, implantación vexetal. Coidados posteriores: protección das plantas, fertilización, reposición de faltas e roza.

5. Dirección e coordinación de cuadrillas. Resolución de conflitos na cuadrilla: ferramentas necesarias para afrontar as diferenzas e pasos para a resolución dun conflito. Partes de traballo.

6. Principais especies cinexéticas e piscícolas de Galicia. Características morfolóxicas. Lexislación vixente. Piscifactorías e granxas cinexéticas. Plans de aproveitamento piscícolas e cinexéticos.

7. A protección de animais de compañía: Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

8. As especies silvestres de Galicia. A recuperación da fauna silvestre. Os centros de recuperación de fauna de Galicia. Manexo e transporte de animais feridos.

9. A Rede galega de espazos naturais protexidos. Categorías. Declaración de espazos naturais protexidos. Os compromisos internacionais de conservación da natureza: A Rede Natura 2000, concepto de LIC, ZEC y ZEPA, hábitats e especies de interese comunitario presentes en Galicia. Identificación. Regulación en Galicia. Convenio Ramsar. Aplicación en Galicia. Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia. Reservas da biosfera. Aplicación en Galicia.

10. Lei 5/2019, do 2 de agosto, de patrimonio natural. Decreto 37/2014, do 27 de marzo, pola que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Plan reitor de uso e xestión dos parques naturais de Galicia e Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

11. A protección da flora e fauna en Galicia. Singularidade e endemismos. Normativa de aplicación: Catálogo español de especies ameazadas. Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA), e o seu desenvolvemento. Catalogación de especies, efectos, plans de recuperación e conservación. Identificación de especies do CGEA. Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo de árbores senlleiras, e o seu desenvolvemento. 

12. Sistemas de comunicación Tetra.

13. Nocións básicas de ofimática. O manexo dos paquetes ofimáticos no contorno de Libre Office (folla de cálculo, tratamento de textos), sistema operativo (Windows 10), busca da información: internet/intranet e correo electrónico.

14. Riscos laborais e medidas preventivas nas operacións más habituais na actividade do ambiente. Manual de traballos de campo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

15. Primeiros auxilios no medio natural. Soporte vital básico.

Parte específica da escala de axentes técnicos facultativos,
especialidade de educación infantil, grupo B

1. Papel, funcións e tarefas do educador e da educadora infantil. Principios e normas morais que regulan a actividade profesional do educador e da educadora infantil.

2. A organización do espazo, os materiais e o tempo como recursos didácticos. Características espaciais da escola infantil. Os materiais na práctica educativa. A distribución do tempo.

3. O ingreso do neno e da nena no centro infantil. O período de adaptación. O papel do adulto no proceso de adaptación á escola infantil. A colaboración dos pais e das nais neste proceso.

4. O currículo da educación infantil. A estrutura curricular da educación infantil. O proxecto educativo de centro. O proxecto curricular de etapa. A programación de actividades. Elementos da programación. A presenza dos temas transversais no currículo.

5. A Lei de normalización lingüística de Galicia: a normalización nos primeiros anos da escolaridade. A aplicación do modelo na educación infantil.

6. A Lei galega para a igualdade de homes e mulleres e a Lei de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: implicacións no currículo da educación infantil. Principios de intervención que impregnan a práctica cotiá nesta etapa.

7. O maltrato infantil. Definición de malos tratos á infancia. Indicadores de maltrato infantil. Detección e notificación desde o ámbito escolar. O protocolo de actuación en abusos sexuais a menores.

8. A regulación dos centros de atención á infancia no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, na Comunidade Autónoma de Galicia.

9. A educación infantil dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais. A importancia da intervención temperá. A integración na educación infantil. As adaptacións curriculares.

10. O crecemento e desenvolvemento físico do neno e da nena de 0 a 3 anos. O desenvolvemento cognitivo e lingüístico. O desenvolvemento emocional e social. O desenvolvemento da identidade sexual e dos roles de xénero. Alteracións máis frecuentes do desenvolvemento.

11. Alimentación e nutrición. Necesidades nutricionais desde o nacemento ata os tres anos. A transición na alimentación. Trastornos e dificultades na alimentación. O desenvolvemento de hábitos para unha alimentación equilibrada.

12. A organización da vida cotiá na escola infantil. A adquisición de hábitos de autonomía persoal. O control de esfínteres. A adquisición de hábitos de hixiene e limpeza nos nenos e nenas de 0 a 3 anos. O descanso: necesidades e ritmos de sono.

13. As enfermidades máis frecuentes na primeira infancia. Enfermidades transmisibles. Os accidentes infantís. O papel do educador e a educadora na prevención dos accidentes infantís. Os primeiros auxilios.

14. A importancia do xogo no desenvolvemento infantil. Tipos de xogos. O xogo como recurso didáctico. A intervención do educador e a educadora no xogo infantil.

15. A participación dos pais e das nais na escola infantil. A interacción coas familias. As entrevistas cos pais e coas nais. As reunións xerais e grupais. A acción titorial.

Parte específica da escala técnica auxiliar de informática, subgrupo C1

1. Definición e estruturas dos sistemas de información. Subsistema físico e lóxico.

2. Principios de funcionamento dos ordenadores. Historia e evolución. Arquitectura e compoñentes dos ordenadores.

3. Sistemas operativos. Concepto. Evolución. Tendencias. Sistemas operativos de escritorio e de servidor. Principais características: Unix, Linux, Windows.

4. Estruturas da información. Modelo entidade-relación. Entidades e atributos. Relacións. Diagramas de entidade-relación.

5. Sistemas de xestión de bases de datos. Bases de datos distribuídas, replicadas, orientadas a obxectos. Bases de datos SQL e NoSQL.

6. Acceso masivo a datos: datawarehouse, datamining, datamarts, OLAP, cadros de mando.

7. Modelos de programación. Programación estruturada, orientada a obxectos. Modelo de compoñentes.

8. Linguaxes de programación. Tipos de linguaxe. Ferramentas RAD.

9. C e C++. Definición. Orientación. Características.

10. Plataforma .NET. Definición. Orientación. Características. HTML, CSS, XML, AJAX, XLS, XLST, PHP. Definición. Orientación. Características.

11. Java. Definición. Orientación. Características. Principais frameworks e contornos IDE libres.

12. Outras linguaxes de programación: Javascript e Python.

13. Estratexia de proba do software: verificación e validación. Proba de integración. Proba de validación.

14. Desenvolvemento de servizos web e microservizos. Tecnoloxías para o desenvolvemento de microservizos. REST vs. SOAP. Especificacións WS-*.

15. Metodoloxías áxiles (Scrum): estimacións, entrega continua (sprints), retrospectivas e mellora continua, xestión de riscos, xestión de historias de usuario e épicas, entrega de valor. Roles de scrum master e product owner.

16. Ferramentas ofimáticas. Procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos de PC.

17. Paquetes de ofimática: aplicacións que o compoñen. Comandos e uso delas.

18. Copias de seguridade. Tipos de copias: incremental, diferencial. Soportes. Periodicidades.

19. A seguranza nas redes públicas e privadas de datos. Medidas de seguridade: físicas, técnicas, organizativas, legais. Identificación e autenticación. Control de accesos físicos e lóxicos. Control de fluxo de datos. Notarización. Auditoría.

20. Ciberseguridade no posto cliente, fixo e móbil.

21. Virus. Tipos. Medios preventivos e reactivos. Programas antivirus.

22. Redes de comunicacións. Definicións. Topoloxías. Clasificacións.

23. Modelo OSI. Niveis. Descrición de servizos e protocolos. TCP/IP. Conceptos.

24. Elementos de interconexión de redes. Concentradores, conmutadores, repetidores, pontes, encamiñadores, pasarelas.

25. Arquitectura das redes intranet, extranet e internet: concepto e características. Acceso remoto e VPN.

26. Servizos baseados na internet: correo, transferencia de ficheiros, publicación en formato hipertexto, grupos de discusión, busca e acceso a información estruturada, directorio, sincronización horaria. Xestión de contidos. Web 2.0.

27. Servizos para o desenvolvemento de aplicacións cliente-servidor: xestión de obxectos distribuídos, servizos de transacción, mensaxaría, distribución de información (tecnoloxía PUSH) e metadato.

28. Sistemas CRM e ERP. Os sistemas de información xeográfica (SIX). Conceptos e funcionalidades básicas. Sistemas de xestión documental e de xestión de contidos.

29. Seguranza en redes. Control de intrusións. Tornalumes. DMZ.

30. A calidade nos servizos de información. Estándares, metodoloxías, boas prácticas e certificacións. Modelo EFQM, marco CobIT, boas prácticas ITIL. Certificacións ISO.

31. Decreto 230/2008 polo que se establecen as normas de boas prácticas na utilización dos sistemas de información da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

32. Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia, título preliminar, título I, capítulo I.

33. Administración electrónica. Implantación da Administración electrónica. Sede electrónica e servizos de sede. Rexistro electrónico. Identificación e autenticación do persoal funcionario, da cidadanía e das administracións públicas. Sinatura electrónica.

Parte específica da categoría 104 do grupo III, intérprete
de linguaxe de signos

1. Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas. 

2. Ratificación da Convención internacional de dereitos das persoas con discapacidade. Real decreto 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. 

3. Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade (Galicia), e outra lexislación en materia de discapacidade e accesibilidade universal.

4. A accesibilidade universal e o DUA na lexislación educativa nacional e autonómica vixente.

5. Organización e funcionamento dos centros educativos. NOFC e outros documentos programáticos. Xestión do persoal non docente adscrito aos centros educativos.

6. O papel da persoa técnica en interpretación de lingua de signos no centro educativo. Coordinación e apoio co equipo directivo, o departamento de orientación, a titoría e o claustro. 

7. A persoa técnica en interpretación de lingua de signos nos servizos educativos complementarios. Coordinación profesional e colaboración entre diferentes perfís (educadores/as, enfermaría, persoal de comedor, ATE, etc.).

8. O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: concepto e tipoloxía. Principios de normalización, inclusión e equidade. Concepto e marco normativo da atención á diversidade.

9. O alumnado con necesidades educativas especiais asociadas á discapacidade auditiva. Concepto, tipoloxía e inclusión.

10. O alumnado con necesidades educativas especiais asociadas á xordocegueira. Concepto, tipoloxía e inclusión.

11. O alumnado con necesidades educativas especiais asociadas á discapacidade auditiva ou xordocegueira e outras necesidades complexas de comunicación (parálise cerebral, TEA, etc.). Inclusión e apoio efectivo á comunicación.

12. Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación e comunicación aumentativa.

13. A familia do alumnado con necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade auditiva. Relacións entre familia e escola.

14. A contorna socioeducativa do alumnado con necesidades educativas especiais asociadas á discapacidade auditiva. Fornecemento de redes e comunidades de aprendizaxe para a convivencia, a inclusión e a equidade.

15. Axustes razoables e produtos de apoio para a eliminación de barreiras de comunicación en alumnado con discapacidade auditiva ou xordocegueira con ou sen outras necesidades específicas de apoio educativo asociadas.

16. A interpretación en lingua de signos nos xogos e actividades extraescolares e complementarias, así como en actividades lúdicas e de lecer. 

 17. As técnicas de interpretación e a mediación comunicativa nas diferentes etapas educativas para favorecer o desenvolvemento da competencia comunicativa en lingua de signos.

18. O apoio á comprensión e redacción de textos escritos desde a interpretación en lingua de signos.

19. Teoría e metodoloxía da interpretación. Expresión corporal. Metodoloxía e adaptación a diferentes contextos e situacións.

20. Técnicas de guía para persoas xordocegas.

21. Lingüística aplicada ás linguas de signos.

22. Interpretación de lingua de signos en contornos multilingües: a lingua de signos e o galego, a lingua de signos internacional, a transcrición da lingua de signos.

23. A interpretación no sistema educativo. Terminoloxía científica e específica dos ámbitos, materias ou módulos. Recursos para resolver problemas terminolóxicos: dactiloloxía, paráfrase, comparación, perífrase, neoloxismos.

24. As linguas de signos e as tecnoloxías da información e da comunicación.