Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65230

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022 pola que se aproban os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral, subgrupo A2, correspondentes aos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución na temporalidade no emprego público.

De conformidade coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro), a Consellería de Facenda e Administración Pública publicou o Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da devandita Lei 20/2021 (DOG núm.102, do 30 de maio de 2022).

De acordo co establecido no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sinálase como un dos principios reitores para o acceso ao emprego público a adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se van desenvolver.

Co fin de dar a coñecer coa suficiente antelación os programas que rexerán os procesos selectivos que se convoquen, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, no exercicio das facultades outorgadas polo artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, oída a Comisión de Persoal, esta consellería

DISPÓN:

Aprobar e publicar o temario que rexerá nos procesos selectivos que se convoquen para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

O contido dos temarios é o que figura como anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Parte xeral do corpo de xestión da Administración xeral

Bloque I.

1. Constitución española do 27 de decembro de 1978.

2. Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional.

3. Lei orgánica 3/1981, do Defensor do Pobo. Director xeral da Función Pública

4. Lei 50/1997, do 27 de novembro, de organización, competencia e funcionamento do Goberno.

5. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

6. Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia.

7. Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia.

8. Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo de Galicia.

9. Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia.

10. Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Bloque II.

11. Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega (títulos preliminar a V).

12. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

13. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

14. Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

15. Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia.

16. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia.

17. Lei 9/2017, de contratos do sector público: libros I e II.

18. Real decreto 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

19. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

20. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

21. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: títulos II e IV.

22. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.

23. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Parte específica do corpo de xestión da Administración xeral

Bloque I. Teoría xeral do dereito e dereito administrativo xeral.

1. As fontes do dereito administrativo. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos.

2. O regulamento: concepto e clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.

3. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.

4. A relación xurídico-administrativa: concepto e suxeitos da relación xurídico-administrativa. As administracións públicas. O administrado. A súa capacidade xurídica e de obrar. As situacións xurídicas do administrado en xeral. Situacións xurídicas de carácter activo: potestades do administrado. Situacións xurídicas pasivas: situación de suxeición e deber do administrado.

5. O principio de legalidade da Administración: a súa construción técnica. As potestades administrativas: concepto. A atribución de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. O control da discrecionalidade: en especial, o control do fin e a desviación de poder. O principio de autotutela.

6. O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.

7. A atención ao cidadán na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.

8. A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. A Axencia Española de Protección de Datos.

9. Actos administrativos en particular: a licenza, autorización ou permiso; réxime xurídico. Referencia á concesión e as súas clases.

10. O servizo público. Formas de xestión dos servizos públicos. Xestión directa e indirecta.

11. A expropiación forzosa. A súa xustificación e natureza. Lexislación vixente: a repartición competencial. Suxeitos, obxecto e causa da expropiación. O procedemento expropiatorio xeral. Particularidades do procedemento de urxencia. A reversión do ben expropiado. Garantías do expropiado. O Xurado de Expropiación Forzosa de Galicia.

12. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración: particularidades e réxime común cos bens demaniais. O dominio público: concepto, natureza xurídica, elementos e réxime xurídico.

13. O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Tráfico xurídico do patrimonio. Utilización e aproveitamento do patrimonio. Xestión do patrimonio. Protección e defensa.

Bloque II. Unión Europea.

14. A Unión Europea tras o Tratado de Lisboa: o Tratado da Unión e o Tratado de funcionamento da Unión. As cooperacións reforzadas.

15. A organización da Unión Europea (I): o Consello Europeo, o Consello e a Comisión Europea. Composición e funcións. O procedemento decisorio. A participación dos Estados membros nas diferentes fases do proceso.

16. A organización da Unión Europea (II): o Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea. O Tribunal de Contas. O Banco Central Europeo.

17. O orzamento comunitario. Os fondos estruturais. A cohesión económica e social.

18. As fontes do dereito da Unión Europea. Dereito orixinario. Dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes. As relacións entre o dereito da Unión Europea e o ordenamento xurídico dos Estados membros.

Bloque III. Dereito autonómico xeral e dereito local.

19. A Administración xeral do Estado. A súa organización e funcionamento: órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados e os subdelegados do Goberno nas comunidades autónomas.

20. O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública: concepto. Principios constitucionais informadores. Goberno e Administración: control dos actos políticos.

21. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. A organización xudicial española. O Ministerio Fiscal.

22. A Administración institucional. Entidades que o integran: os organismos públicos. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. As axencias.

23. A autonomía política. Principios xerais: xurisprudencia constitucional. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos.

24. A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o Estatuto no sistema constitucional; o Estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o Estatuto como norma subordinada á Constitución; posición do Estatuto respecto ás demais normas do Estado e da Comunidade Autónoma.

25. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.

26. A interpretación do Estatuto. A súa reforma; a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.

27. As competencias da Xunta de Galicia: a reserva de competencias ao Estado do artigo 149. A atribución estatutaria de competencias; a cláusula de peche do artigo 149.3. Os límites xerais das competencias; a súa efectividade

28. As competencias exclusivas. As competencias normativas: as leis da Comunidade Autónoma; o seu rango e posición constitucional. O principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico.

29. A concorrencia normativa entre o Estado e a Comunidade Autónoma. Normativa básica e normativa de desenvolvemento: elementos formais e materiais no concepto de lexislación básica; estrutura da normativa básica; a relación bases-desenvolvemento; o problema de rango das dúas normativas.

30. A execución autonómica da lexislación do Estado: significación desta fórmula; extensión da competencia do Estado; atribucións da Comunidade Autónoma. A coordinación entre as dúas ordes.

31. A colaboración entre o Estado e a Comunidade Autónoma: o seu desenvolvemento na doutrina do Tribunal Constitucional. Os elementos de colaboración; en especial, as conferencias sectoriais e os convenios de colaboración. O control da actividade da Comunidade Autónoma.

32. Conflitos constitucionais entre órganos do Estado. Conflitos coas comunidades autónomas. Impugnación de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

33. O municipio. Organización e competencias. A provincia: organización e competencias. Outras entidades locais.

Bloque IV. Dereito orzamentario e dereito tributario, laboral e Seguridade Social.

34. O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación.

35. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A función interventora.

36. Xestión dos gastos de persoal: retribucións dos empregados públicos. Devindicación e liquidación. Os gastos de clases pasivas.

37. Xestión dos gastos contractuais: tipos de contratos. Autorización e compromiso de gastos contractuais. Recoñecemento da obriga. Pagamento. Control dos gastos contractuais.

38. Xestión dos gastos de transferencias. Xestión das subvencións.

39. O sistema tributario español. O imposto. Concepto, clases, principios e efectos. Os impostos directos: concepto, caracteres e clases. Os impostos indirectos: conceptos, caracteres e clases.

40. Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.

41. Seguridade e hixiene no traballo. A Lei de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas: competencias. Dereitos e obrigas dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Os servizos de prevención de riscos. Participación dos traballadores.

42. O dereito do traballo. A súa especialidade e caracteres. As fontes do dereito do traballo. O principio de xerarquía normativa. Os convenios colectivos de traballo. Concepto e natureza. Réxime xurídico. Partes. Procedemento. Contido.

43. O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico.

44. Modalidades do contrato de traballo. A duración do contrato de traballo.

45. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

46. Réxime de representación de persoal. Órganos de representación.

47. Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de seguridade social: estrutura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e servizos comúns.

Parte xeral común para os restantes corpos, escalas
e especialidades do subgrupo A2

1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I: artigos 10, 14 e 23, capítulo IV, capítulo V e título VIII.

2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Título I, título II e título III da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia.

3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV, capítulo I e capítulo IV e o título V.

4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia: título preliminar, título I, capítulo I.

5. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar, capítulos III e IV.

6. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar, título I.

7. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI, capítulos III e IV e título VIII.

8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.

9. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar e título I. E o título I da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

10. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e título I.

11. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.

Parte específica da escala técnica de finanzas, subgrupo A2

Bloque I. Dereito civil e mercantil. Dereito constitucional e administrativo. Dereito autonómico. Economía xeral.

1. O concepto de persoa. Clases de persoas. Persoas naturais: nacemento e extinción. Persoas xurídicas: concepto, natureza e clases. Constitución e extinción das persoas xurídicas. Capacidade xurídica e capacidade de obrar. Adquisición e perda da nacionalidade española. Veciñanza civil.

2. Organización económica da sociedade conxugal. O sistema económico-matrimonial no Código civil e na Lei do dereito civil de Galicia. As capitulacións matrimoniais. A sociedade de gananciais. O réxime de participación nas ganancias. O réxime de separación de bens.

3. Os dereitos reais: concepto e clases. Diferenzas entre os dereitos reais e os dereitos de crédito. A propiedade. Modos de adquirir e perder a propiedade. A posesión. O usufruto. A servidume. As comunidades de bens. O rexistro da propiedade. Principios hipotecarios.

4. Os dereitos reais de garantía: concepto e clasificación. Hipoteca. Peñor. Hipoteca mobiliaria e peñor sen desprazamento. Anticrese.

5. A obriga: concepto e clases. Fontes da obriga. Proba das obrigas. Concorrencia e prelación de créditos. Extinción das obrigas. Influencia do tempo nas relacións xurídicas.

6. O contrato: concepto e clases. Elementos dos contratos. Xeración, perfección e consumación dos contratos. Ineficacia dos contratos. Interpretación e forma dos contratos.

7. A compravenda: concepto e elementos. Contido da compravenda. A permuta. O contrato de arrendamento: concepto e clases. O arrendamento de predios urbanos. O arrendamento de predios rústicos.

8. A doazón: concepto e clases. Elementos da doazón. Efectos da doazón. Revogación e redución de doazóns. A sucesión mortis causa: concepto e clases. A herdanza: concepto e situacións en que pode atoparse a herdanza.

9. Aceptación da herdanza. Herdeiro e legatario. Dereito de acrecer. Colación e partición da herdanza. A sucesión testamentaria: concepto, caracteres e clases de testamentos. Sucesión forzosa. A sucesión intestada. A sucesión contractual: Pactos sucesorios. Desherdamento. Preterición. Especial referencia ao dereito civil de Galicia: título preliminar. A casa e a veciña. Os dereitos reais. Os contratos. A compañía familiar galega. O réxime económico familiar. A sucesión por causa de morte.

10. A contabilidade mercantil. Contabilidade formal: libros obrigatorios. Requisitos dos libros. Conservación dos libros. Eficacia probatoria. Comunicación e exhibición dos libros. Contabilidade material: contas anuais. Verificación, auditoría e depósito de contas.

11. A empresa mercantil. O empresario individual: capacidade e prohibicións. Proba, adquisición e perda da calidade de empresario. Exercicio do comercio por persoa casada. O empresario estranxeiro. O rexistro mercantil.

12. As sociedades mercantís: concepto e clasificación. Requisitos de constitución das sociedades mercantís. A sociedade unipersoal. A sociedade irregular. Nacionalidade das sociedades. As sociedades colectivas e comanditarias. A sociedade de responsabilidade limitada: principais notas do seu réxime xurídico. As sociedades profesionais.

13. A sociedade anónima: concepto e caracteres. Fundación. Escritura social e estatutos. Accións e obrigas. Órganos da sociedade anónima.

14. A disolución das sociedades mercantís. Liquidación e división. Transformación, fusión e escisión das sociedades mercantís.

15. Os títulos valores: concepto e clasificación. Os títulos nominativos, á orde, ao portador e de tradición. A letra de cambio: concepto e requisitos formais. O endoso. A aceptación. O pagamento da letra. As excepcións cambiarias.

16. As obrigas mercantís: características xerais. Os contratos mercantís: concepto e clases. Perfección, forma e proba dos contratos mercantís. Influencia da alteración das circunstancias nos contratos mercantís. A prescrición no dereito mercantil.

17. O concurso: orzamento subxectivo e obxectivo. O auto de declaración de concurso. Efectos sobre acredores, créditos e contratos. Determinación da masa activa, masa pasiva e os créditos contra a masa. O convenio: contido e os seus efectos. Efectos da apertura da fase de liquidación. As causas de conclusión do concurso. A cualificación do concurso.

18. Os contratos bancarios en xeral. Exame da conta corrente, apertura de crédito, préstamos e desconto bancario. Depósitos en bancos. O peñoramento de valores. Créditos documentarios.

19. Institucións da Unión Europea: o Parlamento Europeo, o Consello Europeo, o Consello, a Comisión, o Tribunal de Xustiza, o Banco Central e o Tribunal de Contas. O ordenamento xurídico comunitario: fontes.

20. O orzamento da Unión Europea. Os instrumentos financeiros. Fondos estruturais e iniciativas comunitarias.

21. A Constitución española de 1978: características e estrutura. Os dereitos e deberes fundamentais. A Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno. O poder xudicial. O Tribunal Constitucional. A reforma constitucional.

22. Políticas sociais públicas: políticas públicas para a igualdade de xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Discapacidade e dependencia. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade e dereitos. A normativa reguladora do procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade. Especial referencia á Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

23. As fontes do dereito administrativo. A Constitución. Leis orgánicas. Leis ordinarias. Disposicións do Goberno con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos. O regulamento: concepto, caracteres e clases. Límites dos regulamentos. Regulamentos ilegais.

24. Concepto de Administración pública. Tipos de entes públicos. Formas de xestión dos servizos públicos. O principio de legalidade. A autotutela da Administración. A Administración electrónica: dereito e obriga de relacionarse electronicamente coas administracións públicas. Instrumentos para o acceso electrónico ás administracións públicas: sedes electrónicas, canles e punto de acceso, identificación e autenticación. Asistencia no uso de medios electrónicos aos interesados. O goberno aberto, especial referencia á transparencia e o acceso á información pública, á participación na rendición de contas e ao bo goberno. Normativa reguladora da protección de datos persoais: principios, dereitos das persoas e exercicios dos dereitos.

25. As potestades administrativas: concepto e clases. O acto administrativo: concepto e caracteres. Diferentes clasificacións dos actos administrativos.

26. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, fin e forma. A motivación e comunicación dos actos administrativos. O silencio administrativo.

27. Eficacia do acto administrativo. Executoriedade dos actos administrativos. Validez e invalidez do acto administrativo. Revisión de oficio dos actos administrativos.

28. Os contratos administrativos (I). Normativa reguladora dos contratos do sector público. Ámbitos subxectivo e obxectivo de aplicación. Órganos de contratación. O contratista: aptitude para contratar. Tipos contractuais. O obxecto do contrato. Orzamento base de licitación, valor estimado, o prezo e a súa revisión. Prazo de duración. As garantías no contrato administrativo. A preparación dos contratos. Procedementos de selección do adxudicatario. A Xunta Consultiva de Contratación Administrativa de Galicia.

29. Os contratos administrativos (II). Invalidez dos contratos e recurso especial en materia de contratación. O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia. A execución do contrato. Efectos, cumprimento e extinción dos contratos. Cesión dos contratos e subcontratación. Rexistros oficiais.

30. A responsabilidade patrimonial das administracións públicas: réxime vixente. Requisitos para que proceda a indemnización. Responsabilidade das autoridades e funcionarios. Requisitos. Prazo de reclamación e procedemento.

31. O procedemento administrativo. Os interesados. Dereitos dos cidadáns no procedemento administrativo. Dereito e obriga de relacionarse electronicamente coas administracións.

32. Os recursos administrativos: concepto e clases. Principios xerais do procedemento administrativo en vía de recurso. O recurso de alzada. O recurso potestativo de reposición.

33. A xurisdición contencioso-administrativa: natureza, extensión e límites. Órganos da xurisdición contencioso-administrativa. As partes no proceso contencioso-administrativo: capacidade, lexitimación e defensa. Idea xeral do proceso contencioso-administrativo. A sentenza. Recursos contra sentenzas.

34. A organización territorial do Estado na Constitución española de 1978. As comunidades e cidades autónomas. Os estatutos de autonomía. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas.

35. Os ordenamentos autonómicos. Relación co ordenamento estatal. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: caracteres, contido e procedemento de reforma.

36. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio, os símbolos. A lingua e a cultura galega. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

37. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.

38. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

39. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

40. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. O réxime xurídico do exercicio das súas competencias.

41. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal. As leis estatais marco, de transferencia e de delegación.

42. A Administración pública de Galicia. As consellerías: organización e estrutura. A Administración periférica. A Administración institucional.

43. A consellería competente en materia de facenda e administración pública: organización e competencias. A Axencia Tributaria de Galicia: organización e competencias. As oficinas liquidadoras e de distrito hipotecario.

44. O emprego público na Comunidade Autónoma de Galicia. Persoal funcionario. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción e situacións administrativas dos funcionarios. Os dereitos e deberes dos funcionarios. Réxime disciplinario. Persoal laboral. O convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.

45. As entidades locais: a súa regulación na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

46. A actividade económica. Sistemas económicos. Tipos de organización da actividade económica. Funcións dun sistema económico.

47. A renda nacional: concepto e métodos de estimación. A contabilidade nacional. Natureza e fins. A análise input-output. Relacións sectoriais.

48. O diñeiro: concepto e funcións do diñeiro. Demanda e oferta do diñeiro. Formación do tipo de xuro.

49. A estrutura institucional do sistema financeiro español. O Banco de España. Entidades oficiais de crédito. A banca privada. As caixas de aforro. As cooperativas de crédito. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Bloque II. Contabilidade e cálculo financeiro.

A) Contabilidade.

a) Normalización contable española. Plan xeral de contabilidade español. Modelos normais de contas anuais.

b) Resolucións do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas.

c) Contabilidade das operacións societarias.

B) Cálculo financeiro.

a) Leis financeiras de capitalización simple e composta; Lei de desconto simple comercial. Equivalencia de capitais. Tipos de xuros efectivos e nominais.

b) Operacións financeiras en réxime de capitalización composta. Equilibrio financeiro. Saldos financeiros. Custos e rendementos.

c) Rendas, préstamos e empréstitos. Operacións con valores.

Bloque III. Dereito financeiro, orzamentario e tributario.

1. O dereito financeiro: concepto e contido. A Facenda pública na Constitución española.

2. O dereito orzamentario: concepto e contido. O Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Principios xerais, recursos e obrigas da Comunidade Autónoma.

3. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma: elaboración, aprobación. Estrutura orzamentaria. Os créditos orzamentarios.

4. As modificacións orzamentarias. Modificación dos créditos iniciais. Gastos plurianuais. Anulación de remanentes. Incorporación de créditos. Créditos extraordinarios e suplementos de crédito. Anticipos de tesouraría. Créditos ampliables. Transferencias de créditos. Ingresos que xeran crédito.

5. O gasto público: concepto. Principios constitucionais. Procedemento de execución do gasto público. Xestión dos gastos de persoal. A Seguridade Social dos empregados públicos.

6. Xestión de gastos contractuais. Nacemento de obrigas. Cumprimento, recoñecemento da obriga, xustificación e extinción.

7. Xestión de gastos de transferencias. Subvencións: concepto, natureza e clasificación. Procedemento de concesión e pagamento. Reintegro. Infraccións administrativas en materia de subvencións. O delito subvencional.

8. O Tesouro público. Funcións e competencias. A xestión de pagamentos. Pagamentos para xustificar e anticipos de caixa fixa. Ingresos orzamentarios. Previsións. Fases de execución do orzamento de ingresos. Lei xeral de estabilidade orzamentaria. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de endebedamento, avais e seguros.

9. O Plan xeral de contabilidade pública. Principios contables, contas anuais e normas de valoración. A conta xeral da Comunidade Autónoma. Documentos que a integran. Formación e remisión. Exame e comprobación. Aprobación.

10. O control interno da actividade económico-financeira do sector público autonómico. Concepto, clases e ámbito. O control previo de legalidade de ingresos, de gastos e pagamentos. O control financeiro. Concepto. Regulación e principios xerais. Clases. A Oficina Galega de Auditoría e Control. Informes de control: clases e efectos. O control externo da actividade económico-financeira do sector público estatal. O control parlamentario. O control do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

11. O dereito tributario: concepto e contido. Fontes. A Lei xeral tributaria: principios xerais.

12. Os tributos: concepto, fins e clases. A relación xurídico-tributaria. Feito impoñible. Non suxeición e exención. Devindicación. Prescrición. A aplicación da norma tributaria. Interpretación, cualificación e integración. A analoxía. O conflito na aplicación da norma tributaria. A simulación.

13. As obrigas tributarias: a obriga tributaria principal, a obriga tributaria de realizar pagamentos á conta, as obrigas entre particulares, as obrigas tributarias, as obrigas tributarias accesorias e formais. As obrigas e deberes da Administración tributaria. Os dereitos e garantías dos obrigados tributarios. Colaboración social na aplicación dos tributos. Utilización das novas tecnoloxías da información. Carácter reservado dos datos con transcendencia tributaria.

14. Os obrigados tributarios. Suxeitos pasivos. Sucesores. Responsables solidarios e subsidiarios. Outros obrigados tributarios. A capacidade de obrar. Representación. Domicilio fiscal. A declaración censual. O deber de expedir e entregar facturas.

15. Elementos de cuantificación da obriga tributaria principal e da obriga de realizar pagamentos á conta. Base impoñible: concepto, métodos de determinación. Base liquidable. Tipo de gravame. Cota tributaria. Comprobación de valores. A débeda tributaria.

16. A aplicación dos tributos; concepto e órganos competentes. A información e a asistencia aos obrigados tributarios. A consulta tributaria. O número de identificación fiscal. A asistencia mutua: concepto. Os procedementos administrativos en materia tributaria: proba, notificacións, obriga de resolución e prazo de resolución. As liquidacións tributarias.

17. Actuacións e procedementos de xestión tributaria. Iniciación. Declaracións. Autoliquidacións. Comunicacións de datos. Procedemento de devolución iniciado mediante autoliquidación, solicitude ou comunicación de datos. Procedemento iniciado mediante declaración. Procedemento de verificación de datos. Procedemento de comprobación de valores. Procedemento de comprobación limitada.

18. A recadación (I). A recadación. Actuacións e procedementos. Órganos de recadación: organización da xestión recadatoria da Xunta de Galicia. Extinción das débedas: o pagamento e outras formas de extinción. Obrigados ao pagamento. Garantías da débeda tributaria. Aprazamentos e fraccionamentos. Participación das entidades de crédito no procedemento de recadación.

19. A recadación (II). A recadación en período executivo. Procedemento de constrinximento. Carácter do procedemento. Fases: iniciación, embargo de bens e dereitos, alleamento e termo do procedemento. Terzarías. Procedemento fronte a responsables e sucesores.

20. A inspección dos tributos: órganos, funcións e facultades. Documentación das actuacións da inspección. Procedemento de inspección: normas xerais. Iniciación e desenvolvemento. Terminación das actuacións inspectoras. Disposicións especiais.

21. A potestade sancionadora en materia tributaria. Principios. Suxeitos responsables. Concepto e clases de infraccións e sancións tributarias. Cuantificación das sancións tributarias pecuniarias. Extinción da responsabilidade derivada das infraccións tributarias e extinción das sancións tributarias. Procedemento sancionador en materia tributaria: iniciación, instrución e terminación.

22. Delitos contra a Facenda pública. Descrición dos tipos penais contra a Facenda pública. A responsabilidade civil. Actuacións e procedementos de aplicación dos tributos en supostos de delito contra a Facenda pública. O procedemento de recuperación de axudas de Estado que afecten o ámbito tributario.

23. A revisión dos actos de carácter tributario en vía administrativa: procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas: actos impugnables. Procedementos. Órganos de resolución. Suspensión de actos impugnados.

24. O imposto sobre a renda das persoas físicas (I): natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Suxeición ao imposto: aspectos materiais, persoais e temporais. Determinación da capacidade económica sometida a gravame: rendementos e ganancias e perdas patrimoniais. Clases de rendas. Integración e compensación de rendas.

25. O imposto sobre a renda das persoas físicas (II). Base impoñible e liquidable. Reducións. Adecuación do imposto ás circunstancias persoais e familiares do contribuínte. Cálculo do imposto estatal. Gravame autonómico. Cota diferencial. A tributación familiar. Réximes especiais. Declaracións, pagamentos á conta e obrigas formais.

26. O imposto sobre a renda de non residentes: natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Elementos persoais. Suxeición ao imposto. Rendas obtidas mediante establecemento permanente. Rendas obtidas sen mediación de establecemento permanente. Gravame especial sobre bens inmobles de entidades non residentes.

27. O imposto sobre o patrimonio das persoas físicas. Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Base impoñible e liquidable. A débeda tributaria. Xestión do imposto.

28. O imposto sobre sociedades (I): natureza e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Contribuíntes. Exencións subxectivas plenas e parciais. Base impoñible. Concepto e réximes de determinación. Imputación temporal de ingresos e gastos; limitación á deducibilidade de gastos e gastos non deducibles; regras de valoración. Exención para eliminar a dobre imposición. Reducións na base impoñible e compensación de bases impoñibles negativas.

29. O imposto sobre sociedades (II): período impositivo e devindicación do imposto. Tipo de gravame e cota íntegra. Deducións para evitar a dobre imposición. Bonificacións. Deducións por investimentos. Pagamento fraccionado. Réximes tributarios especiais: especial referencia aos incentivos fiscais para as empresas de reducida dimensión. Xestión do imposto.

30. O imposto sobre sucesións e doazóns (I): feito impoñible: presuncións. Suxeito pasivo e responsables. Base impoñible. Comprobación de valores. A base liquidable. A tarifa. A débeda tributaria. Devindicación e prescrición.

31. O imposto sobre sucesións e doazóns (II): normas especiais sobre o dereito de usufruto, uso, habitación, substitucións, fideicomisos, reservas, partición e excesos de adxudicación, repudiación, renuncia e doazóns. Obrigas formais. Xestión do imposto.

32. O imposto sobre o valor engadido (I). Concepto e natureza. Feito impoñible e supostos de non suxeición. Exencións. Deslindamento do IVE co imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Lugar de realización do feito impoñible. Devindicación do imposto. Suxeitos pasivos e responsables. Repercusións.

33. O imposto sobre o valor engadido (II). A base impoñible. A débeda tributaria: tipos impositivos. Liquidación, deducións, devolucións. Réximes especiais. Xestión do imposto.

34. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (I): transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e cota tributaria. Regras especiais.

35. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (II): operacións societarias: feito impoñible, base impoñible, suxeito pasivo e cota tributaria. Actos xurídicos documentados. Principios xerais e tributación dos documentos administrativos, mercantís e notariais. Disposicións comúns: beneficios fiscais, comprobación de valores, devindicación, prescrición, obrigas formais, xestión e devolución.

36. A tributación sobre o xogo: taxa sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias; taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar. Imposto sobre actividades do xogo.

37. Os impostos especiais. Os impostos especiais de fabricación: disposicións comúns e principais normas reguladoras. Os distintos impostos especiais de fabricación: estrutura básica. Tipos xeral e especial do imposto sobre hidrocarburos. O imposto especial sobre determinados medios de transporte. Os impostos especiais sobre o carbón e sobre a electricidade. O imposto sobre as primas de seguros.

38. O imposto sobre determinados servizos dixitais. Imposto sobre as transaccións financeiras. Os impostos ambientais estatais: o imposto sobre o valor da produción da enerxía eléctrica, os impostos sobre a produción de combustible nuclear gastado e residuos radioactivos resultantes da xeración de enerxía nucleoeléctrica e sobre o almacenamento de combustible nuclear gastado e residuos radioactivos en instalacións centralizadas, o imposto sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, o imposto sobre o valor da extracción de gas, petróleo e condensados e o imposto especial sobre os envases de plástico non reutilizables.

39. Os impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. O imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos. As taxas da Comunidade Autónoma de Galicia. Os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

40. O financiamento das comunidades autónomas. Principios. Sistemas de financiamento das comunidades autónomas de réxime común. Réxime da cesión de tributos. Órganos e formas de relación entre o Estado e as comunidades autónomas.

41. Financiamento das facendas locais. Recursos das facendas locais. Recursos dos municipios. Os impostos municipais. Recursos das provincias e outras entidades locais.

Parte específica da escala de axentes de extensión pesqueira, subgrupo A2

1. Competencias da Comunidade Autónoma en materia de pesca, marisqueo e acuicultura. A Consellería do Mar, estrutura e funcións.

2. O sector pesqueiro en Galicia. Consideracións dos distintos subsectores. Poboación activa no sector da pesca. Produción final pesqueira: importancia e composición. Evolución e perspectivas.

3. O sector pesqueiro en Galicia: importancia no contexto español e na CE. Evolución e perspectivas. A política pesqueira comunitaria. Lexislación. Axudas comunitarias ao sector. Lexislación.

4. Decreto de artes e aparellos (Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia).

5. O marisqueo en Galicia. Historia e evolución. Características sociais e económicas. Principais especies de interese marisqueiro.

6. A frota pesqueira de baixura. Principais especies. Importancia social e económica.

7. A acuicultura en Galicia. Principais especies cultivadas. Importancia social e económica.

8. Industrias pesqueiras galegas. Tipos. Principais produtos. Importancia social e económica.

9. A investigación pesqueira en Galicia. Liñas principais de actuación. Centros de investigación pesqueira galega.

10. Centros de ensinanzas náutico-pesqueiras de Galicia e o Centro de ensino en produción acuícola (Igafa). Titulacións impartidas nos centros de ensino. Lexislación.

11. As confrarías de pescadores de Galicia. Estrutura e funcións. Estatutos e regulamentos internos das confrarías de pescadores. Lexislación.

12. As organizacións de produtores e as cooperativas do mar. As asociacións sen ánimo de lucro no sector pesqueiro e marisqueiro. Lexislación.

13. Lei de pesca de Galicia. Infraccións en materia de pesca e marisqueo.

14. O medio mariño: características físicas e químicas da auga do mar.

15. A produción primaria: factores limitantes. Redes tróficas.

16. O plancto: o seu papel nos ecosistemas mariños. Distribución especial. Distribución temporal: ciclo anual do fitoplancto.

17. Dinámica mariña. Ondas, correntes e mareas. Topografía, batimetría e xeoloxía submarinas. Os afloramentos.

18. Características xeográficas das rías galegas. A súa dinámica mariña: circulación estuárica e produción.

19. Ordenación e explotación dos recursos pesqueiros, marisqueiros e das algas. Os plans de pesca e os plans de xestión marisqueira. Lexislación

20. Autorizacións administrativas para o exercicio da actividade. Permisos de explotación para a pesca, o marisqueo e a extracción de algas. Lexislación.

21. Cultivo de moluscos bivalvos en Galicia. Especies principais. Metodoloxía e instalacións.

22. O cultivo do mexillón en Galicia. Técnicas de cultivo. Distribución por rías. Importancia e evolución. Lexislación.

23. As mareas vermellas: descrición do fenómeno. Metodoloxía e control. Control de calidade da auga para cultivo de moluscos. Clasificación das zonas de produción. Lexislación.

24. A descarga e comercialización dos produtos marisqueiros. Control sanitario dos moluscos bivalvos. Depuración. Lexislación.

25. Os establecementos de primeira venda de produtos pesqueiros en Galicia.

26. A piscicultura. Cultivos auxiliares: fitoplancto e zooplancto. O cultivo de peixes en Galicia, especies principais e produción.

27. As algas macrofitas de interese industrial en España. Aplicacións das algas e dos seus derivados. Cultivo de algas.

28. A conservación do medio e dos recursos mariños. A contaminación mariña. Diferentes fontes de contaminación.

29. Funcións dos axentes de extensión pesqueira. Lexislación.

30. Dinámica de grupos e técnicas de resolución de conflitos aplicables ás reunións. Recursos audiovisuais no traballo de extensión pesqueira (vídeos, proxectores e aplicacións informáticas básicas para presentacións).

Parte específica da escala de enxeñeiros técnicos,
especialidade, enxeñaría técnica forestal, subgrupo A2

1. A Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

2. Ocupación das principais formacións específicas en Galicia. Existencias. Volumes e taxas de aproveitamento anual para as principais especies forestais en Galicia. Tendencias de ocupación e existencias entre inventarios. Desagregación de datos por provincias.

3. Principais datos de estatística forestal en Galicia: superficie ocupada polos montes públicos, montes veciñais en man común, montes de varas e montes de particulares. Superficies medias. Número de comunidades de montes veciñais en man común e persoas comuneiras. Situación estatutaria e mancomunidades. Desagregación de datos por provincias.

4. Lei 7/2012, de montes de Galicia: concepto de monte. Definicións. Competencias da Administración local, autonómica e estatal. O Consello Forestal de Galicia. Decreto polo que se desenvolve o Consello Forestal de Galicia. Outras mesas sectoriais.

5. Montes protectores. O catálogo de montes de utilidade pública. Xestión dos montes públicos e o seu deslindamento.

6. Montes privados e a súa xestión. Montes veciñais en man común (MVMC). Montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo e a súa regulación.

7. Lei de montes veciñais en man común en Galicia e o seu regulamento. Deslindamento dos montes veciñais en man común. Adquisición de terreos. Reinvestimentos dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal.

8. O Plan forestal de Galicia. Obxectivos estratéxicos e programáticos. Principais medidas e programas. Horizonte temporal e orzamento asignado. Procedementos de revisión. Os plans de ordenación dos recursos forestais.

9. Instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia. Os instrumentos de ordenación e xestión forestal en Galicia. Aprobación e rexistro.

10. Certificación forestal: orixe e consecuencias. Principais sistemas de certificación forestal: PEFC e FSC. Certificación da xestión forestal. Certificación da cadea de custodia. Superficie certificada en España e Galicia.

11. Regulación dos aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada.

12. Regulación dos aproveitamentos madeireiros en montes en xestión pola Comunidade Autónoma en Galicia. Decretos e ordes de desenvolvemento. Principais especies e volume anual aproveitado en montes de xestión pública en Galicia. A regulación dos servizos do monte en Galicia.

13. Modelos silvícolas de aplicación para as principais especies de coníferas e frondosas perennifolias en Galicia.

14. Modelos silvícolas de aplicación para as principais especies de frondosas caducifolias en Galicia. Outros modelos de xestión forestal. Regulación das masas consolidadas de frondosas autóctonas en Galicia.

15. FLEGT e Regulamento EUTR nº 995/2010. Real decreto 1088/2015. O Rexistro de empresas forestais de Galicia (Resfor). Divisións e comunicacións anuais.

16. Reais decretos de regulación sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución en España. Pasaporte fitosanitario.

17. Sanidade forestal: principais enfermidades e pragas forestais en Galicia.

18. A política agraria comunitaria (PAC): o Feaga e o Feader. Consideracións xerais e aplicación ao sector forestal. O Plan galego de controis Feader non SIXC.

19. Convenios, consorcios e novos contratos temporais de xestión pública. O Fondo de Melloras Forestal. Superficie de montes baixo este tipo de figuras en Galicia. Desagregación de datos por provincias.

20. Agrupacións forestais de xestión conxunta. Tipoloxía e principais características. Rexistro administrativo. Regulación e rexistro da figura do silvicultor activo. Superficie inscrita en Galicia de agrupacións e silvicultores activos.

21. Condicións legais que deben cumprir as repoboacións forestais. Distancias de repoboación. O réxime sancionador en materia de montes de Galicia.

22. Lexislación en materia de recuperación da terra agraria en Galicia.

23. O sector forestal e a súa contribución á produción final agraria en Galicia. Axudas sectoriais. A industria forestal: problemática, evolución e perspectivas. Estrutura de produción. Industria da serra, do taboleiro, da pasta, principais procesos de produción. Comercialización. A Axencia Galega da Industria Forestal.

24. A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. O Pladiga. Os centros de coordinación.

25. Sistemas de detección. Modelos de combustible. Índices de risco.

26. Extinción de incendios forestais. Sistema de predición de Campbell. Técnicas de extinción, primeiro ataque e ataque ampliado, o contralume. Retardantes. Valoración de danos e perdas.

27. Os grandes incendios forestais (GIF). Definición e estatísticas. O Sistema de manexo de emerxencias (ICS). O método de xestión operativa e mando (GOM). A meteoroloxía nos incendios forestais. Comportamento do lume nos GIF. As comunicacións nos GIF.

28. Os incendios en interface urbana forestal. Situacións operativas. A integración nos plans de protección civil para emerxencias por incendios forestais. A Directriz básica de planificación de protección civil de emerxencias por incendios forestais. O Peifoga.

29. As queimas prescritas. Protocolo. A ventá de actuación. O plan de queima.

30. Prevención de incendios: accións sobre o territorio e sobre a poboación. As redes de faixas de xestión da biomasa. Os perímetros de alto risco de incendios forestais.

31. Medios aéreos de extinción de incendios forestais. Tipos de aeronaves. A coordinación de medios aéreos. As comunicacións cos medios aéreos.

32. A maquinaria pesada na extinción de incendios forestais. Tipos de máquinas empregadas en Galicia. Tipos de traballos. Rendementos. Manobras de autoprotección.

33. Restauración en zonas afectadas por grandes incendios. Técnicas e custos. Índices de severidade.

34. A investigación de causas de incendios forestais. O comportamento do lume. O método das evidencias físicas. Determinación de situacións de risco.

35. A seguridade na extinción de incendios forestais. Factores de risco na extinción. Protocolo Ocela. Situacións en atrapamento. Manobras de autoprotección.

36. As comunicacións na extinción de incendios forestais de Galicia. A rede TETRA. A función repeater e o modo Gateway.

37. O traballo coas motobombas. Características principais. Clasificacións. Partes principais do vehículo de extinción. Cisterna, bomba, mangueiras e accesorios. Seguridade nas operacións coas motobombas.

38. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia forestal e de conservación da natureza. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: a súa estrutura orgánica e funcional.

39. Conservación da biodiversidade a nivel internacional e comunitario. A biodiversidade nas políticas de mitigación e adaptación ao cambio climático. Estratexia española do patrimonio natural e da biodiversidade. Principais causas da perda da biodiversidade. A xestión das especies exóticas invasoras.

40. Os espazos naturais protexidos. Clasificación segundo o réxime de protección internacional, comunitario, nacional e autonómico. Instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos en Galicia. Procedemento de declaración e a xestión dos espazos naturais protexidos en Galicia. A Rede Natura 2000 en Galicia, principais taxons e hábitats representados. Plan director da Rede Natura 2000.

41. Ecosistemas: poboación. Produción. Explotación. Parámetros enerxéticos. Pirámides tróficas e enerxéticas. Relacións interespecíficas. Relación medio-individuo. Sucesións. Estratificación. Accións e reaccións. Simulación ecolóxica. Ecosistemas de Galicia.

42. A protección da fauna e da flora. Normativa específica. Os catálogos e rexistros de fauna e flora. Os endemismos galegos. Catálogo galego de especies ameazadas. Catálogo galego de árbores senlleiras.

43. Xestión cinexética. A Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Os plans de ordenación dos recursos cinexéticos. As especies cinexéticas de Galicia. Técnicas e procedementos de ordenación cinexética. Repoboacións cinexéticas. Mellora dos hábitats. Granxas cinexéticas: peculiaridades construtivas, normativa de aplicación, situación en Galicia.

44. Técnicas de protección e fomento das poboacións piscícolas. Conservación e mellora do hábitat fluvial. Bases técnicas das principais infraestruturas: capturadoiros, centros ictioxénicos, canles de desova e cría. As repoboacións piscícolas: xustificación e técnicas.

45. A avaliación ambiental: Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

46. A metodoloxía técnica de avaliación ambiental. Deseño de medidas protectoras e correctoras. Avaliación ambiental de plans, programas e proxectos con potencial afección sobre os espazos da Rede Natura 2000. Medidas compensatorias.

47. Acceso á información en materia de ambiente: Convenio de Aarhus. A participación na xestión ambiental. Normativa da Unión Europea. A información ambiental en España. A Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente. O Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable.

48. A educación ambiental. Concepto, principios básicos e instrumentos para a educación ambiental. Interpretación do patrimonio ambiental. O CENEAM e o CEIDA: obxectivos e programas de traballo. O Observatorio Galego de Educación Ambiental.

Parte específica da escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, subgrupo A2

1. Lei 24/2015, do 24 de xullo, de patentes: títulos I, II, III, IV e V. Lei 17/2001, do 7 de decembro, de marcas: títulos I, II e III.

2. Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

3. Real decreto 1836/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre instalacións nucleares e radioactivas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia.

4. Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia: títulos I, II, III e V.

5. A Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia: capítulos I ao V.

6. Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Títulos I ao III. Anexos I e II.

7. A Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia: títulos I ao IV. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia: capítulo II, título III.

8. Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.

9. Lei 32/2014, do 22 de decembro, de metroloxía: capítulos do I ao VI. Real decreto 244/2016, do 3 de xuño, polo que se desenvolve a Lei 32/2014, do 22 de decembro, de metroloxía: capítulos I ao V.

10. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I ao VII. Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo: anexo I.

11. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico: títulos I ao X.

12. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica: títulos I ao VII. Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia: título III.

13. Real decreto 1699/2011, do 18 de novembro, polo que se regula a conexión á rede de instalacións de produción de enerxía eléctrica de pequena potencia: capítulos I, II, III e IV. Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica. Capítulos I, II, III, IV, V, VI, VII, VIII e IX.

14. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas ITC LAT-04 e LAT-05.

15. Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos: títulos I ao VI.

16. Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

17. Real decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica.

18. Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios.

19. Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos: títulos I ao VI.

20. Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural: títulos I ao IV.

21. Real decreto 919/2006, do 28 de xullo, polo que se aproban o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas ICG 01, 03 e 04.

22. Lei 21/1992, do 16 xullo, de industria: títulos I ao V.

23. Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial: capítulos I ao IV. Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial: libro primeiro. Seguridade industrial.

24. Lei 7/2021, do 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética (título preliminar a título IX).

25. Real decreto 559/2010, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Integrado Industrial.

26. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproban o Regulamento electrotécnico para baixa tensión e as súas ITC BT-04 e BT-05.

27. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 22 e 23.

28. Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproban o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios e a súa ITC 04.

29. Real decreto 2085/1994, do 20 de outubro, polo que se aproban o Regulamento de instalacións petrolíferas e a súa ITC MI-IP 02.

30. Real decreto 809/2021, do 21 de setembro, polo que se aproban o Regulamento de equipos de presión e as súas instrucións técnicas complementarias. ITC EP-1, caldeiras. ITC EP2, centrais xeradoras de enerxía eléctrica.

31. Real decreto 656/2017, do 23 de xuño, polo que se aproban o Regulamento de almacenamento de produtos químicos e a súa ITC MIE APQ 0, ITC MIE APQ 1, ITC MIE APQ 10.

32. Real decreto 552/2019, do 27 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de seguridade para instalacións frigoríficas: capítulos I, II, III, IV e V.

33. Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipamentos e compoñentes. Real decreto 920/2017, do 23 de outubro, polo que se regula a inspección técnica de vehículos.

34. Real decreto 513/2017, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios.

35. Real decreto 2267/2004, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais. Anexo I e anexo III.

36. Aparellos de elevación e o seu mantemento: Real decreto 88/2013, do 8 de febreiro, polo que se aproba a instrución técnica complementaria AEM 1 «Ascensores». Real decreto 203/2016, do 20 de maio, polo que se establecen os requisitos esenciais de seguridade para a comercialización de ascensores e compoñentes de seguridade para ascensores.

37. Aparellos de elevación e o seu mantemento: Real decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria MIE-AEM-2. Real decreto 837/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria MIE-AEM-4.

38. Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas.

Parte específica da escala de técnicos facultativos,
especialidade de educador social, subgrupo A2

1. O/a educador/a social. Concepto, historia e perfil profesional. Código deontolóxico do/da educador/a social. Funcións e competencias.

2. A acción socioeducativa. A relación educativa e o suxeito da intervención socioeducativa. Concepto e factores influentes. Técnicas de intervención socioeducativa. A entrevista.

3. Deseño, implementación e avaliación de programas e proxectos educativos: definición, elementos, xestión e estratexias.

4. O informe socioeducativo como ferramenta profesional do/da educador/a social. Características e estrutura xeral.

5. O equipo educativo. Concepto, características, toma de decisións.

6. O/a menor como suxeito de dereitos: concepto e evolución histórica. Lexislación actual.

7. Evolución psicolóxica na infancia e adolescencia: estadios e características.

8. Socialización e desenvolvemento na infancia e na adolescencia. A intervención socioeducativa con menores con necesidades educativas especiais.

9. Menores en situación de risco e desamparo. Recursos e servizos do sistema de protección de menores. A coordinación entre os distintos servizos: saúde, educación, servizos sociais comunitarios. A coordinación con entidades do terceiro sector.

10. O apoio e a vinculación afectiva. Concepto, desenvolvemento, consecuencias e pautas educativas.

11. Maltrato infantil: intervención socioeducativa con menores en situación de abuso e neglixencia. Protocolos de actuación.

12. Intervención socioeducativa en menores en situación de conflito social. Novas formas de violencia na infancia e na adolescencia: violencia filioparental, acoso escolar, violencia grupal.

13. Intervención socioeducativa en adiccións na infancia e adolescencia: adiccións con e sen substancias.

14. Acollemento familiar. Intervención socioeducativa. Acollemento residencial. Intervención socioeducativa. Funcións e obxectivos do acollemento residencial. Elaboración e seguimento do proxecto educativo individual (PEI).

15. Interculturalidade. Intervención socioeducativa na diversidade cultural. Servizos e recursos.

16. A calidade de vida das persoas maiores. A intervención socioeducativa con persoas maiores: a atención centrada na persoa. Programas, proxectos e servizos.

17. Diversidade funcional: conceptualización e características. Intervención socioeducativa. Inclusión educativa e social. Habilidades de interacción social en persoas con síndrome de Down e autismo. Pautas xerais para a elaboración de programas específicos.

18. Diversidade funcional: os paradigmas de calidade de vida e apoios. Recursos sociais e comunitarios. Elaboración e execución do proxecto socioeducativo individualizado e documentos para o desenvolvemento de programas. Plan individualizado de vida independente (PIVI). Plan de atención individualizado (PAI).

19. O grupo: concepto e tipoloxías. Conceptos de liderado, estrutura e características. Condución e animación de grupos. Resolución de conflitos. A mediación como recurso.

20. Animación sociocultural. Estratexias de intervención comunitaria e habilidades sociais.

21. O enfoque de xénero na intervención socioeducativa. Ferramentas de análises de xénero. Identidades de xénero. Roles de xénero. Desigualdades de xénero. Violencia machista. Estratexias de acción, o empoderamento.

22. Educación permanente de persoas adultas. Papel da educación de persoas adultas na dinámica social. Canles da educación de persoas adultas, canles de educación institucionalizada.

23. Os centros de atención para persoas con discapacidade psíquica. Finalidade, composición, funcións, normativa reguladora e dependencia administrativa.

24. A calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual. A autodeterminación e o desenvolvemento da autonomía e a responsabilidade. O desenvolvemento afectivo-sexual-emocional das persoas con discapacidade intelectual. Pautas xerais para a educación afectivo-sexual-emocional. A intervención coas familias.

25. O desenvolvemento das habilidades de interacción social nas persoas con discapacidade intelectual en centros educativos e na contorna socio-comunitaria. Aprendizaxe para a xestión do lecer e do tempo libre nestas persoas. Pautas xerais para a elaboración de programas específicos.

26. Atención temperá en Galicia: protocolos de actuación. Intervención.

27. Persoas maiores e diversidade funcional.

28. Servizos sociais comunitarios: servizo de educación e apoio familiar. Marco legal. Definición e obxectivos.

29. Medidas xudiciais con menores: servizos. Programas. Intervención socioeducativa.

30. Acoso escolar: protocolos e intervención.

31. Absentismo escolar: protocolos e intervención.

Parte específica da escala de técnicos facultativos,
especialidade de enfermaría, subgrupo A2

1. Definicións e consideracións terminolóxicas básicas: actividades da vida diaria: definición e clasificación. Instrumentos estandarizados para a súa valoración. Avaliación funcional. AVD básicas. AVD instrumentais.

2. Lei 8/2021, do 2 de xuño, sobre o apoio ás persoas con discapacidade. Definicións e consideracións terminolóxicas básicas. Definición e graos de dependencia.

3. Diferencia entre deficiencia, discapacidade e minusvalía. Relacións entre os factores do contexto real en que se desenvolve a persoa con discapacidade e/ou en situación de dependencia (persoais e ou ambientais: facilitadores, barreiras, produtos de apoio e axudas técnicas en xeral),

4. A Clasificación internacional do funcionamento da discapacidade e a saúde (CIF): obxectivos, aplicacións, propiedades, compoñentes. Modelo do funcionamento e da discapacidade. Modo de emprego.

5. Promoción da autonomía persoal e atención á dependencia: principios da lei, dereitos e obrigas dos usuarios, configuración do sistema, prestacións e catálogo de servizos, valoración (Lei 39/2006).

6. Abuso e maltrato ás persoas maiores e persoas con discapacidade. Factores ou situacións de risco, indicadores de maltrato. Os patróns de maltrato. Marco legal e xurídico. Actuación e coordinación: prevención do maltrato. Detección de sospeita de maltrato, atención ás situacións de maltrato.

7. Principios sociosanitarios de bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. Os dereitos de información sociosanitaria, intimidade e respecto da autonomía persoal da persoa maior e persoas con discapacidade.

8. Avaliación xerontolóxica integral: avaliación física e funcional, avaliación mental. Identificación de escalas de valoración estandarizadas e validadas de uso sociosanitario.

9. Avaliación xerontolóxica integral: profesionais implicados na realización. Metodoloxía da realización (observación directa, entrevista ao interesado, os seus familiares ou coidadores).

10. Dependencia e envellecemento.

11. Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Enfermidades transmisibles de maior incidencia nos centros de atención residencial e centros de atención diúrna: tipos e características. Sistema nacional de vixilancia epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria.

12. Técnicas e habilidades de comunicación e relación interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio emocional e psicolóxico da persoa maior e persoas con discapacidade.

13. Marco conceptual e modelos de enfermaría: xeneralidades. Proceso de atención de enfermaría (PAE): etapas do PAE. Plan de coidados de enfermaría: concepto e estrutura. Diagnósticos de enfermaría: concepto e tipos de taxonomía.

14. Informe de enfermaría: protocolo preingreso, acollida e adaptación. Avaliación da necesidade e intensidade dos apoios. Plan de atención individual (PAI). Seguimento e avaliación do plan de atención individual.

15. CENPOS. Funcións básicas: rexistros de enfermaría e funcións de consulta e emisión de informes.

16. Prevención da enfermidade e promoción da saúde: Concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto. Programas de saúde: definición. Factores de risco para a saúde da persoa maior e persoas con discapacidade: identificación de factores de risco e coidados de enfermaría. Inmunizacións: concepto. Clasificación e tipos de vacinas. Contraindicacións. Complicacións. Conservación, administración e pautas de vacinación.

17. Hixiene en centros de persoas maiores e persoas con discapacidade: Conceptos xerais. Antisépticos. Desinfectantes. Esterilización. Preparación e tipos de material para esterilizar, métodos de esterilización. Manipulación e conservación do material estéril. Infección nosocomial. Xestión de residuos sanitarios.

18. Medidas preventivas. Illamento residencial: concepto, tipos e descrición. Protocolos de xestión dun gromo COVID-19 en centros residenciais.

19. Valoración e coidados de enfermaría nos residentes con procesos infectocontaxiosos: hepatite, tuberculose, SIDA. Outros procesos infecciosos. Procedementos e técnicas de enfermaría. Medidas de prevención e control.

20. Valoración e coidados de enfermaría das persoas con problemas de saúde mental: principio da deterioración cognitiva, demencias. Outras alteracións psíquicas. Prevención e control ante o risco de suicidio.

21. Valoración e coidados de enfermaría a persoas maiores con síndrome de inmobilidade: definición. Etioloxía. Complicacións asociadas. Tratamento e manexo da inmobilidade. Riscos e contraindicacións da mobilización. Prevención da inmobilidade.

22. Valoración e atención de enfermaría ao residente con coidados paliativos. Conceptos e estratexias para o coidado: valoración de síntomas, medidas de confort, emprego de fármacos, dor, comunicación, apoio social, problemas éticos.

23. Administración de medicamentos. Precaucións previas á administración de fármacos. Vías de administración: definición e tipos. Puntos de elección, técnicas e problemas máis frecuentes. Cálculo de doses.

24. Alimentación e nutrición: concepto e diferenciación e coidados en persoas con alimentación enteral e parenteral. Clasificación dos alimentos. Elaboración de dietas, dietas terapéuticas. Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas de desnutrición, deshidratación, anorexia, bulimia, obesidade e sobrepeso.

25. Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas neurolóxicos: accidente cerebrovascular, epilepsia. Outros problemas do sistema nervioso. Procedementos e técnicas de enfermaría.

26. Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas respiratorios: Insuficiencia respiratoria aguda, enfermidade pulmonar obstrutiva crónica. Outros problemas broncopulmonares. Procedementos de enfermaría: oxixenoterapia e outras técnicas.

27. Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas cardiovasculares: insuficiencia cardíaca, infarto de miocardio, hipertensión arterial. Outros problemas cardiovasculares. Procedementos e técnicas de enfermaría.

28. Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas no sistema renal: insuficiencia renal aguda. Outros problemas urolóxicos. Procedementos e técnicas de enfermaría. Cateterismo vesical: concepto, indicacións e contraindicacións da sondaxe vesical. Incontinencia urinaria.

29. Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas endocrinolóxicos: diabetes. Outros problemas. Procedementos e técnicas de enfermaría.

30. Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas do sistema músculo-esquelético. Principais problemas do aparello locomotor. Procedementos de enfermaría: vendaxes, inmobilizacións e outras técnicas.

31. Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas gastrointestinais: abdome agudo, constipación intestinal, impacto fecal, diarrea, incontinencia fecal, úlcera gastroduodenal. Outros problemas gastrointestinais. Procedementos e técnicas de enfermaría.

Parte específica da escala de técnicos facultativos,
especialidade de terapia ocupacional, subgrupo A2

1. Lei de promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia: título preliminar e primeiro.

2. Procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia, elaboración do programa individual de atención e organización e funcionamento dos órganos técnicos.

3. A valoración de dependencia. Real decreto 174/2011, do 1 de febreiro, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia.

4. Historia da terapia ocupacional. Bases teóricas e conceptuais da terapia ocupacional. Definición de terapia ocupacional. O desenvolvemento da terapia ocupacional en España.

5. Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro): títulos I e II.

6. Marco de traballo para a práctica da terapia ocupacional da AOTA. Directrices e aplicación da terminoloxía uniforme. Ética e deontoloxía da terapia ocupacional.

7. Abordaxes de intervención en terapia ocupacional: promoción da saúde, restauración, mantemento, modificación e prevención da discapacidade.

8. Técnicas e habilidades de comunicación: relación terapeuta ocupacional e paciente. Relación do terapeuta con coidadores. Escoita activa. Relación de axuda. Entrevista clínica: concepto e características.

9. Marcos de referencia aplicados na disfunción física: biomecánico, neurodesenvolvemento, cognitivo-perceptivo. Marcos de referencia aplicados na disfunción psicosocial: condutual, cognitivo-condutual, psicodinámico e humanista.

10. Modelos propios de terapia ocupacional: MOHO, modelo canadense do desempeño ocupacional, modelo de discapacidade de Allen, modelo de Ayres, modelo de Kielhofner, modelo do funcionamento ocupacional de Trombly. Outros modelos en desenvolvemento: Reed&Sanderson; Reilly, M.

11. A actividade. Ferramenta terapéutica de terapia ocupacional. Análise e aplicación. Gradación da actividade.

12. Avaliación en terapia ocupacional. Diferenzas entre avaliación e valoración. Avaliación inicial, durante e ao remate do tratamento. Obxectivos e planificación do tratamento.

13. As actividades da vida diaria, concepto, clasificación. Instrumentos de valoración estandarizados.

14. Axudas técnicas. Clasificación, funcións e criterios de selección.

15. Fisiopatoloxía do envellecemento: envellecemento fisiolóxico e patolóxico. Valoración xeriátrica integral: papel do/da terapeuta ocupacional.

16. Intervención da terapia ocupacional nas síndromes xeriátricas de maior incidencia: deterioración funcional, inmobilismo, caídas, incontinencia urinaria, deterioración cognitiva e demencia.

17. Intervención de terapia ocupacional en alteracións sensoriais: visuais e auditivas. Sistemas de comunicación aumentativa e alternativa.

18. Intervención de terapia ocupacional nas patoloxías de saúde mental máis frecuentes: esquizofrenia e outros trastornos psicóticos, trastornos do estado de ánimo, trastornos relacionados con substancias.

19. Terapia ocupacional na discapacidade intelectual.

20. Intervención de terapia ocupacional en persoas afectadas de accidentes cerebrovasculares e traumatismos cranio-encefálicos.

21. Intervención da terapia ocupacional na patoloxía de orixe reumatolóxica, osteo-articular e de partes brandas.

22. Intervención da terapia ocupacional nas persoas afectadas de esclerose múltiple, párkinson, enfermidade da motoneurona.

23. Saúde mental na infancia e adolescencia. Trastornos do desenvolvemento, trastornos de conduta disruptiva, trastornos de ansiedade, psicose, trastornos alimentarios. Intervencións nos malos tratos infantís.

24. Aplicacións da terapia ocupacional. Actuación temperá. Axudas técnicas. Adestramento na autonomía persoal e integración social.

25. Intervención da terapia ocupacional nas persoas afectadas por lesións medulares.

26. Terapia ocupacional en oncoloxía. Intervención da terapia ocupacional en pacientes terminais.

27. Órteses e próteses. Concepto, clasificación, funcións e mecanismos de acción. Criterios de selección.

28. Terapia ocupacional na amputación e substitución protésica.

29. Actividades lúdicas e recreativas como terapia. Lecer e tempo libre en terapia ocupacional.

30. Centros de atención a persoas con discapacidade ou dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

Parte específica da escala de técnicos facultativos,
especialidade de traballo social, subgrupo A2

1. Políticas actuais do Estado de benestar. Concepto de xustiza social. Definición internacional de traballo social (FITS, 2014). Construción histórica do traballo social no marco do proceso e desenvolvemento do benestar social en España.

2. Marco legal dos servizos sociais: Constitución española, Estatuto de autonomía, normativa reguladora de réxime local.

3. A Lei de servizos sociais de Galicia: estrutura e contido.

4. Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia: obxecto e estrutura.

5. Voluntariado e acción social non gobernamental. Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

6. Teorías contemporáneas do traballo social. Modelos da práctica profesional. Correntes profesionais.

7. O método e a metodoloxía en traballo social. Evolución histórica da metodoloxía en traballo social. Reconceptualización e revisión dos métodos clásicos. Formulacións actuais: a estrutura básica de procedemento. Fases do proceso metodolóxico.

8. A planificación social no traballo social: plan, programa e proxecto.

9. Técnicas en traballo social: de coñecemento, de diagnóstico, de intervención e de avaliación. Instrumentos específicos en traballo social: ficha social, informe social, escalas de valoración social e proxecto de intervención social. Xestión das emocións na aplicación das técnicas e instrumentos no desenvolvemento profesional do traballo social.

10. O traballo social individual. Evolución histórica da intervención individual. Natureza, filosofía, valores e principios. Modelos na intervención individual. Diagnóstico. Deseño da intervención. Técnicas fundamentais.

11. O traballo social familiar. A familia: concepto e tipos. Os novos tipos de familia. Familia e crise. A familia multiproblema. O enfoque sistémico na intervención con familias: conceptos claves. A estrutura familiar. Os ciclos vitais. Características da entrevista sistémica. O proceso de axuda.

12. O traballo social en rede. Orixe e concepto de rede. Tipoloxía da rede. Características das redes. Funcións da rede social. Obxectivos do traballo en rede. Fases da intervención. O traballo interdisciplinar na intervención social complexa.

13. O traballo social de grupo. Concepto e evolución da intervención grupal en traballo social. Tipos de grupos. Elementos estruturais do grupo. Etapas da vida do grupo. Liderado-comunicación-conflito e negociación no grupo. As dinámicas de traballo no grupo. Obxectivos e papel do/da traballador/a social dinamizador/a do grupo.

14. Traballo social comunitario. Concepto. Modelos de intervención en traballo social comunitario. Fases metodolóxicas: análise da comunidade, diagnóstico participativo, elaboración do proxecto de intervención, negociación e implantación, avaliación continua e final.

15. A/o traballador/a social como compoñente dun equipo de traballo interdisciplinar: principios básicos, fundamento e funcións. Conceptos básicos: interprofesionalidade, multidisciplinariedade, interdisciplinariedade e transdisciplinariedade.

16. A entrevista en traballo social. Tipoloxías e técnicas aplicables. Transferencia e contra transferencia na relación profesional. A visita domiciliaria en traballo social: encadramento e estrutura.

17. A investigación social. Técnicas e aplicacións no traballo social. O informe da investigación.

18. A ética e a deontoloxía en traballo social. O código deontolóxico das/dos profesionais do traballo social: principios básicos e xerais e ámbito de aplicación. Relación cos/coas usuarios/as, profesionais e institucións. Integración e autodeterminación das persoas usuarias no proceso de intervención.

19. O Plan concertado de prestacións básicas de servizos sociais. Concepto, programas básicos e compromisos. Administracións implicadas: cooperación e coordinación.

20. O traballo social nos servizos sociais comunitarios básicos. Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

21. Os servizos sociais especializados. Concepto. Competencias. Organización. Programas. Equipamentos.

22. Normativa reguladora vixente do sistema de protección á infancia e á adolescencia autonómica: ámbitos de actuación. Concepto e tipoloxías de familia. Principios reitores e competencias. Actuacións e medidas de prevención. Dereitos e deberes do/da menor. O interese superior do/da menor. O principio de mínima intervención.

23. Niveis de atención en familia, menores e adolescentes: indicadores e actuación en situacións de risco e desamparo. Niveis e medidas de intervención e criterios de aplicación de apoio á familia (garda, tutela administrativa e ordinaria). Recursos.

24. Menores en conflito social. Menores infractores. Regulamento para a execución das medidas xudiciais privativas e non privativas de liberdade. Medidas educativas correctoras. Conciliación ou reparación entre o/a menor e a vítima.

25. Adopción: nacional. Dereitos do/da menor adoptado/a. Competencias en materia de adopción. Requisitos do/da adoptante. Valoración de idoneidade. A intervención coa familia de orixe.

26. O maltrato á infancia: definición e tipoloxía. Factores de risco. O proceso de intervención ante o maltrato infantil. Prevención. Detección e tratamento social. Protocolo de actuación ante o maltrato infantil.

27. A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

28. O traballo social no ámbito xudicial e forense. Instituto de Medicina Legal (Imelga). O papel do/da traballador/a social nas unidades de valoración forense integral (UVFI). Institucións sanitarias en servizos sociais.

29. Normativa autonómica de prevención e tratamento da violencia de xénero. Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Protocolos de actuación. Equipamentos, programas e recursos.

30. Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.

31. Diversidade funcional. Tipoloxía. Equipos de valoración: recoñecemento do grao de discapacidade. Accesibilidade: o contorno como medio facilitador do desenvolvemento biopsicosocial. Recursos orientados á prevención e ao tratamento. O papel da/do profesional de traballo social na acción integradora no nivel familiar, laboral, educativo, de ocio e tempo libre.

32. Traballo social e persoas maiores. Aspectos demográficos e sociais do envellecemento na Comunidade Autónoma de Galicia. Recursos e equipamentos: tipoloxía. O traballo social coas persoas maiores na comunidade e nas institucións: valoración e intervención. Vulnerabilidade e maltrato nas persoas maiores.

33. O Sistema galego de atención á dependencia. Definición de dependencia. Ámbito de actuación. Estrutura, composición e funcionamento dos equipos de valoración de dependencia.

34. O papel do/da traballador/a social no proceso de valoración de dependencia e na elaboración do Programa individual de atención (PIA). Catálogo de servizos e prestacións de atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

35. Traballo social e inclusión social: situacións de vulnerabilidade e cronicidade. O traballo social e o senfogar. Grupos de poboación máis vulnerables. Características. Recursos, servizos e prestacións.

36. Movementos migratorios: a poboación migrante con necesidades de atención social. Migracións e clases sociais. Papel da iniciativa social. O traballo social nesta contorna

Parte específica da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos,
especialidade de bibliotecas, subgrupo A2

Bloque I.

1. A industria do libro e da edición na actualidade. Libros electrónicos, plataformas e servizos. Licenzas dixitais. Xestión de dereitos dixitais. DRM. Especial referencia a Galicia.

2. Historia da lectura. A lectura na actualidade. A lectura dixital.

3. Definición e obxectivos da bibliografía. Teoría e técnica. Evolución histórica e estado actual.

4. Fontes de información en bibliotecas: fontes para o estudo da cultura galega, en ciencias sociais e humanidades en ciencia e tecnoloxía.

5. Fontes de información sobre literatura, libro e libro infantil e xuvenil. O libro infantil e xuvenil en Galicia.

6. A normalización na identificación bibliográfica: ISBN, ISSN e outros sistemas internacionais. Identificadores permanentes: DOI e Handle. Análise documental de contido: indexación e resumo.

7. Sistemas de xestión de calidade. Normalización e certificación. Modelos de avaliación, certificación e acreditación de calidade. As cartas de servizos.

8. Estatísticas de bibliotecas: recompilación e uso. Normativa nacional e internacional. ISO 2146, ISO 2789.

9. Espazos e equipamento nas bibliotecas públicas. Planificación de edificios e organización espacial. Xestión de espazos para coleccións, servizos, persoal e público. Espazos para a creación.

10. Organización bibliotecaria galega e española. O mapa de bibliotecas públicas de Galicia. Normativa sobre o libro, a lectura e as bibliotecas.

11. A cooperación bibliotecaria. Sistemas, redes e consorcios. Situación en España e Galicia. A Rede de bibliotecas públicas de Galicia. Organizacións bibliotecarias internacionais.

12. O patrimonio bibliográfico. Panorama histórico. Normativa reguladora en España e en Galicia.

13. O depósito legal. Normativa estatal e galega. Depósito legal de publicacións en liña.

14. Propiedade intelectual e dereitos de autor. Entidades de xestión de dereitos. Normativa. Propiedade intelectual na contorna dixital. Novas realidades editoriais: libro electrónico, publicacións electrónicas e edición dixital. Remuneración aos autores polo préstamo. O coñecemento libre baseado en licenzas creative commons.

15. Concepto de biblioteca. Tipos de bibliotecas e as súas funcións. As bibliotecas no século XXI. Especial referencia a Galicia.

16. As bibliotecas nacionais e rexionais. Concepto, funcións e servizos. A Biblioteca Nacional de España. A Biblioteca de Galicia.

17. As bibliotecas públicas. Concepto, xestión e titularidade. Funcións e servizos. As bibliotecas de xestión autonómica en Galicia.

18. As bibliotecas universitarias, escolares e especializadas. Concepto, funcións e servizos. Situación en España e en Galicia.

19. As bibliotecas dixitais: deseño, desenvolvemento e mantemento. Proxectos locais, nacionais e internacionais. Galiciana-biblioteca dixital de Galicia.

Bloque II.

1. Formación da colección: selección e adquisición. Desenvolvemento e xestión da colección: proceso técnico, almacenamento e organización das coleccións. A expurgación. A avaliación da colección.

2. Preservación da colección nas bibliotecas. Causas e factores de degradación. Métodos de conservación. Dixitalización de documentos: técnicas, procedementos e estándares. Metadatos para a preservación dixital.

3. A catalogación. Principios internacionais de catalogación. Normativa internacional e nacional relacionada. Library Reference Model (LRM) de IFLA. RDA (Resource Description and Access).

4. O formato MARC 21 para rexistros bibliográficos, autoridades e fondos. O control de autoridades. Concepto, obxectivos, normativa, tendencias internacionais e principais proxectos.

5. A clasificación bibliográfica: concepto e principais sistemas. A CDU. Encabezamentos de materia: concepto, uso e función. Principais listas de encabezamentos de materia empregados en Galicia.

6. Xestión de catálogos. A catalogación cooperativa e a catalogación centralizada. Os catálogos colectivos en España. O catálogo da Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

7. Os sistemas integrados de xestión de bibliotecas. Plataformas de servizos bibliotecarios (PSB). Novos modelos e tendencias.

8. Servizos presenciais e virtuais en bibliotecas. O servizo de préstamo. A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas GaliciaLe.

9. A área infantil e a xuvenil na biblioteca pública: recursos, espazos, servizos e actividades.

10. O servizo de información bibliográfica. O proceso de referencia. A recuperación da información.

11. Animación á lectura. Plans de fomento da lectura. A lectura como servizo público. A promoción da lectura dixital. Planificación e xestión de clubs de lectura. Clubs de lectura virtuais.

12. Difusión dos servizos e contidos da biblioteca, ferramentas e canles. Web 2.0 e redes sociais. Técnicas de promoción e mercadotecnia para servizos bibliotecarios.

13. As bibliotecas públicas como institucións da memoria. Xestión e difusión da colección local. A hemeroteca: características, función e tratamento das publicacións periódicas.

14. A función social das bibliotecas públicas. A biblioteca pública como espazo cultural. Novas formas de participación cidadá. A biblioteca inclusiva e integradora. Os obxectivos do desenvolvemento sustentable e a Axenda 2030 nas bibliotecas públicas.

15. Bibliotecas accesibles: edificio, sinalización e equipamento. Tecnoloxías para a accesibilidade. Accesibilidade das coleccións. A lectura fácil.

16. Alfabetización para o uso da información (ALFIN) e alfabetización mediática (AMI). Recursos e boas prácticas. O papel das bibliotecas fronte á desinformación.

17. O OPAC. Ferramentas de descubrimento, portais bibliotecarios e integración de recursos electrónicos.

18. Protocolos de busca e intercambio de información: Z39.50, SRU/SRW, OpenURI, OAI-PMH. Os diversos xogos de caracteres: UNICODE.

19. A xestión dos recursos electrónicos. Principais modelos de metadatos aplicados a bibliotecas. Metabuscadores e xestores de enlaces. Recolectores OAI-PMH. Repositorios institucionais. Os agregadores de contidos.

Parte específica da escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría
técnica de obras públicas, subgrupo A2

1. Redes de estradas. Normativa básica estatal de estradas. Normativa básica de estradas de Galicia: Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia. Disposicións xerais, obxecto e concepto de estrada, clasificación, definicións e titularidade.

2. Planificación e proxección, construción, financiamento e explotación de estradas na normativa básica de estradas de Galicia: Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia

3. Estudos e planificación técnica de estradas. Estudos de tráfico. Mapas e datos de tráfico. Capacidade, demanda e niveis de servizo. Avaliación de alternativas: rendibilidade socioeconómica, análise multicriterio.

4. Proxectos de estradas. Instrucións para a redacción de proxectos de estradas na Axencia Galega de Infraestruturas.

5. Protección do dominio público viario e réxime sancionador na normativa básica de estradas de Galicia: Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

6. Trazado de estradas: Norma 3.1-IC: Trazado. Orde do 23 de maio de 2019 pola que se regulan os accesos nas estradas de Galicia e nas súas vías de servizo.

7. Xeoloxía e xeotecnia en obras de estradas. Estudos xeotécnicos. Mellora de terreos. Cimentacións. Sostemento de noiros. Muros de contención. Prego de prescricións técnicas xerais para obras de estradas e pontes (PG-3): Materiais básicos, explanacións, clasificación dos solos, escavacións e recheos, terminacións, capas granulares de firme, solos estabilizados. Materiais tratados con cemento (solo cemento e grava cemento).

8. Firmes de estradas. Clasificacións e tipoloxías. Métodos de deseño. Norma 6.1-IC: Seccións de firme. Norma 6.3-IC: Rehabilitación de firmes. Prego de prescricións técnicas xerais para obras de estradas e pontes (PG-3): regas bituminosas, mesturas bituminosas, pavimentos de formigón. Mesturas SMA. Firmes reciclados.

9. Drenaxe de estradas: Norma 5.2-IC: Drenaxe superficial. Orde circular 17/2003, de recomendacións para o proxecto e construción da drenaxe subterránea en obras de estradas.

10. Estruturas e obras de paso en estradas de nova construción. Conceptos xerais: definicións, condicionantes de proxecto, materias, tipoloxías, procedementos construtivos, elementos constituíntes, aplicacións concretas. Real decreto 470/2021, do 29 de xuño, polo que se aproba o Código estrutural.

11. Estradas: equipamento viario. Sinalización vertical, horizontal e sinalización de obra. Sistemas de contención: Orde circular 35/2014, sobre criterios de aplicación en sistemas de contención de vehículos. Instrución 1/2019, do 2 de abril, pola que se valida o documento de recomendacións de sistemas de contención de vehículos en estradas de características reducidas (Resiscon). Redutores de velocidade e bandas de alerta. Elementos de balizamento.

12. Conservación ordinaria e extraordinaria de estradas. Organización e xestión. Vixilancia periódica, inspeccións programadas e inspeccións especiais. Inspeccións de obras de paso. Auscultación de firmes: fichas e patoloxías. Bancos de datos e inventarios de estradas.

13. Seguridade viaria: problemáticas, indicadores e medidas de mellora. Plan de seguridade viaria de Galicia. Real decreto 345/2011, do 11 de marzo, sobre xestión da seguridade das infraestruturas viarias. Melloras de seguridade viaria en estradas interurbanas.

14. Marco legal do sector do transporte: Lei 16/1987, de ordenación dos transportes terrestres, e as súas modificacións. Lei 38/2015, do sector ferroviario e o seu desenvolvemento regulamentario. Transporte marítimo en augas interiores de Galicia.

15. Transporte de viaxeiros: características, repartición modal e evolución. Transporte de viaxeiros por estrada no ámbito metropolitano e interurbano. Plan de transporte público de Galicia. Estacións de autobuses e estacións intermodais de viaxeiros. Mobilidade sustentable. Instrución 3/21, do 25 de marzo, da Axencia Galega de Infraestruturas, para o deseño de sendas peonís e ciclistas. Accesibilidade: Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade e o seu regulamento de desenvolvemento.

16. Transporte de mercadorías: características, repartición modal e evolución. Conceptos xerais de intermodalidade no transporte de mercadorías. Centros loxísticos e portos secos. Rede transeuropea de transporte (RTE-T): conceptos xerais e regulación europea.

17. Marco legal para a xestión ambiental: Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade. Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia. Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000. Lei 5/2019, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

18. Marco internacional sobre o ambiente: organismos e convenios internacionais. Principais directivas europeas en materia ambiental. Directiva sobre a avaliación dos efectos de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente. Directiva relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente. Axenda 2030: Obxectivos de desenvolvemento sustentable.

19. Marco legal sobre patrimonio cultural en Galicia: Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, e o seu desenvolvemento normativo. Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, e o seu desenvolvemento normativo. Directrices da paisaxe de Galicia.

20. Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e o seu desenvolvemento regulamentario. Bens de dominio público marítimo-terrestre: clasificación, definicións e o seu réxime de utilización. Limitacións de propiedade sobre os terreos contiguos á ribeira do mar. Réxime de competencias das distintas administracións. Decreto 97/2019, do 18 de xullo, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

21. Marco legal da expropiación forzosa: Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa; Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa. Expropiación forzosa: principios xerais. Procedemento xeral. Procedementos específicos. Procedemento de urxencia segundo o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Garantías xurisdicionais. Dereito de reversión.

22. Os proxectos de obras. A súa autorización. Servizos afectados. Anteproxectos e estudios previos. Estrutura do proxecto. Pregos de cláusulas administrativas: xerais e particulares. As normas técnicas e os pregos de condicións técnicas. A implantación.

23. A execución do contrato de obra. Réxime de relacións co contratista. Programación de actividades de obra. Control e seguimento do traballo. Certificacións e relacións valoradas. Modificación de contratos. Recepción de obras e medición final.

24. Seguridade e saúde en construción e obras públicas. Lei 31/95, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Real decreto 1627/1997, de disposicións mínimas de seguridade e saúde en obras de construción. Outras disposicións vixentes en materia de seguridade e saúde laboral. Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia. Xestión de residuos en obra. Utilización de residuos en obra pública. Vixilancia ambiental de obras.

25. Sistemas de aseguramento da calidade en obras. Normativa técnica. Control de calidade nos pregos de condicións. Control de materiais e de execución: xeométrico, cualitativo, cuantitativo. Ensaios de recepción e probas finais. Ferramentas tecnolóxicas de control en construción e explotación: Sistemas LIDAR, sistemas de información xeográfica, uso de drons (UAV), Building Information Modelling (BIM), sistemas SCADA de operación e control remoto.

26. Organización portuaria estatal: marco legal. Portos do Estado. Administración portuaria en Galicia: Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento regulamentario. Ente público Portos de Galicia. Recomendacións obras marítimas: serie 0: ROM 0.0-01 e ROM 0.5-05.

27. Obras portuarias exteriores. Diques de abrigo, criterios de selección e deseño, métodos construtivos. Atracadas e instalacións non abrigadas. Estudos económicos. Recomendacións obras marítimas: serie 1: ROM 1.0-09 e ROM 1.1-18.

28. Obras portuarias interiores: obras de atracada, tipoloxía, criterios de deseño. Dragaxes, recheos e pavimentacións. Equipamentos de carga, descarga e manipulación de mercadorías: criterios de selección. Recomendacións obras marítimas serie 2: ROM 2.0-11 e serie 4: ROM 4.1-18.

29. Enxeñaría de costas: dinámica litoral. Actuacións de defensa e rexeneración de costas e praias: criterios de deseño. Paseos marítimos: xustificación, criterios de deseño.

30. Administración pública da auga. Repartición competencial. Marco lexislativo estatal: Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico. Marco lexislativo autonómico: Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e o seu desenvolvemento regulamentario.

31. Planificación hidrolóxica. Marco legal: Real decreto 927/1988 polo que se aproba o regulamento de administración pública da auga e a planificación hidrolóxica, e Decreto 1/2015 polo que se aproba o Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia e se regulan determinadas cuestións en desenvolvemento da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. O proceso de planificación hidrolóxica. Contido dos plans hidrolóxicos de bacía. Lei 10/2001, do 5 de xullo, do Plan hidrolóxico nacional. O Plan hidrolóxico nacional. Plans hidrolóxicos en Galicia. O Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

32. Inundacións e secas. Directiva 2007/60/CE e Real decreto 903/2010, de avaliación e xestión do risco de inundacións. Lei 9/2019, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Plans de xestión de risco de inundación (PXRI). PXRI de Galicia-Costa. Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario. Plans especiais de seca. Plan de seca da demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Previsión e cálculo de máximas crecidas. Sistemas de alerta temperá. Medidas de prevención, mitigación, protección e corrección. Caracterización das secas, indicadores e medidas.

33. Recursos hídricos superficiais e subterráneos. Ciclo hidrolóxico. Avaliación de recursos en réxime natural, recursos dispoñibles. Caudais ecolóxicos. Demandas. Balances hídricos. Modelos de optimización e simulación de recursos. Características xerais do balance hídrico nacional, de Galicia e da demarcación hidrográfica Galicia-Costa (DHGC). Principais características das augas superficiais e subterráneas da DHGC. Control de caudais superficiais e subterráneos: redes oficiais.

34. Usos comúns e privativos da auga. Réxime concesional e o seu procedemento. Rexistro de augas. Comunidades de usuarios. Concesións para abastecemento de poboacións. Sistemas de abastecemento á poboación, normativa e criterios de deseño: captacións, estacións de tratamento de auga potable, depósitos e redes de distribución.

35. Concesións para rega. Comunidades de regantes. Concesións para aproveitamentos hidroeléctricos. Presas e balsas: tipoloxías, construción, auscultación, explotación e conservación. Seguridade de presas e encoros. Control e seguimento de caudais ecolóxicos.

36. A protección do dominio público hidráulico e a calidade das augas. Verteduras ao dominio público hidráulico e verteduras mariñas na demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Autorizacións de vertedura. Sistemas de saneamento e depuración de augas residuais urbanas, normativa e criterios de deseño: redes de saneamento, bombeos e tanques de retención, estacións depuradoras de augas residuais urbanas, conducións de desaugamento e emisarios. Técnicas de drenaxe urbana sustientale. Reutilización de augas depuradas.

37. Autorizacións no dominio público hidráulico, nas zonas de servidume e na zona de policía. Limitacións nas zonas inundables. Actuacións menores de mantemento e conservación. Obras fluviais, normativa e criterios de deseño: protección, corrección e regularización de leitos; canalizacións; obras de defensa de poboacións; restauración de ríos e técnicas de enxeñaría biolóxica.

38. Ordenación do territorio en Galicia. Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia. Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as directrices de ordenación do territorio.

39. Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Decreto 146/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia. Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia

Parte específica da escala de xestión de sistemas de informática, subgrupo A2

1. Dirección e xestión de proxectos. Xestión da integración. O plan xeral do proxecto. Xestión do alcance. Xestión do custo. Orzamentos. Xestión do tempo. Técnicas de planificación. Xestión da calidade. Plan de calidade. Capacidades do xefe de proxecto. Xestión das comunicacións. Xestión do risco. Continxencias. Xestión da subcontratación e adquisicións

2. Sistemas de xestión de calidade. Normalización e certificación. EFQM. Serie ISO 9000. CMMI.

3. A biblioteca de infraestrutura TI (ITIL). Soporte ao servizo. Entrega de servizos. ISO/IEC 20000-1:2018, ISO/IEC 20000-2:2019. Obxectivos da norma. Mapa e descrición dos procesos. Aspectos legais.

4. Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o esquema nacional de seguridade. Real decreto 4/2010 polo que se regula o esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica. Instrucións técnicas de desenvolvemento do ENS e do ENI.

5. Factura electrónica. Lei 6/2020, do 11 de novembro, reguladora de determinados aspectos dos servizos electrónicos de confianza. Lei de servizos da sociedade da información e comercio electrónico. Accesibilidade. Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o sistema de facturación electrónica da Xunta de Galicia.

6. Normativa no ámbito da propiedade intelectual. A protección xurídica dos programas de ordenador. Tipos de licenzas. Software de fontes abertas (FLOSS).

7. Lexislación sobre protección de datos. Normativa europea e nacional. Regulamento (UE) nº 2016/679, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos. Principios e dereitos. Obrigas. A Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A Axencia Española de Protección de Datos.

8. Plan director de seguridade TIC da Xunta de Galicia. Decreto 230/2008 polo que se establecen as normas de boas prácticas na utilización dos sistemas de información da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Resolución da Amtega, do 10 de xullo de 2015, pola que se dá publicidade á política de seguridade da información da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal

9. Implantación da Administración electrónica. Sede electrónica e servizos de sede. Rexistro electrónico. Expediente electrónico. Arquivo electrónico de documentos. Notificacións telemáticas. Dixitalización, compulsa electrónica. Factura e licitación electrónicas. Interoperabilidade. Iniciativas do Goberno galego: Osimga, Rede CeMIT, Plan de banda larga 2020, Axenda dixital de Galicia 2020. Estratexia de impulso ao sector TIC. Plan de administración e goberno dixitais 2020. Sistemas de información.

10. Definición e estruturas dos sistemas de información. Subsistema físico e lóxico. Principios de funcionamento dos ordenadores. Arquitectura e compoñentes dos ordenadores. Unidade central e periféricos. Servidores. Posto de traballo. Dispositivos persoais.

11. Estruturas da información. Modelo entidade-relación. Entidades e atributos. Relacións. Diagramas de entidade-relación.

12. Sistemas de xestión de bases de datos. Modelo relacional. Normalización. SQL. Linguaxe de definición de datos (DDL), linguaxe de manipulación de datos (DML) e linguaxe de control de datos (DCL).

13. Datawarehouse. Data Marts. Arquitectura. Análise multidimensional e arquitecturas OLAP. ROLAP/MOLAP/HOLAP. Minaría de datos. Xeración de informes á dirección. Captura, almacenamento, procesamento e análise de grandes volumes de información (Big Data).

14. Sistemas de xestión de contidos. Sistemas de xestión documental. Xestión do coñecemento. Os sistemas de información xeográfica (SIX).

15. Motores de busca. Servidores de mensaxaría. Sistemas de correo. Listas de distribución. Grupos de noticias de rede (NNTP). Sistemas de videoconferencia: dimensionamento e calidade do servicio nas comunicacións, acondicionamento de salas e equipamentos. Streaming de vídeo. Mensaxaría instantánea. Accesibilidade e usabilidade. W3C. E-learning. Web 2.0. Wikis. Blogs. Comunidades virtuais. Redes sociais. Sindicación de contidos. Podcast. Suites de ofimática en web. Almacenamento en web. Escritorios virtuais. P2P. Web semántica.

16. Ferramentas ofimáticas. Procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos, presentacións. Suites de ofimática na nube.

17. Arquitectura das redes intranet e internet: concepto, estrutura e características. A súa implantación nas organizacións.

18. Modelo de capas: servidores de aplicacións, servidores de datos, granxas de servidores. Scripts do cliente.

19. Arquitecturas.net. Arquitecturas J2EE.

20. Arquitectura SOA. Servizos web. Tecnoloxías XML.

21. Patróns de deseño e frameworks para o desenvolvemento de aplicacións. MVC, JSF. Antipatróns.

22. HTML. Aplicacións da internet enriquecidas (RIA). AJAX. Desenvolvementos para dispositivos móbiles. Enxeñaría do software.

23. Enxeñaría do software. Proceso software, modelos de proceso software. Proceso unificado. Ciclos de vida. Modelos de ciclo de vida. Fases do ciclo de vida. Modelos de desenvolvemento. Modelos áxiles. Metodoloxías de desenvolvemento de software. Métrica versión 3.

24. Análise estruturada. Análise orientada a obxectos. Linguaxe unificada de modelaxe (UML). Deseño. Deseño estruturado. Deseño de datos. Deseño da interface de usuario. Deseño procedemental. Deseño orientado a obxectos.

25. Enxeñaría de requisitos. Verificación. Validación. Especificación de requisitos. Xestión de requisitos.

26. Técnicas de programación. Programación estruturada. Programación orientada a obxectos. Enxeñaría inversa e reenxeñaría.

27. Métodos de proba do software. Fundamentos. Estratexia de proba do software: verificación e validación. Caixa negra e caixa branca. Probas de contorno e aplicacións especializadas. Probas funcionais. Probas de integración. Probas de regresión. Probas de validación.

28. Seguridade da información. Confidencialidade, integridade e dispoñibilidade. Medidas de seguridade físicas, técnicas, organizativas e legais. Identificación e autenticación. Control de accesos físicos e lóxicos. Control de fluxo de datos. Centros de operacións de ciberseguridade (CERT/CSIRT).

29. Seguridade en redes: redes perimetrais. DMZ. Cortalumes. Intrusións. Accesos non autorizados. Técnicas de seguridade preventivas e reactivas. Outros equipamentos de seguridade en rede (WAF, antiDDOS...). Sistemas de xestión de eventos e información de seguridade (SIEM).

30. Certificados dixitais. Tarxetas criptográficas. Sinatura dixital. Técnicas de cifraxe. Infraestrutura de clave pública (PKI).

31. Virus e outro software maligno avanzado. Ameazas persistentes avanzadas (APT). Tipos. Medios preventivos e reactivos. Sistemas antivirus e de protección. Sistemas antivirus e de protección. Sistemas de protección ante malware avanzado (solucións de sandboxing). Telecomunicacións.

32. Redes LAN, MAN e WAN. Estrutura de redes: troncal, distribución acceso. Redes públicas de transmisión de datos. Modelo OSI. Protocolos de rede. TCP/IP. Elementos de interconexión de redes. Concentradores, conmutadores, repetidores, pontes, encamiñadores, pasarelas. Xestión de redes. Configuración de redes.

33. Redes de telefonía móbil, cable, PLC, redes radio (LMDS, Wimax), satélite, liñas punto a punto, MetroEthernet.

34. Tecnoloxías sen fíos: Bluetooth, WiBree, Wireless USB, Wi-Fi. RFID. Tecnoloxías móbiles.

35. Concepto, evolución e tendencias dos sistemas operativos. Sistema operativo UnixLinux. Sistema operativo Windows.

36. Servidores de mensaxaría. Sistemas de correo. Servidores de aplicacións e servidores web. Sistemas de directorio e protocolo de acceso LDAP.

37. Administración e xestión de sistemas e almacenamento. Virtualización de servidores. Virtualización do posto cliente. Computación baseada en servidor (SBC). Grid Computing. Cloud Computing: IaaS, PaaS e SaaS. Green IT e eficiencia enerxética. Redes SAN e elementos dun SAN. Virtualización do almacenamento. Xestión do ciclo de vida da información (ILM). Sistemas de backup: hardware e software de backup. Estratexias de backup a disco. Replicación local e remota, estratexias de recuperación.

Parte específica da escala de enxeñeiros técnicos,
especialidades de enxeñaría técnica agrícola, subgrupo A2

1. Regulamento (UE) nº 1308/2013 polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios, modificado polo Regulamento (UE) nº 2021/2117 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, que modifica o Regulamento (UE) nº 1308/2013 polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios (agás anexos).

2. Real decreto 95/2019 polo que se establecen as condicións de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacións de produtores e das organizacións interprofesionais no sector.

3. Real decreto 1338/2018 polo que se regula o potencial de produción vitícola: completo, agás os anexos.

4. Lei 12/2013, de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Lei 2/2000, reguladora dos contratos tipo de produtos agroalimentarios.

5. Decreto 125/2014 polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final.

6. Lei 4/2015, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

7. Real decreto 1098/2001 polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: só os artigos básicos consonte a disposición derradeira primeira.

8. Real decreto 105/2008 polo que se regula a produción e xestión de refugallos de construción e demolición.

9. Real decreto 1627/1997 polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

10. Real decreto 9/2015 polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa comunitaria en materia de hixiene na produción primaria agrícola.

11. Lei 2/2005, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.

12. Lei 24/2003, da viña e do viño.

13. Regulamento (UE) nº 1169/2011 sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

14. Regulamento (UE) nº 1151/2012 sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios, modificado polo Regulamento (UE) nº 2021/2117 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, que modifica o Regulamento (UE) nº 1151/2012, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios.

15. Regulamento delegado (UE) nº 664/2014 polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1151/2012 no que se refire ao establecemento dos símbolos da Unión para as denominacións de orixe protexidas, as indicacións xeográficas protexidas e as especialidades tradicionais garantidas e no que atinxe a determinadas normas sobre a procedencia, certas normas de procedemento e determinadas disposicións transitorias adicionais. Regulamento de execución (UE) nº 668/2014, que establece as normas de desenvolvemento do Regulamento (UE) nº 1151/2012 sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios: completo, agás os anexos.

16. Decreto 4/2007 polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores.

17. Regulamento (UE) nº 2019/787 sobre a definición, designación, presentación e etiquetaxe das bebidas espirituosas, a utilización dos nomes das bebidas espirituosas na presentación e etiquetaxe doutros produtos alimenticios, a protección das indicacións xeográficas das bebidas espirituosas e a utilización de alcol etílico e destilados de orixe agrícola nas bebidas alcohólicas.

18. Regulamento (UE) nº 2018/848 sobre produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos (agás anexos).

19. Código galego de boas prácticas agrarias.

20. Lei 30/2006, de sementes e plantas de viveiro e recursos fitoxenéticos: completa, agás o título V. Real decreto 1054/2021, do 30 de novembro, polo que se establecen e regulan o Rexistro de operadores profesionais de vexetais, as medidas que deben cumprir os operadores profesionais autorizados a expedir pasaportes fitosanitarios e as obrigas dos operadores profesionais de material vexetal de reprodución, e se modifican diversos reais decretos en materia de agricultura

21. Lei 43/2002, de sanidade vexetal.

22. Real decreto 1311/2012 polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios.

23. Decreto 46/2017 polo que se regulan a inscrición e o funcionamento do Rexistro oficial de produtores e operadores de medios de defensa fitosanitaria: completo, agás os anexos.

24. Decreto 60/2014 polo que se regulan as inspeccións periódicas dos equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios e se crea o Comité Fitosanitario Galego: completo, agás os anexos.

25. Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013: título I, II, III e IV (agás anexos).

26. Real decreto 1075/2014 sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural: completo, agás as seccións 2ª, 4ª, 6ª, 7ª e 8ª do capítulo I do título IV (agás anexos).

27. Real decreto 1076/2014 sobre a asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da política agrícola común: completo, agás os anexos. Real decreto 1077/2014 polo que se regula o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac).

28. Real decreto 1078/2014 polo que se establecen as normas da condicionalidade que deben cumprir os beneficiarios que reciban pagamentos directos, determinadas primas anuais de desenvolvemento rural ou pagamentos en virtude de determinados programas de apoio ao sector vitivinícola.

29. Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013. Títulos I, II, III e IV (agás anexos).

30. Regulamento delegado (UE) nº 807/2014 que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e introduce disposicións transitorias: capítulo I e capítulo II.

31. O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-20: punto 8, de descrición das medidas seleccionadas (M02, M03, M04, M06, M10, M11 e M13).

32. Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, polo que se regula a intervención sectorial vitivinícola no marco do Plan estratéxico da política agrícola común.

33. Decreto 332/1995 polo que se establecen na Comunidade Autónoma de Galicia axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios. Resolución do 2 de decembro de 2021, da Subsecretaría, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, do 30 de novembro de 2021, polo que se aproba o cuadraxésimo terceiro Plan de seguros agrarios combinados.

34. Decreto 200/2012 polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

35. Real decreto 448/2020 sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola: completo, agás o anexo I, o anexo III, o anexo IV, o anexo V, o anexo VI, o anexo VII, o anexo VIII e o anexo IX.

36. Decreto 149/2018 polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural: capítulo I, capítulo II (sección 1ª, sección 5ª e sección 6ª) e capítulo III.

37. Decreto 7/2014 polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria: anexo (título I, título II e título III (capítulo II e capítulo III). Decreto 52/2018 polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos: anexo (capítulo I e capítulo II (sección 4ª). (Decreto 107/2019, do 5 de setembro, polo que se modifican os estatutos da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, aprobados polo Decreto 52/2018, do 5 de abril).

Parte específica da escala de técnicos facultativos,
especialidade de educador infantil, subgrupo A2

1. A educación infantil no marco da LOMLOE. O Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Decreto 329, do 28 de xuño de 2005, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

2. Visións actuais da infancia desde as ciencias humanas. As necesidades básicas da infancia. Os dereitos da infancia.

3. Influencia das diferentes correntes pedagóxicas e psicolóxicas da educación infantil. Visión actual das súas achegas. Experiencias renovadoras relevantes.

4. A psicoloxía evolutiva na educación infantil de 0 a 3 anos. Características xerais da infancia ata os 3 anos. Principais factores que interveñen no desenvolvemento das nenas e dos nenos. Etapas e momentos máis significativos.

5. O desenvolvemento psicomotor nos nenos e nas nenas ata os 3 anos. A psicomotricidade no currículo da educación infantil. Intervención educativa. Achega de diferentes autores.

6. O desenvolvemento cognitivo ata os 3 anos. O coñecemento da realidade. A observación e a exploración do mundo físico, natural e social.

7. O desenvolvemento da linguaxe. Linguaxe e pensamento. Evolución da compresión e da expresión. A comunicación non verbal. Problemas máis frecuentes da linguaxe infantil.

8. O desenvolvemento da personalidade. O desenvolvemento afectivo, emocional e das relacións sociais nos nenos e nas nenas de cero a tres anos. O desenvolvemento da autonomía persoal a través da elaboración dunha imaxe positiva de si mesmo.

9. O neno descobre os outros nenos. Proceso de descubrimento, de vinculación e aceptación. Establecemento de vínculos afectivos e pertenza ao grupo. A escola como institución socializadora. O papel da escola infantil na prevención e intervención con nenos e nenas en situación de risco social.

10. Educación para á saúde. Hixiene, alimentación, descanso e actividade infantil, como elementos educativos. Prevención de accidentes, primeiros auxilios e enfermidades infantís.

11. A educación para a igualdade como elemento transversal nas estratexias educativas. A Lei galega para a igualdade de homes e mulleres: implicacións no currículo da educación infantil.

12. A educación afectivo-sexual na etapa infantil. Descubrimento e identificación co propio sexo. Estratexias educativas para evitar a discriminación de xénero.

13. A escola inclusiva e a atención á diversidade na educación dos nenos e nenas de 0-3 anos. A práctica educativa para dar resposta ás necesidades individuais. As necesidades específicas de apoio educativo. A colaboración cos diferentes axentes implicados. Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

14. A familia como primeiro axente de socialización. Coñecemento da diversidade familiar existente. Relación familia-escola e período de adaptación. O labor titorial e a comunicación coas familias.

15. O proxecto educativo de centro. Proposta pedagóxica. Funcións e elementos que o forman. A importancia de programar en equipo. A avaliación, funcións, estratexias e recursos para levala a cabo.

16. A organización dos espazos e do tempo. Criterios para unha adecuada distribución e organización espacial e temporal. Hábitos e rutinas cotiás. A avaliación dos espazos e do tempo.

17. Principio de intervención educativa na educación infantil. O enfoque globalizador. Sentido e significado da aprendizaxe. Unha metodoloxía baseada na observación e na experimentación. A concreción no marco do proxecto curricular.

18. Tipo de xogo no primeiro ciclo da educación infantil. Importancia do xogo libre. A importancia do acompañamento do xogo por parte do educador/a. Selección, utilización e avaliación dos recursos materiais na educación infantil e a súa planificación. Xogos e xoguetes para estas idades. Autores de referencia.

19. A función do mestre e a mestra en educación infantil. A intencionalidade educativa. Relacións interactivas entre o/a neno/a e o/a educador/a.

20. A lexislación lingüística no ensino infantil: a Lei de normalización lingüística e o Plan xeral de normalización da lingua galega no referente ao ensino.

21. A normalización lingüística como elemento transversal nas estratexias educativas. A situación sociolingüística: definición e descrición. Papel dinamizador da escola.

22. O ensino e a aprendizaxe da lingua na educación infantil. Técnicas recursos para a comprensión e a expresión oral. A literatura infantil. O conto: o seu valor educativo. A poesía na educación dos nenos e das nenas. Criterios para a selección e emprego destes recursos.

23. A educación musical na educación infantil. O descubrimento do son e o silencio. Características e criterios de selección das actividades musicais. Os recursos didácticos. A tradición musical propia e doutras culturas.

24. Evolución da expresión plástica nos nenos e nas nenas. Elementos básicos da linguaxe plástica. Estratexias metodolóxicas e de avaliación da expresión plástica.

25. A expresión corporal. O xesto e o movemento. A expresión corporal como axuda na construción da identidade e da autonomía persoal. As actividades dramáticas axeitadas á infancia de 0 a 3 anos.

26. Formación de capacidades relacionadas co desenvolvemento lóxico-matemático. Recursos didácticos e actividades adecuados á etapa de educación infantil.

Parte específica da escala de técnicos facultativos,
especialidade de fisioterapia, subgrupo A2

1. Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade, migracións, crecemento vexetativo.

2. Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, transcendencia, vulnerabilidade e custo.

3. Sistemas de información utilizados en atención primaria e atención especializada: historia clínica. Rexistros específicos de actividade en atención primaria e atención especializada. Informe á alta. Clasificacións internacionais de problemas de saúde (CIAP, CIE-10, NANDA): características xerais.

4. Discapacidade e dependencia. Escalas de valoración. Obxectivos.

5. Cinesioloxía: eixes e planos do corpo. Movementos articulares elementais. Goniometría articular: concepto, rexistro, técnicas goniométricas e amplitudes articulares dos MM.SS. MM.II. e columna vertebral. Valoración muscular: principios xerais, sistemas de gradación, técnica de valoración muscular.

6. Fisioterapia respiratoria. Valoración, diagnóstico de fisioterapia e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes: EPOC e asma. Cirurxía cardiorrespiratoria e outras cirurxías.

7. Fisioterapia en pacientes críticos. Valoración, diagnóstico de fisioterapia e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico: pacientes na UCI. Parada cardiorrespiratoria. Obstrución da vía aérea. Reanimación cardiopulmonar básica.

8. Fisioterapia nas alteracións traumatolóxicas. Valoración, diagnóstico de fisioterapia e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes. Fisioterapia no deporte: técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes.

9. Fisioterapia nas alteracións osteoarticulares e de partes brandas. Alxias crónicas. Valoración, diagnóstico de fisioterapia e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes.

10. Fisioterapia nas malformacións conxénitas. Valoración, diagnóstico de fisioterapia e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes.

11. Fisioterapia nas alteracións reumatolóxicas. Valoración, diagnóstico de fisioterapia e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes: artropatías inflamatorias, reumatismos dexenerativos, periartrite escápuloumeral.

12. Fisioterapia nas alteracións do sistema nervioso central: valoración, diagnóstico de fisioterapia e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes do sistema nervioso central: síndromes neurolóxicas, lesións da medula espiñal, lesións cerebrais.

13. Fisioterapia nas alteracións do sistema nervioso periférico: valoración, diagnóstico de fisioterapia e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas afeccións máis frecuentes: poliomielite anterior aguda, lesións do plexo braquial e membro inferior, parálises periféricas tronculares.

14. Fisioterapia nas alteracións do desenvolvemento psicomotor infantil: valoración, e actividades de promoción e prevención. Valoración, diagnóstico de fisioterapia e métodos de tratamento fisioterapéutico da parálise cerebral (PC), valoración dos trastornos motores e dos trastornos asociados. Educación terapéutica na PC.

15. Fisioterapia en xeriatría e xerontoloxía: valoración, diagnóstico de fisioterapia e obxectivos fisioterápicos, escalas de actividades da vida diaria (AVD), actividades de prevención de caídas e outros riscos. Promoción da saúde. Programas de revitalización e exercicio terapéutico.

16. Fisioterapia nas enfermidades neurodexenerativas; valoración, diagnóstico de fisioterapia, obxectivos fisioterápicos e métodos de tratamento fisioterapéutico.

17. Fisioterapia no adulto. Proceso de fisioterapia en pacientes con hipertensión (HTA), diabetes, obesidade e risco cardiovascular. Fisioterapia nas alteracións do solo pélvico.

18. Fisioterapia nas alteracións do sistema vascular periférico. Valoración, diagnóstico de fisioterapia e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico. Paciente amputado.

19. Fisioterapia nas alteracións da aliñación vertebral. Valoración, diagnóstico de fisioterapia e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico.

20. Fisioterapia nas alxias vertebrais. Valoración, diagnóstico de fisioterapia e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico. Escola das costas: hixiene postural e prevención.

21. Cinesiterapia: concepto e modalidades. Principios xerais, indicacións e contraindicacións. Cinesiterapia pasiva e activa. Definición e tipos. Exercicio terapéutico. Efectos terapéuticos, indicacións e contraindicacións.

22. Electroterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Clasificación das correntes eléctricas máis utilizadas en fisioterapia. Axuste entre o aparello de electroterapia e o paciente: factores que se deben valorar. Normas de seguridade no manexo de aparellos de electroterapia. Técnicas electroterápicas con correntes de baixa, media e alta frecuencia. Indicacións terapéuticas e contraindicacións.

23. Ultrasonoterapia, laserterapia, magnetoterapia. Indicacións terapéuticas e contraindicacións. Técnicas de aplicación.

24. Masoterapia. Concepto, indicacións e contraindicacións. Efectos terapéuticos. Técnicas de masoterapia e manobras fundamentais: rozamento, fricción, presión, amasadura, vibración e percusión.

25. Técnicas especiais de masoterapia: masaxe transversa profunda, drenaxe linfática manual e masaxe do tecido conxuntivo: efectos fisiolóxicos e terapéuticos, técnicas específicas, indicacións e contraindicacións.

26. Mecanoterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Equipamentos especiais: aparellos de tracción, bicicleta cinética, mesa de man, espaleiras, escaleiras, ramplas, escaleiras de dedos, táboa de Boheler: utilidades e aplicacións.

27. Avaliación da marcha normal e patolóxica. Reeducación nas diferentes patoloxías. Axudas técnicas para a marcha.

28. A vendaxe funcional e neuromuscular: concepto e aplicacións. Métodos. Indicacións e contraindicacións.