Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65141

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022 pola que se aproban os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración xeral ou para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, ou para o ingreso nas categorías do grupo I de persoal laboral fixo do V Convenio colectivo da Xunta de Galicia, correspondentes aos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

De conformidade coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro), a Consellería de Facenda e Administración Pública publicou o Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da dita Lei 20/2021 (DOG núm. 102, do 30 de maio de 2022).

De acordo co establecido no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sinálase como un dos principios reitores para o acceso ao emprego público a adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se van desenvolver.

Co fin de dar a coñecer coa suficiente antelación os programas que rexerán os ditos procesos selectivos que se convoquen, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, no exercicio das facultades outorgadas polo artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, oída a Comisión de Persoal, esta consellería

DISPÓN:

Aprobar e publicar os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración xeral, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías do grupo I de persoal laboral fixo do V Convenio colectivo da Xunta de Galicia.

O contido dos temarios é o que figura como anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Parte xeral do corpo superior da Administración xeral

Bloque I.

1. Constitución española do 27 de decembro de 1978.

2. Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional.

3. Lei 50/1997, do 27 de novembro, de organización, competencia e funcionamento do Goberno.

4. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

5. Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia.

6. Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia.

7. Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo de Galicia.

8. Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia.

9. Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.

10. Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

11. Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas.

Bloque II.

12. Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia.

13. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia.

14. Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

15. Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

16. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

17. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

18. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Títulos II e IV.

19. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.

20. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

21. Lei 9/2017, de contratos do sector público. Libros I e II.

22. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

23. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Parte específica do corpo superior da Administración xeral

Bloque I. Teoría xeral do dereito e dereito administrativo xeral.

1. As fontes de dereito: teoría xeral e regulación no Código civil. Articulación do sistema de fontes: principios de xerarquía e competencia.

2. O dereito obxectivo. As normas xurídicas; caracteres, estrutura e clases. Interpretación, aplicación e eficacia das normas xurídicas.

3. O tempo no dereito obxectivo: ámbito temporal das normas. O tempo en relación cos dereitos subxectivos e as accións: prescrición e caducidade. Cómputo do tempo. Eficacia espacial das normas.

4. A persoa como suxeito do dereito. A personalidade xurídica. Persoas físicas: adquisición e perda da personalidade. Capacidade de obrar. As persoas xurídicas.

5. O dereito civil galego. A Lei de dereito civil de Galicia. Principais institucións do dereito civil galego.

6. As fontes do dereito administrativo. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos.

7. O regulamento: concepto e clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.

8. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.

9. A relación xurídico-administrativa: concepto e suxeitos da relación xurídico-administrativa. As administracións públicas. O administrado. A súa capacidade xurídica e de obrar. As situacións xurídicas do administrado en xeral. Situacións xurídicas de carácter activo: potestades do administrado. Situacións xurídicas pasivas: situación de suxeición e deber do administrado.

10. O principio de legalidade da Administración: a súa construción técnica. As potestades administrativas: concepto. A atribución de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. O control da discrecionalidade: en especial, o control do fin e a desviación de poder. O principio de autotutela.

11. O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.

12. A atención ao cidadán na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.

13. A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. A Axencia Española de Protección de Datos.

14. Actos administrativos en particular: a licenza, autorización ou permiso; réxime xurídico. Referencia á concesión e as súas clases.

15. O servizo público. Formas de xestión dos servizos públicos. Xestión directa e indirecta.

16. A expropiación forzosa. A súa xustificación e natureza. Lexislación vixente: a repartición competencial. Suxeitos, obxecto e causa da expropiación O procedemento expropiatorio xeral. Particularidades do procedemento de urxencia. A reversión do ben expropiado. Garantías do expropiado. O Xurado de Expropiación Forzosa de Galicia.

17. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración: particularidades e réxime común cos bens demaniais. O dominio público: concepto, natureza xurídica, elementos e réxime xurídico.

18. O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Tráfico xurídico do patrimonio. Utilización e aproveitamento do patrimonio. Xestión do patrimonio. Protección e defensa.

Bloque II. Unión Europea.

19. A Unión Europea tras o Tratado de Lisboa: o Tratado da Unión e o Tratado de funcionamento da Unión. As cooperacións reforzadas.

20. A organización da Unión Europea (I): O Consello Europeo, o Consello e a Comisión Europea. Composición e funcións. O procedemento decisorio. A participación dos Estados membros nas diferentes fases do proceso.

21. A organización de la Unión Europea (II): o Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea. O Tribunal de Contas. O Banco Central Europeo.

22. O orzamento comunitario. Os fondos estruturais. A cohesión económica e social.

23. As fontes do dereito da Unión Europea. Dereito orixinario. Dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes. As relacións entre o dereito da Unión Europea e o ordenamento xurídico dos Estados membros.

Bloque III. Dereito autonómico xeral e dereito local.

24. A Administración xeral do Estado. A súa organización e funcionamento: órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados e os subdelegados do Goberno nas comunidades autónomas.

25. O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública: concepto. Principios constitucionais informadores. Goberno e Administración: control dos actos políticos.

26. O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. A Organización Xudicial Española. O Ministerio Fiscal.

27. A Administración institucional. Entidades que o integran: os organismos públicos. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. As axencias.

28. A autonomía política. Principios xerais: xurisprudencia constitucional. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos.

29. A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o Estatuto no sistema constitucional; Estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o Estatuto como norma subordinada á Constitución; posición do Estatuto respecto ás demais normas do Estado y da Comunidade Autónoma.

30. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia. A reforma do Estatuto; a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.

31. As competencias da Xunta de Galicia: a reserva de competencias ao Estado do artigo 149. A atribución estatutaria de competencias; a cláusula de peche do artigo 149.3. Os límites xerais das competencias: a súa efectividade.

32. As competencias exclusivas. As competencias normativas: as leis da Comunidade Autónoma; o seu rango e posición constitucional. O principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico. A execución autonómica da lexislación do Estado: significación desta fórmula; extensión da competencia do Estado; atribucións da Comunidade Autónoma. A coordinación entre as dúas ordes.

33. A concorrencia normativa entre o Estado e a Comunidade Autónoma. Normativa básica e normativa de desenvolvemento: elementos formais e materiais no concepto de lexislación básica; estrutura da normativa básica; a relación bases-desenvolvemento; o problema de rango das dúas normativas. A colaboración entre o Estado e a Comunidade Autónoma: o seu desenvolvemento na doutrina do Tribunal Constitucional. Os elementos de colaboración; en especial as conferencias sectoriais e os convenios de colaboración. O control da actividade da Comunidade Autónoma.

34. Conflitos constitucionais entre órganos do Estado. Conflitos coas comunidades autónomas. Impugnación de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

Bloque IV. Dereito administrativo especial.

1. Organización territorial. Competencias da Xunta de Galicia en materia de réxime local. Lexislación galega vixente en materia de réxime local. O municipio: Organización e competencias. A provincia: organización e competencias. Outras entidades locais.

2. Orde e seguridade cidadá: competencias da Xunta de Galicia; réxime xeral. A Policía de Galicia. As policías locais; a súa coordinación. Competencias da Xunta de Galicia en materia de protección civil, emerxencias, xogos e apostas.

3. A Administración e o ambiente. Competencias da Xunta de Galicia. Avaliación de impacto ambiental e réxime dos residuos. Os espazos naturais protexidos. A caza e a pesca fluvial. Competencias da Xunta de Galicia.

4. Ordenación do territorio. O deseño competencial na materia. Réxime urbanístico do solo. Clasificación. Plans de ordenación.

5. Acción administrativa en relación coa vivenda. Competencias da Xunta de Galicia. O Instituto Galego da Vivenda e Solo. Normativa autonómica en materia de vivenda.

6. As obras públicas: competencias da Xunta de Galicia. Estradas: competencias da Xunta de Galicia. Réxime xurídico xeral. Transportes: competencias da Xunta de Galicia e réxime xurídico xeral.

7. Augas terrestres. Competencias da Xunta de Galicia. O dominio público hidráulico. Utilización de dominio público hidráulico.

8. Costas. Competencias da Xunta de Galicia. Delimitación, protección e utilización do dominio público marítimo-terrestre. Os portos. Competencias da Xunta de Galicia.

9. O comercio interior. A delimitación competencial entre o Estado e a Xunta de Galicia. Réxime xurídico da actividade comercial en Galicia.

10. A intervención administrativa en materia de consumo. O Estatuto galego do consumidor e usuario.

11. Investigación, desenvolvemento e innovación. A intervención administrativa no sector industrial e enerxético. Minas. Competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime de explotación.

12. A Administración da Xunta de Galicia e o ensino. Competencias da Xunta de Galicia. O sistema educativo. Os centros docentes. A autonomía universitaria. O sistema universitario galego.

13. A sanidade pública. Competencias da Xunta de Galicia e servizos traspasados. A ordenación sanitaria e farmacéutica de Galicia. O Servizo Galego de Saúde: organización e competencias.

14. A cultura. Competencias da Xunta de Galicia. O Consello da Cultura Galega. O patrimonio histórico-artístico. Arquivos, bibliotecas e museos. O turismo. Competencias da Xunta de Galicia.

15. Traballo e emprego. Delimitación de competencias estatais e autonómicas. Cooperativas. Competencias da Xunta de Galicia.

16. Servizos sociais. Infancia; familia; maiores; dependentes.

17. Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade e dereitos. A normativa reguladora do procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.

18. Políticas públicas para a igualdade de xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

19. Acción administrativa en materia de agricultura e gandaría. Competencias da Xunta de Galicia. Estruturas agrarias. Concentración parcelaria. Desenvolvemento rural. Vías pecuarias.

20. Os montes: disposicións xerais e competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime xurídico dos montes. Xestión, conservación e protección forestal. A prevención de incendios forestais. Os montes veciñais en man común.

21. Pesca, marisqueo e cultivos mariños. Competencias da Xunta de Galicia. Ordenación xurídica e réxime das sancións.

22. As telecomunicacións: o seu réxime xurídico. Especial referencia á radio e á televisión; a Corporación Radio e Televisión de Galicia. A emigración. Os deportes.

Bloque V. Dereito orzamentario e dereito tributario, laboral y Seguridade Social.

23. O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación.

24. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A función interventora.

25. Xestión dos gastos de persoal: retribucións dos empregados públicos. Devindicación e liquidación. Os gastos de clases pasivas.

26. Xestión dos gastos contractuais: tipos de contratos. Autorización e compromiso de gastos contractuais. Recoñecemento da obriga. Pagamento. Control dos gastos contractuais.

27. Xestión dos gastos de transferencias. Xestión das subvencións.

28. O sistema tributario español. O imposto. Concepto, clases, principios e efectos. Os impostos directos: concepto, caracteres e clases. Os impostos indirectos: conceptos, caracteres e clases.

29. Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.

30. Seguridade e hixiene no traballo. A Lei de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas: competencias. Dereitos e obrigas dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Os servizos de prevención de riscos. Participación dos traballadores.

31. O dereito do traballo. A súa especialidade e caracteres. As fontes do dereito do traballo. O principio de xerarquía normativa. Os convenios colectivos de traballo. Concepto e natureza. Réxime xurídico. Partes. Procedemento. Contido.

32. O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico. Modalidades do contrato de traballo. A duración do contrato de traballo.

33. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo. Réxime de representación de persoal. Órganos de representación.

34. Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de seguridade social: estrutura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e servizos comúns.

Parte xeral da escala superior de seguridade e saúde no traballo

1. Constitución española do 27 de decembro de 1978.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.

4. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar: cap. I, cap. II (agás subsección 2ª da sección 3ª), cap. III, cap. IV, cap. V e cap. VI.

5. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I e II.

6. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

7. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

8. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Títulos II e IV.

9. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.

10. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Parte xeral común para os restantes corpos, escalas e especialidades
do subgrupo A1 e categorías do grupo I

1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I, artigos 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V e título VIII.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: título I, título II e título III.

3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV, capítulo I e capítulo IV e título V.

4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia: título preliminar, título I, capítulo I.

5. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar, capítulos III e IV.

6. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar, título I.

7. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI, capítulos III e IV e título VIII.

8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.

9. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar e título I. Título I da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

10. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e título I.

11. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.

12. Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia.

13. Lei 9/2017, de contratos do sector público, libros I e II.

Parte troncal da escala superior de seguridade e saúde no traballo

1. Marco normativo Europeo en materia de seguridade e saúde no traballo: acta única europea; aspectos correspondentes á seguridade e saúde no traballo. Directiva marco 89/391/CEE, do 12 de xuño, relativa á aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e da saúde dos traballadores no traballo.

2. A Organización Internacional do Traballo: misión, órganos de goberno. Convenio OIT 155 sobre seguridade e saúde dos traballadores. Institucións europeas en materia de seguridade e saúde no traballo: misión, obxectivos e funcións da Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo; misión, obxectivos e funcións da Fundación Europea para a Mellora da Calidade de Vida de Traballo. A rede Europea de promoción da saúde no traballo: inicio, visión, misión, obxectivos.

3. A prevención de riscos laborais en España: na Constitución española, no Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (I): exposición de motivos e estrutura.

4. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (II): obxecto, ámbito de aplicación, definicións e obxectivos da política.

5. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (III), dereitos e obrigas I: o dereito dos traballadores á protección fronte aos riscos laborais e os principios de acción preventiva. Técnicas preventivas: seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada e medicina do traballo.

6. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (IV), dereitos e obrigas II: plan de prevención de riscos laborais, avaliación de riscos e planificación da acción preventiva, equipos de traballo e medidas de protección, información, consulta e participación, formación dos traballadores, medidas de emerxencia, risco grave e inminente.

7. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (V), dereitos e obrigas III: vixilancia da saúde, documentación, coordinación de actividades, protección dos traballadores especialmente sensibles a determinados riscos, protección da maternidade, protección de menores, relacións de traballo temporais, de duración determinada e de traballo temporal.

8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (VI): obrigas dos traballadores en materia de prevención de riscos laborais. A prevención dos riscos laborais e o traballo autónomo. Responsabilidades e sancións administrativas: disposicións concretas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, e no texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Responsabilidades na orde civil e penal.

9. Actuacións en prevención de riscos laborais das administracións competentes en materia laboral da Administración xeral do Estado (AXE): ministerio con atribucións en materia de traballo, Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e Inspección de Traballo e Seguridade Social.

10. Actuacións en prevención de riscos laborais das administracións públicas competentes en materia laboral da Xunta de Galicia: consellería con atribucións en materia de traballo e Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga). Competencias en prevención de riscos laborais da autoridade sanitaria, mineira e industrial.

11. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) (I): creación, natureza, réxime xurídico, sede e ámbito de actuación, obxecto, finalidades, organización e estrutura administrativa.

12. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) (II): funcións, áreas técnicas e planificación de actuacións.

13. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) (III): réxime de xestión administrativa e funcional, réxime de patrimonio e contratación, recursos económicos e financeiros, persoal ao servizo do Issga, escalas de seguridade e saúde laboral.

14. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) (IV): centros territoriais; laboratorio de referencia de hixiene analítica; a unidade de formación, divulgación e publicación; a Comisión para a Integración da Igualdade.

15. Actuación do persoal técnico habilitado das comunidades autónomas en materia de prevención de riscos laborais.

16. O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST): creación, natureza xurídica, sede, ámbito de actuación, obxecto, finalidades, organización, estrutura e funcións.

17. A Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS): definición, estrutura territorial, dependencia orgánica e funcional en prevención de riscos laborais en Galicia, funcións e facultades en materia de seguridade e saúde no traballo.

18. Órganos de participación institucional: Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Comisión Consultiva Tripartita da ITSS de Galicia e Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

19. Marco estratéxico da Unión Europea en materia de seguridade e saúde no traballo. A Estratexia española de seguridade e saúde no traballo: antecedentes, obxectivos, marco temporal e axentes implicados.

20. Planificación estratéxica da Xunta de Galicia en materia de seguridade e saúde no traballo: antecedentes, estrutura, obxectivos, marco temporal, axentes implicados no seu deseño e execución.

21. Formación que habilita para o exercicio das funcións de nivel básico, intermedio e superior en prevención de riscos laborais. A formación dos traballadores sobre os riscos específicos do posto de traballo. Formación dos recursos preventivos. Novas tendencias na formación en prevención de riscos laborais.

22. Consulta e participación dos traballadores: o deber de consulta do empresario. Os dereitos de participación e representación específica dos traballadores. Os delegados de prevención e o Comité de Seguridade e Saúde Laboral: competencias e facultades.

23. O Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención: a avaliación dos riscos, o seu contido, procedemento e revisión. A planificación da actividade preventiva: necesidade e contido. Presenza dos recursos preventivos. A organización de recursos para as actividades preventivas e as súas diferentes modalidades. Procedemento de acreditación dos servizos de prevención.

24. Integración da prevención de riscos laborais no sistema xeral de xestión da empresa: conceptos básicos; o sistema de prevención de riscos laborais: concepto e descrición, requisitos aplicables, sistemas normalizados segundo a Guía técnica para a integración da prevención de riscos laborais do INSST.

25. A auditoría do sistema de prevención: conceptos e obriga empresarial de someter o seu sistema de prevención a unha auditoría. Procedemento de exención de auditoría. Procedemento de autorización da actividade de auditoría dos sistemas de prevención das empresas.

26. Accidentes de traballo: definición legal, notificación e rexistro.

27. Enfermidades profesionais e enfermidades relacionadas co traballo: definición legal, notificación e rexistro.

28. Sinistralidade laboral: obxecto das estatísticas, principais índices e parámetros. Análise da sinistralidade laboral en Galicia: funcións e actuacións do Issga.

29. Investigación de danos para a saúde dos traballadores: obxectivos da investigación dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais. Actuacións do Issga.

30. A perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais.

Parte específica da escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, subgrupo A1

1. A disciplina de seguridade no traballo: aspectos característicos. Conceptos básicos en materia de seguridade no traballo: danos derivados do traballo e saúde laboral, concepto de risco laboral, protección e prevención, condicións de traballo en relación coa saúde e factores de risco. Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo 2017-2020: principais obxectivos e liñas estratéxicas en seguridade no traballo. Funciones da Área Técnica de Seguridade no Traballo no Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).

2. Obriga de notificación dos accidentes de traballo: modelos de notificación de accidentes, cobertura e tramitación electrónica. Funcións e actuacións do Issga na tramitación. Obriga de notificación das enfermidades profesionais: modelo de notificación de enfermidades, cobertura e tramitación electrónica.

3. Estatísticas de sinistralidade laboral: elaboración, tratamento e análise. Principais índices para o control estatístico. Evolución da sinistralidade laboral en Galicia por gravidade e sectores 2019-2021.

4. Custos dos accidentes de traballo: procedemento de avaliación e xestión integral dos accidentes.

5. Investigación de accidentes de traballo: concepto, obxectivos. Metodoloxía: a árbore de causas. Funcións e actuacións do Issga.

6. Coordinación de actividades empresariais: artigo 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; Real decreto 171/2004, do 30 de xaneiro, polo que se desenvolve o artigo 24 da Lei 31/1995 en materia de coordinación de actividades empresariais.

7. O Real decreto 485/1997, do 14 de abril, sobre sinalización de seguridade e saúde no traballo: criterios para o emprego da sinalización, cores de seguridade e tipos de sinalización.

8. O Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo: condicións xerais de seguridade nos lugares de traballo; orde, limpeza e mantemento; iluminación dos locais; material e locais de primeiros auxilios.

9. Sistemas de protección colectiva: varandas, redes de seguridade, resgardos.

10. O Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipamentos de protección individual (EPI): definición de equipamento de protección individual, obrigacións xerais do empresario, criterios para o emprego, condicións que deben reunir os equipamentos, elección dos equipamentos de protección individual, utilización e mantemento dos EPI, obrigas en materia de formación e información, obrigas dos traballadores.

11. Regulamento (UE) 2016/425 do Parlamento Europeo e do Consello, do 9 de marzo de 2016, relativo aos EPI e polo que se derroga a Directiva 89/686/CEE do Consello: obxecto e ámbito de aplicación, definicións, obrigacións de fabricantes, importadores e distribuidores, presunción e declaración UE de conformidade, regras e condicións de colocación da marcación CE, categorías de riscos e tipos de procedementos de avaliación da conformidade, documentación técnica dos EPI.

12. Risco eléctrico: efectos nocivos da electricidade e lesións producidas pola electricidade. Factores que inflúen no efecto eléctrico: tensión, intensidade, frecuencia, impedancia do corpo humano, percorrido da corrente, capacidade de reacción. Actuación inmediata en caso de accidente eléctrico.

13. Tipos de contactos eléctricos. Protección contra contactos eléctricos e medidas de protección.

14. O Real decreto 614/2001, do 8 de xuño, sobre disposicións mínimas para a protección da saúde e seguridade da traballadores fronte ao risco eléctrico: obxecto, ámbito de aplicación e definicións, instalacións eléctricas, técnicas e procedementos de traballo, traballos sen tensión, traballos en tensión, traballos en proximidade, traballos en localización con risco de incendio ou explosión. Electricidade estática.

15. Disposicións mínimas de seguridade e saúde no traballo nas obras de construción: designación dos coordinadores en materia de seguridade e saúde, o estudo e o plan de seguridade e saúde, obrigacións do coordinador en materia de seguridade e de saúde durante a execución da obra, obrigacións dos contratistas, subcontratistas e traballadores autónomos, o libro de incidencias, a paralización dos traballos, presenza de recursos preventivos en obras de construción.

16. VI Convenio xeral do sector da construción: disposicións mínimas de seguridade aplicables nas obras de construción.

17. Aplicación do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e de saúde nas obras de construción a obras sen proxecto: tipos, xestión preventiva exixible, xestión da seguridade e saúde en obras sen proxecto nun centro de traballo con distinta actividade.

18. A Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción: ámbito de aplicación, requisitos exixibles aos contratistas e subcontratistas, réxime da subcontratación, deber de vixilancia, libro de subcontratación.

19. O Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización dos equipamentos de traballo: obrigacións xerais do empresario, comprobación dos equipamentos de traballo, formación e información, consulta e participación dos traballadores, disposicións mínimas aplicables aos equipamentos de traballo, disposicións mínimas relativas á utilización dos equipamentos de traballo.

20. O Real decreto 448/2020, do 10 de marzo, sobre caracterización e rexistro de maquinaria agrícola: caracterización da maquinaria, rexistros oficiais da maquinaria agrícola. Prevención de riscos laborais na utilización de maquinaria agrícola: requisitos básicos mínimos en materia preventiva, seguridade viaria na condución de vehículos agrícolas. O tractor: riscos e medidas preventivas no manexo do tractor.

21. Seguridade nas tarefas agrícolas: enganche dos apeiros ao tractor, envorcadura e esmagamento entre partes do tractor e o chan, atrapamentos. Prevención fronte aos riscos no sector agroforestal: riscos e medidas preventivas do traballo coa motoserra, riscos e medidas preventivas do traballo coa rozadoira. Riscos e medidas preventivas no muxidura, manexo e administración de produtos veterinarios e na manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios.

22. Seguridade e saúde nos traballos a bordo dos buques de pesca: riscos nos distintos departamentos, principais riscos en cubertas e espazos de traballo segundo a arte de pesca. Accesos aos buques de pesca, tipos e riscos.

23. O Real decreto 1216/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde no traballo a bordo dos buques de pesca: equipamentos e mantemento, obrigas en materia de formación especializada das persoas que poidan mandar un buque, disposicións mínimas de seguridade e de saúde nos buques de pesca, tanto novos como existentes, disposicións mínimas de seguridade e de saúde aos medios de salvamento e supervivencia e aos equipamentos de protección individual.

24. O Real decreto 2177/2004, do 12 de novembro, polo que se modifica o Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo, en materia de traballos temporais en altura: escadas, estadas e acceso e posicionamento mediante cordas.

25. Máquinas: definición de máquina e de zona perigosa. Medidas de seguridade en máquinas: análise de seguridade, estudo do perigo, selección das medidas de seguridade. Prevención intrínseca. Aplicación e deseño das medidas de protección.

26. O Real decreto 1644/2008, do 10 de outubro, polo que se establecen as normas para a comercialización e posta en servizo das máquinas: obxecto e ámbito de aplicación, comercialización e posta en servizo, avaliación da conformidade e marcación.

27. Riscos e medidas preventivas en máquinas do sector da madeira: tronzador-biselador, serra de cinta, escuadradora, cepilladora, tupí. Riscos e medidas preventivas en máquinas do sector do metal: cizalla de guillotina, pregadora de chapa, amoladoras angulares, fresadora e torno.

28. Riscos e medidas preventivas en equipamentos para elevar cargas: montacargas de obra, plataformas elevadoras, carretillas elevadoras automotoras, aparellos e cabrias. Riscos e medidas nos elementos auxiliares: cables e estrobos.

29. O risco de incendio (I): tetraedro do lume, cadea do incendio, medidas de prevención de incendios, métodos de extinción, clasificación dos lumes en función da natureza do combustible, sistemas automáticos de detección.

30. O risco de incendio (II). Medios de protección contra incendios: utilización de extintores portátiles e bocas de incendio equipadas; luces de emerxencia. O Real decreto 513/2017, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios: obrigas das empresas instaladoras, obrigas das empresas mantedoras, instalación, posta en servizo e mantemento das instalacións de protección, programas de mantemento dos sistemas de protección activa e persoal encargado das diferentes operacións que se van realizar.

31. Explosións: conceptos de atmosfera explosiva e potencialmente explosiva. Clasificación e características das áreas en que se poden formar atmosferas explosivas. Medidas para evitar, limitar ou controlar a atmosfera explosiva. Aparellos e sistemas de protección para uso en atmosferas potencialmente explosivas: definicións, clasificación dos aparellos en grupos e categorías, criterios para a elección dos aparellos e sistemas de protección, marcación dos aparellos.

32. Espazos confinados: concepto, tipos e motivos de acceso. Riscos en espazos confinados e medidas de prevención da exposición a atmosferas perigosas. Técnicas de control: avaliación da atmosfera, ventilación, illamento do espazo, control de entradas.

33. Protección da maternidade: aspectos recollidos na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención. Esquema de actuación na empresa para traballadoras embarazadas ou en período de lactación natural. Actuacións do Issga en materia de protección da maternidade.

34. Riscos laborais e medidas preventivas en invernadoiros. Riscos laborais e medidas preventivas na viña, na vendima e nas adegas.

35. Marco conceptual dos riscos laborais viarios.

36. Riscos laborais e medidas de prevención e protección nas operacións de mantemento de aeroxeradores.

Parte específica da escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, subgrupo A1

1. A disciplina de hixiene industrial: concepto de hixiene industrial, funcións e actuacións nesta disciplina. Funcións da Área Técnica de Hixiene Industrial no Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga). Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo 2017-2020: principais obxectivos e liñas estratéxicas en hixiene industrial.

2. Toxicoloxía laboral básica: concepto de tóxico, definición e clasificación dos contaminantes, vías de exposición, mecanismos de toxicidade, relación dose-efecto e dose-resposta e clasificación fisiopatolóxica dos contaminantes químicos.

3. Regulamento (UE) 2016/425 do Parlamento Europeo e do Consello, do 9 de marzo de 2016, relativo aos equipamentos de protección individual (EPI) e polo que se derroga a Directiva 89/686/CEE do Consello: obxecto e ámbito de aplicación, definicións, presunción e declaración UE de conformidade, regras e condicións de colocación da marcación CE, categorías de riscos e documentación técnica dos EPI. Utilización dos EPI en hixiene industrial: definición de EPI, obrigas do empresario e dos traballadores.

4. Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de decembro de 2006-REACH-: obxectivo e ámbito de aplicación, aspectos básicos, usuarios intermedios e as súas obrigas, e a ficha de datos de seguridade.

5. Regulamento (CE) nº 1272/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 2008-CLP- (I): obxectivo e ámbito de aplicación, perigos físicos, para a saúde e para o ambiente, criterios xerais de clasificación de mesturas.

6. Regulamento (CE) nº 1272/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 2008-CLP- (II): catálogo de clasificación e etiquetaxe, concepto de clasificación e etiquetaxe harmonizados e substancias candidatas a harmonización, información que debe reflectir a etiqueta. Réxime sancionador: Lei 8/2010, do 31 de marzo, pola que se establece o réxime sancionador previsto nos regulamentos (CE) relativos ao rexistro, á avaliación, á autorización e á restrición das substancias e mesturas químicas (REACH) e sobre a clasificación, a etiquetaxe e o envasado de substancias e mesturas (CLP), que o modifica: competencias administrativas e intercambio de información coas comunidades autónomas.

7. Os mapas de risco como ferramenta preventiva para a identificación do risco químico nas empresas: definición, fases e indicadores de risco. Mapa de risco químico-sector industrial, elaborado polo Issga: obxectivos, metodoloxía e conclusións.

8. Límites de exposición profesional para axentes químicos en España: conceptos e definicións, tipos de valores límites ambientais (VLA), límites de desviación, efectos combinados de axentes químicos, valoración da exposición e valoración do risco, axentes químicos sensibilizantes e axentes químicos canceríxenos ou mutáxenos.

9. Control biolóxico da exposición: concepto de indicador biolóxico e de valor límite biolóxico (VLB), tipo de mostras, bases para o establecemento dos VLB, interpretación dos resultados, vantaxes, limitacións e aplicacións.

10. Medición dos contaminantes químicos: puntuais e de media, persoais e ambientais. Clasificación dos equipamentos de medida: instrumentos de lectura directa e sistemas activos e pasivos.

11. Métodos de medición para axentes químicos: métodos de toma de mostra e análise, transporte e conservación das mostras, clasificación dos procedementos de medición, fiabilidade dos procedementos de medición e criterios xerais para a elección do método.

12. Avaliación cuantitativa do risco de exposición a axentes químicos por inhalación: obtención de información, elementos que cómpre ter en conta para definir unha adecuada estratexia de mostraxe, comparación co VLA-ED e co VLA-EC, obtención de conclusións e necesidade de medicións periódicas.

13. Avaliación cualitativa do risco de exposición a axentes químicos por inhalación: uso de modelos simplificados ou cualitativos, criterios de aplicación, fundamentos e limitacións do método COSHH Essentials e do método do INRS.

14. Control das exposicións fronte a axentes químicos: técnicas xerais, accións de control técnicas, accións de control organizativas e priorización das medidas preventivas. Técnicas de ventilación para o control dos axentes químicos: extracción localizada e ventilación por dilución.

15. Os equipamentos de protección individual fronte a axentes químicos: protección dérmica, protección das vías respiratorias, protección ocular, criterios básicos de selección, utilización e mantemento.

16. O Real decreto 374/2001, do 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo.

17. Axente canceríxeno e mutáxeno: concepto e clasificación en categorías. O Real decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos e mutáxenos durante o traballo.

18. Axentes biolóxicos: características e principais efectos para a saúde. O Real decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo: obxecto e ámbito de aplicación, clasificación dos axentes biolóxicos, tipos de actividades con risco, vixilancia da saúde, información e formación dos traballadores, aplicación das medidas de contención.

19. Identificación e avaliación da exposición a axentes biolóxicos: aspectos que hai que considerar en función da intención deliberada ou non de manipulación, aplicación do Real decreto 664/1997, do 12 de maio, segundo os resultados da avaliación. Principais medidas de redución dos riscos e medidas hixiénicas en actividades con exposición a axentes biolóxicos.

20. Os equipamentos de protección individual fronte a axentes biolóxicos: roupa de protección, equipamentos de protección respiratoria, luvas, protección facial e ocular, criterios básicos de selección, utilización e mantemento.

21. Ruído: fundamentos de acústica, efectos do ruído na saúde dos traballadores. O Real decreto 286/2006, do 10 de marzo, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ao ruído.

22. Medición do ruído: instrumentos de medición, principais estratexias de medida, parámetros para considerar no cálculo da incerteza e medición de ruído de impulso.

23. Protectores auditivos: selección e utilización, métodos para o cálculo da súa atenuación acústica. Comparación cos valores límite establecidos no Real decreto 286/2006, do 10 de marzo, e utilización de protectores auditivos.

24. Vibracións: física das vibracións, efectos das vibracións na saúde dos traballadores. O Real decreto 1311/2005, do 4 de novembro, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores fronte aos riscos derivados ou que poidan derivar da exposición a vibracións mecánicas.

25. Avaliación e control da exposición a vibracións: aspectos recollidos no Real decreto 1311/2005, do 4 de novembro, e na súa Guía técnica de desenvolvemento.

26. Ambiente térmico: ecuación do balance térmico, mecanismos de termorregulación e de intercambio de calor entre o organismo e o ambiente. Efectos da calor e o frío sobre o organismo. Principais actividades laborais con risco.

27. Fundamentos e criterios de valoración dos seguintes métodos: índice WBGT (wet bulbe globe temperature), índice de sobrecarga térmica, índice IREQ (illamento requirido da vestimenta) e valoración do risco por arrefriamento local. Principais medidas preventivas.

28. Radiacións non ionizantes: concepto e clasificación, principais efectos e riscos para a saúde e principais actividades laborais con risco. Pautas para a avaliación do risco e disposicións encamiñadas a evitar ou reducir a exposición, recollidas no Real decreto 486/2010, do 23 de abril, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a radiacións ópticas artificiais, e no Real decreto 299/2016, do 22 de xullo, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a campos electromagnéticos.

29. Radiacións ionizantes: concepto, tipos de radiacións ionizantes e os seus efectos, principais medidas de protección radiolóxica operacional dos traballadores expostos, axentes implicados na avaliación da exposición e na aplicación destas medidas segundo o Real decreto 783/2001, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de protección sanitaria contra radiacións ionizantes.

30. Fontes naturais de radiación: principais actividades laborais afectadas. Radon e lugares de traballo: mapas do potencial de radon, lugares de traballo en que pode haber risco, actuacións que se deben levar a cabo e autoridades competentes segundo a normativa vixente.

31. O Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto. Plans de traballo e a súa tramitación en Galicia.

32. Materiais con amianto e identificación de materiais con amianto e principais procedementos de traballo e medidas preventivas: disposicións recollidas no Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, e contido relacionado na súa Guía técnica de desenvolvemento. Equipamentos de protección individual nos traballos con amianto: protección respiratoria e roupa de protección.

33. Exposición á sílice cristalina e efectos sobre a saúde: principais sectores de risco, avaliación do risco, valores límite e principais medidas preventivas. Problemática específica dos compactos de cuarzo.

34. Protección da maternidade: aspectos recollidos na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención. Esquema de actuación na empresa para traballadoras embarazadas ou en período de lactación natural. Actuacións do Issga en materia de protección da maternidade.

35. Riscos hixiénicos e protección da maternidade: indicacións básicas para a avaliación inicial de risco segundo as directrices para a avaliación de riscos e protección da maternidade no traballo do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

36. O sistema de comunicación de enfermidades profesionais da Seguridade Social: utilidades e alertas. Incidencia das principais enfermidades profesionais en Galicia. Finalidades e obxectivos da investigación da enfermidade profesional. Actuacións da Área Técnica de Hixiene Industrial do Issga.

Parte específica da escala de profesores numerarios de institutos
politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas
e instalacións mariñas, subgrupo A1

1. Balance eléctrico do buque. Potencia instalada a bordo segundo as necesidades operativas e tipos de buques.

2. Planta eléctrica do buque: características, elementos e tipoloxía. Cadros seccionados.

3. Distribución da enerxía eléctrica a bordo. Cadro principal. Servizos esenciais. Servizos no esenciais.

4. Procedemento de posta en marcha da planta eléctrica dun buque a partir dunha situación de blackout.

5. Xerador de emerxencia. Cadro eléctrico de emerxencia. Servizos mínimos.

6. Xeradores de corrente alterna trifásica. Alternador: características e funcionamento.

7. Protocolo de acoplamento de xeradores de corrente alterna en paralelo nun simulador de máquinas.

8. Condiciones do conexionado de alternadores. Acoplamento en paralelo. Repartidor de cargas.

9. Transformadores. Necesidade dos transformadores no buque. Conexionado de transformadores.

10. Batería de acumuladores. Convertedores de corrente alterna-continua. Cargador de baterías. Localización das baterías a bordo. Mantemento das baterías. Tipos de baterías.

11. Motores de corrente alterna: motores síncronos e motores asíncronos ou de indución. Aplicacións dos motores eléctricos a bordo.

12. Cadros de control de manobra de motores eléctricos. Elementos de protección dos motores eléctricos. Elementos de conmutación. Relé, disxuntor e contactor.

13. Arranque e manobra de motores eléctricos. Arranque estrela-triángulo. Variadores de frecuencia. Arrancadores suaves.

14. Xeración e distribución da enerxía pneumática a bordo do buque: compresores de baixa, media e alta presión. Sistemas de regulación dos compresores. Mantemento de compresores.

15. Sistema pneumático de arranque de motores térmicos. Elementos do sistema pneumático de arranque. Válvulas distribuidoras propias do sistema de arranque. Válvulas de arranque para motores diésel.

16. Características dos acumuladores de aire de arranque, sistemas de filtrado e secado de aire comprimido. Mantemento dos sistemas pneumáticos de arranque.

17. Elementos de potencia pneumáticos. Simboloxía normalizada.

18. Sistemas pneumáticos de regulación e control. Válvulas pneumáticas de control. Simboloxía normalizada.

19. Mando indirecto aos elementos de potencia pneumáticos. Representación gráfica e interpretación de planos e esquemas pneumáticos.

20. Situacións do cilindro pneumático ao longo da súa carreira. Autorrearme e finais de carreira. O secuenciador. Salto pneumático e repetición de fases.

21. Sistemas electro-pneumáticos. Tipoloxía das válvulas electro-pneumáticas. Servopilotaxe eléctrico-pneumático.

22. Captadores utilizados en sistemas electro-pneumáticos. Procesamento de sinais. Representación e interpretación de esquemas electro-pneumáticos.

23. Principios da hidráulica. Elementos básicos dunha instalación hidráulica.

24. Xeración da enerxía olehidráulica. Características do grupo olehidraúlico. Bombas hidráulicas. Válvulas de seguridade.

25. Elementos de potencia hidráulicos. Simboloxía normalizada.

26. Válvulas hidráulicas de control de caudal e de control de presión.

27. Aplicacións hidráulicas a bordo do buque. Servotemón hidráulico. Maquinaria hidráulica de cuberta.

28. Mando indirecto aos elementos de potencia hidráulicos. Representación e interpretación de esquemas hidráulicos. Mantemento e localización de avarías.

29. Hidráulica proporcional. Elementos básicos dunha instalación. Aplicacións a bordo do buque.

30. Protocolos de actuación durante a garda de máquinas. Organización e normativa aplicable.

31. Actividades durante a garda de máquinas. Funciones do persoal de garda. Resposta a continxencias durante a garda de máquinas ante situacións adversas e de emerxencia.

32. Control da planta propulsora e auxiliar. Aplicación do simulador para a execución e revisión de procedementos de garda de máquinas na planta propulsora diésel e sistemas auxiliares.

33. Sinalización de seguridade na sala de máquinas. Sinalización óptica. Cor. Formas xeométricas dos sinais. Esquemas dos sinais de seguridade. Avisos de seguridade. Sinalización por etiquetas. Iluminación de seguridade. Sinalización acústica. Materiais reflectores.

34. Xeometría do buque. Seccións do buque mediante planos principais. Coordenadas a bordo do buque. Dimensións principais do buque, as súas clases. Obra viva e obra morta. Amuras e aletas. Calados, clases de calados. Escalas de calados. Asento. Francobordo. Arqueo, definición, clases.

35. Mantemento correctivo, preventivo e preditivo de maquinaria de buques. Técnicas e organización. Certificación e inspección periódica. Eficiencia enerxética a bordo.

36. Xestión de pañois. Control de stock: materiais, ferramentas e pezas de reposto a curto e medio prazo. Condicións de almacenamento e conservación. Información técnica de subministracións.

37. Sistema de lubricación en propulsión diésel. Aceites lubricantes de motores diésel mariños: características, clasificacións, contaminación, análises en laboratorios e probas a bordo.

38. Sistema de combustible en propulsión diésel: compoñentes e circuítos. Combustibles mariños actuais. Cálculos de consumos e distribución segundo as condicións de estabilidade. Prevención dos riscos e a contaminación nas operacións con combustibles.

39. Sistema de produción e distribución de auga fría e quente a bordo. Produción por osmose inversa e evaporación. Almacenamento, tratamento e distribución da auga xerada.

40. Sistema mariño de tratamento de augas residuais e de sentinas: normativa, tipos, compoñentes e funcionamento.

Parte específica da escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de medicina subacuática e hiperbárica, subgrupo A1

1. Fundamentos de funcionamento do sistemas do corpo humano: respiratorio, cardiovascular, osteomuscular.

2. Fundamentos de funcionamento do sistemas do corpo humano: auditivo, visual e nervioso.

3. Alteración dos sistemas ao practicar inmersións: riscos; límites tolerables. Adaptación do organismo ao medio hiperbárico.

4. Fundamentos da descompresión no mergullo.

5. O accidente de descompresión ou enfermidade descompresiva no mergullo. Protocolo de actuación.

6. Caracterización dos problemas sanitarios orixinados polo mergullo: accidentes disbáricos, signos e sintomatoloxía. Barotraumatismos do descenso e do ascenso.

7. Os gases no mergullo: O2, N2, He, CO2, CO. Efectos fisiolóxicos.

8. A cámara hiperbárica: aplicacións e manexo.

9. Caracterización dos problemas sanitarios orixinados polo mergullo: accidentes non disbáricos, signos e sintomatoloxía. Contacto co medio: mecánico e térmico. Estadía no medio: hipotermia, falta de adaptación, lesións por seres vivos e contaminacións químicas e biolóxicas.

10. Enfermidades profesionais. Recoñecementos médicos: contraindicacións permanentes e temporais; lexislación e periodicidade.

11. Aspectos psicolóxicos: ansiedade e depresión, claustrofobia. Mergullo e consumo de drogas. Recoñecementos psicolóxicos: lexislación e periodicidade.

12. Caracterización dos dispositivos de supervivencia a bordo. Individuais: chalecos, aros salvavidas, traxes de inmersión e axudas térmicas.

13. Caracterización dos dispositivos colectivos de supervivencia a bordo: balsas salvavidas e sistemas de posta a flote.

14. Caracterización dos dispositivos de localización: sinais pirotécnicos e radiobalizas.

15. Aplicación de técnicas de supervivencia. Procedementos en caso de abandono: riscos. Permanencia na auga con chaleco. Posta a flote de embarcacións de supervivencia e acceso e permanencia nelas. Activación de sinais pirotécnicos. Procedementos de busca e rescate de persoas náufragas.

16. Utilización de medios de prevención e extinción de incendios a bordo: normativa de aplicación.

17. Detección de focos de risco. Actuacións preventivas. Condicións para que se produza un incendio. Identificación das clases de lume. Identificación dos sistemas de extinción.

18. Organización da loita contra incendios a bordo: aplicación dos plans de emerxencia.

19. Prevención de danos durante a extinción. Utilización de equipos de protección persoal. Prevención de riscos de intoxicación por fumes. Acceso a espazos confinados.

20. Utilización de extintores portátiles e mangueiras para a extinción de lume real a bordo e en ambientes hiperbáricos.

21. Organización e dispoñibilidade do material sanitario regulamentario de primeiros auxilios a bordo e en mergullo.

22. Protocolos de actuación: accións inmediatas e plans de emerxencia e evacuación a bordo e en mergullo.

23. Exploración dunha persoa enferma ou accidentada: signos e síntomas de importancia, toma e rexistro de constantes vitais. Manexo dos aparellos de toma de medida das constantes vitais.

24. A oxixenoterapia normobárica. Aplicacións no mergullo.

25. Caracterización das caixas de primeiros auxilios regulamentarias a bordo e de mergullo.

26. Accións inmediatas en primeiros auxilios.

27. Fundamentos da práctica da reanimación cardiopulmonar. Contención de hemorraxias: tipos de hemorraxias e técnicas.

28. Tratamento de traumatismos: tipos e técnicas. Tratamento das feridas: técnicas de sutura. Técnicas de inmobilización de membros afectados.

29. Fundamentos, síntomas e tratamento da hipotermia e do golpe de calor.

30. Preparativos para o traslado da persoa accidentada.

31. Procedementos de consulta radiomédica.

32. Principios de administración de medicinas. Técnicas de administración de inxectables.

33. Procedementos de limpeza e hixiene. Desinfección de traxes e máscaras de mergullo.

34. Identificación das regras de accidentes laborais e o seu perigo asociado: riscos en cuberta e riscos en máquinas a bordo e en mergullo.

35. Factores que aumentan o risco de accidente a bordo e en mergullo. Aplicación de medidas de prevención de accidentes asociadas á actividade a bordo e en mergullo.

36. Identificación de fontes de contaminación a bordo. Sensibilización das consecuencias da contaminación mariña en augas vulnerables.

37. Aplicación do convenio MARPOL e os seus anexos. Utilización de instalacións portuarias de recollida de residuos.

38. Normativa estatal e autonómica polas que se determinan as condicións de seguridade das actividades do mergullo.

39. Normativa sobre seguridade, hixiene e prevención de riscos no traballo.

40. Normas de calidade específicas de mergullo (EN-UNE).

Parte específica da escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima, subgrupo A1

1. Esfera terrestre: o xeoide e dimensións (eixe, polos, Ecuador, meridianos e paralelos). Coordenadas xeográficas: latitude e lonxitude. Puntos cardinais. Milla mariña. Cartas náuticas: proxección mercatoriana e gnomónica. Características das cartas mercatorianas. Actualización das cartas de papel e electrónicas. Situación, medida de rumbos e distancias nas cartas mercatorianas.  

2. Principios do magnetismo terrestre: declinación e inclinación magnéticas. Compás magnético. Compoñentes dunha agulla náutica. Sensibilidade e estabilidade da agulla náutica. Magnetismo do buque: definición de desvío e táboa de desvíos. Corrección total do compás. Xirocompás: rixidez e precisión xiroscópica. Erros e desvíos. Compás satelitario: principio e aplicación.

3. Derrota loxodrómica: formas de contar os rumbos: circular e cuadrantal, conversión entre ambos. Derrota loxodrómica: definición e características. Resolución caso directo e inverso. Navegación de estima analítica con vento e/ou corrente. Resolución da derrota loxodrómica mediante latitudes aumentadas. 

4. Triángulo esférico: elementos do triángulo esférico e fórmulas que os relacionan. Resolución dun triángulo esférico rectángulo. Pentágono de Néper.

5. Derrota ortodrómica: definición e cálculo do rumbo inicial e final, distancia navegada e ganancia. Derrota mixta: cálculo do rumbo inicial, final, puntos de tanxencia e distancia total.

6. Tempo: concepto xeral do tempo. Sol medio e tempo civil. Tempo universal, hora verdadeira, hora civil do lugar, hora legal, hora oficial e hora do reloxo de bitácora. Cronómetro mariño: estado absoluto e movemento. Cálculo da hora TU a partir da hora de cronómetro.

7. Mareas: definicións de marea, duración, amplitude e intervalo. Descrición do anuario de mareas. Cálculo da sonda no momento. Cálculo da hora para unha determinada sonda no momento.

8. Liñas de posición na navegación costeira: definición de demoras, marcacións, enfilacións, oposicións, ángulos horizontais, ángulos verticais e liñas isobáticas. Situación por intersección de liñas de posición simultáneas e non simultáneas. Navegación costeira con vento e/ou corrente: rumbo de superficie e/ou efectivo. Resolución gráfica dos parámetros da corrente.

9. Esfera celeste: elementos da esfera celeste. Esfera xeocéntrica e local. Coordenadas horarias, horizontais e uranográficas. Triángulo de posición: elementos e cálculo dos diferentes elementos do triángulo de posición.

10. Movemento aparente dos astros: definición da esfera celeste recta, paralela e oblicua. Definición de arco diúrno e nocturno, ortos e ocasos. Definición de crepúsculos: matutino, vespertino e náutico. Cálculo da corrección total da agulla mediante a estrela polar ou durante o orto ou ocaso do Sol.

11. Almanaque náutico: descrición do almanaque náutico. Cálculo do horario en Greenwich e a declinación. Cálculo das horas dos astros polo meridiano. Cálculo das horas de ortos e ocasos dos astros.

12. Sextante: partes dun sextante, lectura do sextante, erros, axustes dos espellos. Cálculo do erro de índice. Obtención da altura dun astro.

13. Correccións ás alturas observadas e obtención da situación observada por rectas de altura: paralaxe, depresión do horizonte, semidiámetro e refracción astronómica. Pasar de alturas observadas a alturas verdadeiras dun astro. Cálculo da situación por rectas de alturas simultáneas e non simultáneas.

14. Obtención da situación observada por distintos astros: cálculo da latitude pola estrela polar. Obtención da situación ao mediodía verdadeiro por intervalo uniforme e coeficiente Pagel. Cálculo da situación mediante bisectrices de tres astros.

15. Radar: factores meteorolóxicos que afectan a detección. Alcance mínimo. Discriminación de ecos en marcación e distancia. Normas de rendemento que deben cumprir os equipos de radar en buques obrigados a telo instalado [Resolución A.477(XII)) da OMI]. Reflector radar: descrición e principios de funcionamento [Resolución A.384(X)]. Balizas radar e respondedor: descrición e recomendacións de funcionamento [Resolución A.615(XV)].

16. Cinemática: compoñentes do movemento e a súa descrición gráfica. Movemento absoluto e relativo. Triángulo de velocidades. Obtención do rumbo dun buque coñecendo dúas demoras e dúas distancias. Determinación do rumbo de colisión. Pasar a un CPA dado fixando a velocidade doutro buque.

17. GPS e AIS: compoñentes do sistema. Funcionamento. Alternativas de Datum. Principios de funcionamento DGPS. Principios de funcionamento do AIS. Información estática e dinámica do AIS. Transmisión de mensaxes a través do AIS.    

18. Meteoroloxía marítima aplicada á navegación. Atmosfera: concepto. Capas que forman a atmosfera. Descrición das variables meteorolóxicas: temperatura, presión e humidade. Instrumentos meteorolóxicos a bordo. Descrición e manexo: termómetros, termógrafos, barómetros, barógrafos, psicrómetros, higrómetros e higrógrafos.

19. Nubes e precipitacións. Nubes: clasificación, abreviaturas, nebulosidade total e parcial. Brétemas: definición e clasificación segundo o seu proceso de formación. Precipitacións: definición, clasificación e proceso de formación.

20. Vento: orixe e designación do vento. Circulación do vento nas altas e baixas presións. Dirección e intensidade: escala de Beaufort. Vento real e aparente: definición e cálculo.

21. Circulación xeral da atmosfera: teoría da circulación xeral. Zona de converxencia intertropical. Calmas ecuatoriais. Clasificación das masas de aire e a súa evolución. Frontes: clasificación e a súa relación coas variables meteorolóxicas. Borrascas e anticiclóns.

22. Análise e previsión do tempo: conceptos de diagnose e prognose. Carta meteorolóxica de superficie. Carta meteorolóxica de 500 Hpa. Cálculo da velocidade do vento xeostrófico e en superficie. Mar: determinación da dirección e altura das ondas. Previsión de brétemas e precipitacións. Evolución das variables meteorolóxicas.

23. Ciclóns tropicais: descrición da estrutura dun ciclón. Determinación da posición relativa do vórtice respecto ao buque. Determinación do semicírculo en que se atopa o buque: semicírculo perigoso e manexable, semicírculo anterior e posterior. Previsión da traxectoria futura do vórtice. Manobra de evasión.

24. Oceanografía. Ondas: formación e parámetros característicos. Correntes mariñas: clasificación segundo a súa orixe. Teoría xeral da circulación oceánica. Xeos: proceso de formación e lugares de orixe. Indicios da súa proximidade. Manobras en presenza de xeos.

25. Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (SMSSM): prescricións funcionais (regra 4, capítulo IV do Convenio SOLAS). Definición das zonas marítimas A1, A2, A3 e A4 (regra 2, capítulo IV do Convenio SOLAS). Equipo radioeléctrico a bordo dos buques nas zonas marítimas A1, A2, A3 e A4 - (regras 8 a 11 do capítulo IV do Convenio SOLAS). Exixencias de certificación do SMSSM na normativa española: artigo 13 do Real decreto 1185/2006, do 16 de outubro, polo que se aproba o Regulamento que regula as radiocomunicacións marítimas a bordo dos buques civís españois.

26. Comunicacións no Servizo Móbil Marítimo: alerta de socorro e chamada de socorro (parte A, sección II, artigo 32 do Regulamento de radiocomunicacións da UIT). Tráfico de socorro (epígrafes 32.40 e 32.42 da parte A, sección III, artigo 32 do Regulamento de radiocomunicacións da UIT). Comunicacións de urxencia e seguridade (sección I do artigo 33 do Regulamento de radiocomunicacións da UIT). Comunicacións entres barcos relativas á seguridade da navegación (sección VI do artigo 33 do Regulamento de radiocomunicacións da UIT).

27. Estacións no Servizo Móbil Marítimo: definicións de estación de barco, estación costeira, estación de prácticos e servizos portuarios, estación de radiobaliza de localización de sinistros e estación de embarcación ou dispositivo de salvamento segundo se recolle no anexo 1 do Manual para uso dos servizos móbil marítimo e móbil marítimo por satélite. Frecuencias de socorro, urxencia e seguridade de radiotelefonía e chamada selectiva dixital na banda de ondas métricas e hectométricas.

28. Fundamentos das comunicacións radioeléctricas: características das ondas electromagnéticas: definición e compoñentes dunha onda electromagnética. Concepto de lonxitude de onda e frecuencia. Capacidade de propagación das ondas electromagnéticas no baleiro e velocidade de propagación.

29. Clasificación das ondas electromagnéticas segundo a súa frecuencia: o espectro radioeléctrico. Tipos de propagación: descrición da propagación por onda de superficie, onda directa e onda terrestre reflectida na terra. Descrición por propagación de onda celeste. Tipos de modulación: en amplitude, frecuencia e transmisión en banda lateral única.

30. Caracterización dos equipos de VHF e MF/HF dunha estación de barco: funcións do control de volume, squelch e potencia dun emisor/receptor VHF e MF/HF. Descrición, vantaxes e desvantaxes das antenas de látego. Lonxitude das antenas de VHF e MF/HF. Exixencias das fontes de enerxía dos equipos radioeléctricos segundo a regra 13 do capítulo IV do Convenio SOLAS.

31. Compoñentes da chamada selectiva dixital: formato de chamada e recomendación de uso destes segundo a Recomendación da Unión Internacional de Telecomunicacións ITU-541.10. Categorías de chamada segundo a Recomendación da Unión Internacional de Telecomunicacións ITU-541.10. Mensaxes relativas á natureza do perigo segundo a Recomendación da Unión Internacional de Telecomunicacións ITU-493.14. Tipos de MMSI segundo a Recomendación da Unión Internacional de Telecomunicacións ITU-585-6.

32. NAVTEX: concepto básico do Sistema NAVTEX (Manual NAVTEX; MSC.1/Circ.1403). Características xerais do Sistema NAVTEX (Manual NAVTEX; MSC.1/Circ.1403). Caracteres técnicos das mensaxes NAVTEX (Manual NAVTEX; MSC.1/Circ.1403).

33. SART e EPIRB de 406 MHz. Concepto xeral do sistema COSPAS-SARSAT. (epígrafe 3.3 do Manual GMDSS-OMI). Características dunha radiobaliza de 406 MHz (epígrafes 3.3.15 a 3.3.18 do Manual GMDSS-OMI). Probas e inspeccións das radiobalizas de 406 MHz. Características técnicas e operacionais dun SART (Manual GMDSS-OMI). Inspección e proba dun SART.

34. Planificación do abandono do buque: normativa nacional e internacional sobre equipamentos e dispositivos de salvamento: ámbito de aplicación do capítulo III do Convenio SOLAS 1974, do Real decreto 543/2007, do 27 de abril, polo que se determinan as normas de seguridade e de prevención da contaminación que deberán cumprir os buques pesqueiros menores de 24 metros de eslora (L), e do Real decreto 1032/1999, do 18 de xuño, polo que se determinan as normas de seguridade que deberán cumprir os buques pesqueiros de eslora igual ou superior a 24 metros. Dispositivos e medios de salvamento: regra 7 do capítulo III do Convenio SOLAS 1974. Abandono do buque: procedementos de emerxencia, exercicios e puntos de reunión de acordo co capítulo VIII do anexo do protocolo de Torremolinos de 1993 e as regras 8, 11 e 19 do capítulo III do Convenio SOLAS.

35. Utilización dos equipos de salvamento: utilización das embarcacións de supervivencia. Utilización dos botes de rescate. Posta en marcha e manexo do motor e outros equipamentos das embarcacións de supervivencia. Utilización dos equipos radioeléctricos de socorro (RLS 406 Mhz, SART, VHF portátiles). Utilización dos dispositivos de salvamento individuais. Equipamento e utilización de sinais pirotécnicos. Utilización do equipamento de protección térmica.

36. Aplicación de técnicas de supervivencia: técnicas de agrupamento e embarque nas embarcacións de supervivencia. Técnicas de supervivencia a bordo de botes ou balsas. Aspectos psicolóxicos na supervivencia. Supervivencia en inmersión.

37. Prevención e loita contra incendios a bordo: clases de lume segundo a norma UNE-EN-2-1994/A1 de 2005. Teoría do lume. Mecanismos de extinción. Axentes extintores. Prevención na carga de mercadorías perigosas e loita contra incendios (Suplemento. Incendios. Código IMDG). Plan de loita contra incendios (epígrafe 2.4, regra 15 do capítulo II-2 do Convenio SOLAS).

38. Aplicación de técnicas de loita contra incendios: equipamentos móbiles e portátiles de loita contra incendios. Equipamento de bombeiro. Xeración e utilización de espumas de distinto coeficiente de expansión.

39. Normativa nacional e internacional sobre prevención e loita contra a contaminación: ámbito de aplicación do Convenio internacional para previr a contaminación polos buques de 1973. Finalidade e ámbito de aplicación do Convenio de Londres de 1972 sobre prevención da contaminación do mar por verteduras de residuos e outras materias. Finalidade e ámbito de aplicación do Convenio de Barcelona de 1976 para a protección do mar Mediterráneo. Ámbito de aplicación e disposicións xerais do Convenio de París de 1992 para a protección do ambiente mariño do Atlántico do Nordeste. Obxecto do Sistema nacional de resposta ante un suceso de comunicación marítima (Real decreto 1695/2012, do 21 de decembro, polo que se aproba o Sistema nacional de resposta ante a contaminación mariña). Prevención e loita contra a contaminación no dominio público portuario (artigo 62 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

40. Técnicas, equipamentos e directrices para a prevención e a loita contra a contaminación. Técnicas e equipamento de loita contra a contaminación por hidrocarburos e contra a contaminación química: vantaxes e desvantaxes da queima in situ e a dispersión química; características dos principais tipos de barreiras anticontaminación; principais tipos de skimmers. Directrices xerais para casos de derramamento (código IMDG). Xestión de residuos a bordo: descarga de lixo fóra das zonas especiais (regra 3, anexo V, Convenio MARPOL 73/78). Plan de emerxencia de a bordo en caso de contaminación por hidrocarburos: regra 26, anexo I, Convenio MARPOL 73/78).

Parte específica da escala de facultativos,
especialidade de medicina, subgrupo A1

1. Clasificación internacional do funcionamento, da discapacidade e da saúde (CIF): obxectivos, aplicacións, propiedades, compoñentes. Modelo do funcionamento e da discapacidade. Modo de emprego.

2. Procedemento para o recoñecemento, declaración y cualificación do grao da discapacidade, normas xerais da valoración da discapacidade (Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro). Procedemento para o recoñecemento y cualificación do grao de discapacidade en Galicia. Revisión. Técnicos de valoración e órgano de valoración e asesoramento: composición e funcións (Orde do 25 de novembro de 2015).

3. Promoción da autonomía persoal e atención á dependencia: principios da lei, dereitos e obrigas dos usuarios, configuración do sistema, prestacións e catálogo de servizos, valoración (Lei 39/2006, do 14 de decembro).

4. Procedemento da valoración da dependencia en Galicia: disposicións xerais, órganos do sistema, procedemento. Iniciación, tramitación, resolución e revisión do recoñecemento do grao de dependencia e do Programa individual de atención (PIA) (Decreto 15/2010, do 4 de febreiro). A incapacidade laboral: tipos e diferenza conceptual con discapacidade e dependencia.

5. Baremo de valoración da dependencia (BVD): criterios de aplicación, relación e descrición de actividades e tarefas (Real decreto 174/2011, do 11 de febreiro). Escala de valoración específica (EVE): criterios de aplicación, relación de variables, determinación da severidade (Real decreto 174/2011, do 11 de febreiro).

6. Accesibilidade: obxecto, principios e definicións. Ámbito de aplicación. Accesibilidade en edificios de uso público. Tarxetas de accesibilidade.

7. Principios sociosanitarios da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. Os dereitos de información sociosanitaria, intimidade e respecto da autonomía persoal das persoas maiores e persoas con discapacidade.

8. Avaliación xerontolóxica integral: avaliación física e funcional, avaliación mental. Identificación de escalas de valoración estandarizadas e validadas de uso sociosanitario. Profesionais implicados na realización. Metodoloxía da realización (observación directa, entrevista ao interesado, aos seus familiares ou coidadores...). Dependencia e envellecemento.

9. Caídas: prevención, avaliación da persoa maior e persoa con discapacidade con perda de equilibrio. Factores de risco intrínsecos (alteracións fisiolóxicas relacionadas coa idade, enfermidades agudas ou crónicas, consumo de fármacos…). Factores extrínsecos (factores contextuais ambientais: facilicitadores, barreiras, produtos de apoio e tecnoloxías de axuda). Seguimento e rexistro de caídas.

10. Dor e sedoanalxesia (concepto, clasificación, tratamento).

11. Coidados paliativos (concepto, criterio de terminalidade, avaliación e control dos síntomas).

12. Síncope (concepto, fisiopatoloxía, diagnóstico e diagnóstico diferencial). Caídas: prevención, avaliación da persoa maior e persoa con discapacidade con perda de equilibrio. Factores de risco intrínsecos (alteracións fisiolóxicas relacionadas coa idade, enfermidades agudas ou crónicas, consumo de fármacos…). Factores extrínsecos (factores contextuais ambientais: facilicitadores, barreiras, produtos de apoio e tecnoloxías de axuda). Seguimento e rexistro de caídas.

13. Dor torácica (avaliación inicial, perfís clínicos e as súas causas).

14. Patoloxía ORL: clasificación de infeccións do CAE e oído medio. Vertixe: etioloxía e diferenciación periférico/central.

15. Patoloxía da pel e partes brandas (etioloxía, clínica e etiopatoxenia). Úlceras por presión (etiopatoxenia, diagnóstico, prevención, medidas xerais e obxectivos segundo estadios).

16. Hipertensión arterial: medición da TA, tratamento (farmacolóxico e non farmacolóxico), HTA no ancián, emerxencia e urxencia hipertensiva (concepto).

17. Insuficiencia cardíaca: etioloxía, clasificación. Insuficiencia cardíaca aguda e crónica (clínica y tratamento).

18. Cardiopatía isquémica: etioloxía, clínica, diagnóstico, tratamento.

19. Principais entidades de afectación pericárdica.

20. Enfermidade vascular periférica: isquemia arterial aguda nas extremidades, isquemia arterial crónica (etioloxía, diagnóstico e tratamento).

21. Enfermidade tromboembólica venosa: etiopatoxenia, diagnóstico (tromboembolismo pulmonar, trombose venosa profunda).

22. Asma e EPOC: clínica, diagnóstico e tratamento.

23. Bronquiectasia: clínica, diagnóstico, tratamento.

24. Infeccións das vías respiratorias: bronquite aguda (clínica y tratamento), pneumonía (en comunidade/nosocomial, clínica, escalas prognósticas) e gripe.

25. Tuberculose: fisiopaloxía e presentacións clínicas.

26. Patoloxía urolóxica: síntomas do tracto urinario inferior (concepto, clínica e aproximación diagnóstica) retención urinaria, nefrolitíase.

27. Infeccións urinarias: bacter: bacteriuria asintomática, cistite aguda, pielonefrite aguda, epididimite, orquite (definición e clínica. Infección urinaria recorrente).

28. Enfermidade renal crónica: aproximación diagnóstica, atraso da súa progresión. Tratamento renal substitutivo.

29. Infeccións de transmisión sexual: úlceras xenitais, uretrite, epididimite, cervicite, vaxinite, proctite, enfermidade inflamatoria pélvica (conceptos e clínica), VIH (diagnóstico e valoración inicial).

30. Dor abdominal aguda (etioloxía, diagnóstico, entidades clínicas máis relevantes).

31. Hepatites virais: etioloxía, epidemioloxía, clínica e diagnóstico. Hepatite aguda alcohólica: concepto, diagnóstico, prognóstico e tratamento.

32. Hemorraxia dixestiva: alta y baixa (etioloxía e diagnóstico). Hemorraxia oculta.

33. Obstrución intestinal (clasificación, clínica e tratamento), estrinximento no ancián, impactación fecal. Diarrea: aguda (etioloxía, clínica, diagnóstico e tratamento) e crónica (concepto, clasificación y etioloxía).

34. Tiroide: hipertiroidismo e hipotiroidismo (etioloxía, clínica, diagnóstico e tratamento).

35. Diabetes mellitus: tipos, clínica, diagnóstico, avaliación integral e valoración das complicacións metabólicas crónicas e outras comorbilidades. Prediabetes e control glicémico.

36. Anemias: diagnóstico e clasificación.

37. Demencias e síndrome confusional aguda: concepto, etioloxía, diagnóstico e tratamento.

38. Enfermidade cerebrovascular: ictus isquémico (concepto, fisiopatoloxía, clasificación etiopatoxénica), hemorraxia intraparenquimatosa (concepto e etioloxía), hemorraxia subaracnoide (concepto, epidemioloxía, etioloxía e fisiopatoloxía), trombose venosa cerebral (concepto e etioloxía).

39. Ansiedade e depresión: concepto, etioloxía, clínica e tratamento. Axitación psicomotriz (contención verbal, farmacolóxica e mecánica).

40. Tabaco e saúde. Normativa reguladora de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

41. O alcohol e a saúde. Estratexias e métodos de prevención e promoción da saúde. Políticas da Unión Europea e a OMS sobre o alcohol.

42. Alimentación e saúde pública. Estratexia NAOS.

Parte específica da escala de facultativos,
especialidade de psicoloxía, subgrupo A1

1. A metodoloxía en psicoloxía. O concepto de método. O método experimental: definición e a súa estrutura. Os métodos correlacionais: definición e características xerais. Dificultades metodolóxicas.

2. A avaliación psicolóxica: concepto e métodos. Técnicas psicométricas: bases conceptuais e características. Os autoinformes. As técnicas proxectivas. A observación. As dificultades metodolóxicas.

3. Probas de avaliación de intelixencia, aptitude e personalidade. Características. Tipos de cuestionarios.

4. A entrevista psicolóxica (anamnese, entrevista familiar...). Modelos teóricos. Diferentes tipos de entrevista. Fontes de erro na entrevista.

5. Hábitos de vida saudables. Estratexias institucionais: a construción de políticas públicas enfocadas aos hábitos saudables. Ámbitos de intervención para a prevención de condutas de risco e a promoción hábitos de vida saudables. Benestar emocional. Avaliación de riscos e necesidades. Estratexias de prevención e intervención: estratexias persoais, relacionais e participación social e comunitaria. Promoción de hábitos saudables na escola e a comunidade.

6. O informe psicolóxico. Aspectos xerais. Tipos de informe. Estrutura do informe psicolóxico.

7. Principios sociosanitarios da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. Os dereitos de información sociosanitaria, intimidade e respecto da autonomía persoal das persoas maiores e persoas con discapacidade.

8. Principios da intervención social e comunitaria. O benestar como obxectivo: benestar subxectivo, psicolóxico e social. Conceptos de prevención e intervención proactiva. Recursos e relacións sociais. Fundamentos e fases da intervención social e comunitaria. Avaliación inicial, deseño, implantación, xestión e avaliación de programas de intervención. Ámbitos e tarefas do psicólogo da intervención psicosocial comunitaria.

9. Participación cidadá, apoio social e voluntariado. Participación cidadá. Normas reguladoras. O proceso de participación en organizacións comunitarias. Apoio social, redes sociais e grupos de apoio. Aplicacións e programas de intervención psicosocial. Voluntariado en intervencións psicosociais: perfil do voluntariado e normas reguladoras. Variables no inicio e a permanencia do voluntariado. Xestión do voluntariado: captación, selección, formación e supervisión.

10. Intervención psicosocial en situacións de pobreza, desarraigamento e exclusión social. Recursos e normativa estatal e autonómica. Enfoque da saúde positiva e o benestar. Programas e estratexias de intervención. Integración intergrupal e tolerancia. Mediación intercultural.

11. Espectro da esquizofrenia e outros trastornos psicóticos.

12. Trastorno bipolar e trastornos relacionados.

13. Trastornos depresivos.

14. Trastornos de ansiedade. Trastorno obsesivo-compulsivo e trastornos relacionados.

15. Trastornos relacionados con traumas e factores de estrés. Trastornos disociativos.

16. Trastornos alimentarios e da inxesta de alimentos. Trastornos da excreción.

17. Trastornos disruptivos, do control dos impulsos e da conduta.

18. Trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos.

19. Trastornos neurocognitivos. Neuropsicoloxía do dano cerebral adquirido.

20. Trastornos da personalidade.

21. Saúde mental comunitaria. Protocolos de actuación. Programas preventivos. Atención a coidadores. Lexislación de aplicación. Coordinación con outros servizos.

22. Procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade en Galicia. Normas xerais da valoración da discapacidade (Real decreto 1971/1999). A CIF: obxectivos, aplicacións, propiedades, compoñentes. Modelo do funcionamento e da discapacidade. Técnicos de valoración e órgano de valoración e asesoramento: composición e funcións (Orde do 25 de novembro de 2015). Programas e recursos. Situación actual na Comunidade Autónoma de Galicia.

23. Promoción da autonomía persoal e atención á dependencia: principios da lei, dereitos e obrigas dos usuarios, configuración do sistema, prestacións e catálogo de servizos, valoración (Lei 39/2006).

24. Baremo de valoración da situación de dependencia (BVD): criterios de aplicación, relación e descrición de actividades e tarefas (Real decreto 174/2011). Escala de valoración específica (EVE): criterios de aplicación, relación de variables, determinación da severidade (Real decreto 174/2011).

25. Procedemento da valoración da dependencia en Galicia: disposicións xerais, órganos do sistema, procedemento. Iniciación, tramitación, resolución e revisión do recoñecemento do grao de dependencia e do Programa individual de atención (PIA) (Decreto 15/2010).

26. O sistema familiar. Estrutura e función. O ciclo vital familiar e crises evolutivas asociadas. Abordaxes de intervención ante conflitos familiares e maritais: mediación familiar, orientación e consello psicolóxico. Actuacións preventivas, programas para o apoio á función parental.

27. Desenvolvemento evolutivo do/da menor: o primeiro ano e na primeira infancia. Desenvolvemento físico e psicomotor, afectivo, cognitivo, social, comunicación e linguaxe. O desenvolvemento evolutivo na segunda infancia e adolescencia: desenvolvemento cognitivo e socioemocional (autoestima, imaxe, condutas saudables, prevención e intervención en delincuencia e adiccións).

28. Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

29. A Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, sobre a protección xurídica do menor e as principais modificacións do sistema de protección á infancia: a Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.

30. Delincuencia e a violencia xuvenil: modelos integradores. Marco lexislativo. Bandas e grupos violentos. Conflito intergrupal. Modelos e estratexias para a prevención e a intervención na violencia xuvenil.

31. Prevención e intervención en drogodependencias: principais características da conduta adictiva. Prevalencias do consumo de tabaco, alcol, cánnabis, cocaína, heroína e estimulantes. Programas de prevención e intervención en drogodependencias: principios e características.

32. Prevención e intervención en adiccións condutuais: adicción ao móbil, internet e redes sociais. Adicción ao xogo. Factores de risco e sinais de alarma. Detección precoz. Intervención na adicción ás novas tecnoloxías. Intervención preventiva e tratamento.

33. A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

34. Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, que desenvolve a Lei orgánica 5/2000. Principios xerais. As medidas e a súa execución. Modificación e suspensión da execución de medidas.

35. Avaliación psicolóxico-forense e a práctica pericial na Administración de xustiza: rol do psicólogo forense. Competencias específicas do psicólogo no ámbito forense. Aspectos deontolóxicos do psicólogo forense. Ámbitos de intervención do psicólogo forense: civil, penal e social.

36. O proceso de avaliación pericial psicolóxica. A avaliación no ámbito civil: actuación do psicólogo forense no ámbito de familia. Actuación do psicólogo forense no ámbito de incapacidades.

37. A adopción: normativa que a regula, situación actual da adopción. Diferenzas entre adopción nacional e internacional. Criterios de idoneidade e non idoneidade e a súa valoración. O informe da idoneidade/non idoneidade. Actitudes do entrevistador. Intervención psicolóxica no seguimento.

38. O proceso de avaliación psicolóxica. A avaliación no ámbito penal: actuación do psicólogo forense en violencia de xénero, parella e maltrato familiar. Avaliación da credibilidade do testemuño en casos de abuso sexual infantil. Outras actuacións do psicólogo: intervención psicolóxica na proba preconstituída.

39. O informe psicolóxico e a peritaxe psicolóxica: tipos, características e diferenzas. Principais áreas de intervención: xulgados de familia/primeira instancia, xulgados de menores, institutos de medicina legal, xulgados de violencia contra a muller. Metodoloxía e procedemento da avaliación. Valoración. Conclusións. Contraperitaxe.

40. Avaliación xerontolóxica integral: avaliación física e funcional, avaliación mental. Identificación de escalas de valoración estandarizadas e validadas de uso sociosanitario. Profesionais implicados na realización. Dependencia e envellecemento. O maltrato ás persoas maiores.

41. As oficinas de asistencia á vítima do delito. Marco regulador: Estatuto da vítima do delito e Real decreto 1109/2015. Funcións das oficinas. A asistencia psicolóxica. Fases da asistencia.

42. Lei galega de medidas básicas para a inserción social.

43. A promoción da igualdade: xénero e identidade social. Discriminación e sexismo. Marco lexislativo estatal e autonómico e políticas de igualdade. Programas e accións positivas encamiñadas á consecución da igualdade entre homes mulleres: estratexias para o cambio de estereotipos de xénero.

44. Violencia de xénero: o marco social da violencia contra a muller. Marco lexislativo estatal e autonómico. Acoso en contextos laborais e noutros ámbitos de interacción. Violencia nas relacións de parella. Abusos e violencia sexual. Identificación de factores de risco. Protocolos e programas de intervención. Prostitución e trata de mulleres e nenas. Marco legal. Trauma asociado á prostitución e á trata.

Parte específica da escala de ciencias, especialidade de bioloxía, subgrupo A1

1. Medio físico e bioxeográfico de Galicia.

2. Métodos de seguimento das poboacións de fauna e flora. Mostraxes de especies marisqueiras e de recursos ícticos. Dinámica de poboacións: definición de poboación, parámetros poboacionais. Aplicación dos sistemas de información xeográfica (SIX) no seguimento de flora e fauna: descrición e modelos de datos espaciais. Métodos e procedemento de captura de información, análise e consultas. A súa utilidade na xestión do medio natural.

3. A normativa aplicable en Galicia sobre espazos e especies protexidos. Directiva hábitat e aves. Lei 42/2013, do 13 de decembro, de patrimonio natural e da biodiversidade; Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

4. Rede galega de espazos protexidos. Procedemento de declaración e xestión dos espazos naturais protexidos. Instrumentos de planificación. Áreas protexidas por instrumentos internacionais.

5. Rede Natura 2000. Avaliación de plans, programas e proxectos con potencial afección na Rede Natura 2000. Regulación de usos e actividades no Plan director da Rede Natura 2000. Infraestruturas verdes, conectividade e restauración ecolóxica.

6. Conservación das especies ameazadas. Factores de ameaza e instrumentos de conservación. Lista de especies en réxime de protección especial. Catálogo estatal e galego de especies ameazadas. Plans de conservación e recuperación. Especies exóticas invasoras. Regulamento (UE) nº 1143/2014 sobre prevención e xestión da introdución e propagación de especies exóticas invasoras preocupantes para a Unión Europea. Catálogo español de especies exóticas invasoras. Vías de introdución. Xestión das especies presentes en Galicia.

7. A caza en Galicia. Principais especies. Normativa de xestión das especies cinexéticas.

8. A pesca fluvial en Galicia. Principais especies. Normativa de xestión das especies piscícolas. Lei de pesca fluvial en Galicia e títulos I a III do Regulamento de pesca fluvial de Galicia.

9. A paisaxe galega. Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia. Instrumentos para a protección, xestión e ordenación da paisaxe.

10. A Directiva marco da auga. Directiva 2000/60/CE e Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. Obxectivos xerais da directiva marco. Introdución á avaliación e seguimento do estado das masas de auga, integración dos obxectivos ambientais e zonas protexidas. Real decreto 817/2015, do 11 de setembro, polo que se establecen os criterios de seguimento e avaliación do estado das augas superficiais e as normas de calidade ambiental.

11. O dominio público hidráulico. Utilización do dominio público. Administración pública da auga.

12. A planificación hidrolóxica. Elaboración, contido e tramitación dos plans hidrolóxicos de bacía. Real decreto 907/2007, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da planificación hidrolóxica, e Decreto 1/2015, do 15 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia e se regulan determinadas cuestións en desenvolvemento da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. A planificación na demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Real decreto 11/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproban os plans hidrolóxicos das demarcacións hidrográficas de Galicia-Costa, das bacías mediterráneas andaluzas, do Guadalete e Barbate e do Tinto, Odiel e Piedras.

13. Calidade das augas superficiais e subterráneas. Medidas de protección, control e seguimento.

14. Tratamento de augas: augas residuais urbanas e declaración de zonas sensibles. Protección das augas contra a contaminación producida por nitratos e zonas vulnerables.

15. Depuración de augas residuais. Pretratamento e tratamento primarios, tratamentos secundarios e tratamentos terciarios. Xestión de lodos de depuración. Reutilización das augas residuais.

16. Residuos. Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados: clasificación dos residuos e Lista europea de residuos. Xerarquía de residuos. Planificación. Produción, posesión e xestión. Xestión e tratamento de residuos domésticos. Modelos de xestión en Galicia. Residuos específicos e sistemas de responsabilidade ampliada.

17. Toma de mostras de augas, solos e aire ambiente para análises químicas e biolóxicas. Estratexias de mostraxe. Representatividade. Transporte e conservación de mostras.

18. Calidade dos solos. Título V da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, Real decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, e Decreto 60/2009, do 26 de febreiro, sobre solos potencialmente contaminados e procedemento para a declaración de solos contaminados.

19. Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera. Calidade do aire. Xestión e planificación. Redes de calidade do aire. Real decreto 100/2011, do 28 de xaneiro, polo que se actualiza o Catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera e se establecen as disposicións básicas para a súa aplicación.

20. Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrado da contaminación. Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais. Mellores técnicas dispoñibles. O rexistro europeo PRTR.

21. Convención Marco das Nacións Unidas sobre cambio climático e o Protocolo de Quioto e o Acordo de París. Cambio climático en Galicia: causas, impacto e mitigación.

22. Lei 21/2013, do 21 de decembro, de avaliación ambiental: avaliación ambiental estratéxica e avaliación de impacto ambiental. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia: avaliación ambiental de actividades.

23. O dereito de acceso á información, á participación pública e ao acceso á xustiza en materia de ambiente.

24. A responsabilidade ambiental. Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental, e regulamento.

25. Lei de costas. Competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre. Plan de ordenación do litoral de Galicia: título preliminar, títulos I, II e III do Decreto 20/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproba o POL.

26. Os incendios forestais. Causas e efectos sobre os ecosistemas. Medidas de xestión en Galicia.

27. A política pesqueira comunitaria. O Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

28. A frota pesqueira galega. Modalidades de pesca. Artes e aparellos de pesca, a súa regulación xurídica.

29. O marisqueo en Galicia. Principais especies explotadas. Métodos de captura. Plans de explotación marisqueira. Técnicas de cultivo aplicables a bancos marisqueiros.

30. Entidades asociativas profesionais do sector. Confrarías de pescadores, federacións de confrarías e demais asociacións sectoriais.

31. Acuicultura mariña e continental en Galicia. Principais especies explotadas. Principais instalacións e establecementos de acuicultura. Características. Títulos habilitantes. Estratexia galega de acuicultura: definicións e obxectivos.

32. Cultivo de peixes mariños: principais especies cultivadas en Galicia. Métodos e instalacións.

33. Cultivo de moluscos: principais especies cultivadas en Galicia. Métodos e instalacións.

34. As algas macrófitas de interese comercial en Galicia. Principais especies e aplicacións. Explotación e cultivo.

35. Comercialización dos produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura. Control da comercialización. Rastrexabilidade. Transmisión de datos.

36. A promoción dos produtos pesqueiros e agrarios. Calidade diferenciada. Marcas de calidade en Galicia.

37. Condicións sanitarias de invertebrados mariños. Depuración e reinstalación.

38. Mareas vermellas: descrición do fenómeno. Principais especies produtoras de toxinas en Galicia. Control das biotoxinas mariñas e programa de actuacións.

39. Reservas mariñas de interese pesqueiro en Galicia. Normativa de creación, uso e xestión. Plans de xestión das RMIP dos Miñarzos e ría de Cedeira.

40. Contaminación mariña. Principais fontes de contaminación mariña. Decreto 155/2012 polo que se regula a estrutura e organización do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia.

41. Directiva marco sobre a estratexia mariña. Lei 41/2010, do 29 de decembro, de protección do medio mariño. Estratexias mariñas. Rede de áreas mariñas protexidas.

42. A investigación mariña en Galicia. Centros de investigación e centros tecnolóxicos en Galicia.

43. Real decreto 664/1997 sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo: obxecto e ámbito de aplicación, definicións, clasificación dos axentes biolóxicos, identificación e avaliación dos riscos (manipulación deliberada e non deliberada), redución dos riscos e medidas hixiénicas. Risco biolóxico en traballos en que existe contacto con animais ou con produtos de orixe animal, en unidades de eliminación de residuos, en estacións depuradoras de augas residuais e na pesca marítima.

44. Regulamentos REACH e CLP: características de perigo dos produtos químicos, criterios de clasificación de substancias e mesturas químicas, mecanismos de información: etiquetas, fichas de datos de seguridade, restricións de fabricación, comercialización e uso de substancias perigosas. Conceptos xerais de toxicoloxía e seguridade química. Control das exposicións a riscos químicos (hixiénicos e de seguridade). Técnicas xerais: accións de control técnicas, accións de control organizativas. Prioridades no control de riscos: accións sobre o axente, accións sobre o proceso, accións no local de traballo, accións nos métodos de traballo.

45. A prevención do risco no laboratorio: consideracións relativas á estrutura, ao deseño e á distribución dos laboratorios. Consideracións sobre seguridade relativas a instalacións e aparellos. Consideracións sobre operacións comúns. Equipamentos de seguridade: elementos de protección e de actuación. Xestión dos residuos no laboratorio: normas xerais de manipulación de residuos, programa de xestión de residuos no laboratorio: sistema de recollida; clasificación e eliminación de residuos; envasado e etiquetaxe; almacenamento temporal. Manipulación de microorganismos no laboratorio: requirimentos dos diferentes niveis de bioseguridade.

Parte específica da escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, subgrupo A1

1. Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (libro segundo: política industrial).

2. Aspectos xurídicos básicos da empresa. Clases de empresas segundo a súa forma xurídica. Especial mención á sociedade anónima. O rexistro mercantil. Outros tipos de empresas. Sociedades limitadas. Empresas cooperativas.

3. Os estados financeiros da empresa. Balance. Conta de resultados. Ordenación de contas. Masas patrimoniais do activo e pasivo.

4. Análise e diagnóstico económico-financeiro. Obxectivos financeiros da empresa. Rendibilidade, liquidez e risco. Obxectivos do diagnóstico. Análise patrimonial. Esquema de orixe e aplicación de fondos.

5. Medidas da liquidez. Cash-flow e o seu financiamento. Rotación do activo circulante e os seus compoñentes. Flotación de provedores. Medidas da solvencia e a liquidez. Fondo de manobra e capital de traballo necesario.

6. Rendibilidade sobre fondos propios e rendemento sobre activo total. Descomposición da rendibilidade: marxe, rotación, apancamento financeiro. Análise de custos: fixos e variables. As relacións custo-volume-beneficio. O punto morto.

7. Planificación estratéxica e operativa. Programación e orzamentos. Modelos e instrumentos de planificación, programación e elaboración de orzamentos. Funcións directivas: planificación, organización, dirección, motivación e control.

8. Estrutura financeira da empresa. Fontes de financiamento: propias e alleas. O concepto de custo dos recursos e a súa utilización na selección de proxectos de investimentos. Fontes de financiamento máis comúns no noso sistema financeiro, inscrición, utilización, custos e mercados subministradores.

9. O plan de investimentos. Investimento inicial, custos relevantes, fluxos de custos anuais. Criterios económicos de decisión para a aceptación de proxectos de investimentos e a súa priorización.

10. O concurso. Declaración de concurso e os seus efectos sobre as empresas. A Administración concursal.

11. Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación.

12. Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación en Galicia.

13. Lei 24/2015, do 24 de xullo, de patentes: títulos I, II, III, IV e V. Lei 17/2001, do 7 de decembro, de marcas: títulos I, II e III.

14. Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

15. Real decreto 1836/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre instalacións nucleares e radioactivas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia.

16. Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia: títulos I, II, III e V.

17. Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia: capítulos I ao V.

18. Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental: títulos do I ao III. Anexo I e anexo II.

19. Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación: títulos I, II e III.

20. Lei 7/2021, do 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética (títulos I, II, III, IV e VI).

21. A Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia: títulos do I ao IV. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia: capítulo II, título III.

22. Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.

23. Lei 32/2014, do 22 de decembro, de metroloxía: capítulos I ao VI. Real decreto 244/2016, do 3 de xuño, polo que se desenvolve a Lei 32/2014, do 22 de decembro, de metroloxía: capítulos I ao V.

24. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo: anexo I.

25. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

26. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica: títulos I ao VII. Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia: título III.

27. Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica: capítulos I, II, VI e VII. Real decreto 1699/2011, do 18 de novembro, polo que se regula a conexión á rede de instalacións de produción de enerxía eléctrica de pequena potencia: capítulos I, II, III e IV. Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica (capítulos I ao IX).

28. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas ITC LAT-04 e LAT-05.

29. Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos: títulos I ao VI.

30. Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

31. Real decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica.

32. Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios.

33. Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

34. Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural: títulos I ao IV.

35. Real decreto 919/2006, do 28 de xullo, polo que se aproban o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas ICG 01, 03, 04 e 07.

36. Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria. Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial.

37. Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (libro primeiro: seguridade industrial).

38. Avaliación da conformidade e marcación CE. Vixilancia do mercado. Cláusula de salvagarda.

39. Real decreto 559/2010, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Integrado Industrial. Decreto 37/2015, do 12 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Industrial de Galicia.

40. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproban o Regulamento electrotécnico para baixa tensión e as súas ITC BT-04 e BT-05.

41. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 22 e 23.

42. Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproban o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios e a súa ITC 04.

43. Real decreto 2085/1994, do 20 de outubro, polo que se aproban o Regulamento de instalacións petrolíferas e a súa ITC MI-IP 02.

44. Real decreto 809/2021, do 21 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de equipamentos a presión e as súas instrucións técnicas complementarias. ITC EP-1, caldeiras. ITC EP-2, centrais xeradoras de enerxía eléctrica.

45. Real decreto 656/2017, do 23 de xuño, polo que se aproban o Regulamento de almacenamento de produtos químicos e as súas ITC.

46. Real decreto 552/2019, do 27 de setembro, polo que se aproban o Regulamento de seguridade para instalacións frigoríficas e as súas instrucións técnicas complementarias: capítulos I, II, III, IV e V.

47. Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipamentos e compoñentes. Real decreto 920/2017, do 23 de outubro, polo que se regula a inspección técnica de vehículos.

48. Real decreto 513/2017, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios.

49. Real decreto 2267/2004, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais, e anexo III.

50. Aparellos de elevación e o seu mantemento: Real decreto 203/2016, do 20 de maio, polo que se establecen os requisitos esenciais de seguridade para a comercialización de ascensores e compoñentes de seguridade para ascensores.

51. Aparellos de elevación e o seu mantemento: Real decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria MIE-AEM-2. Real decreto 837/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria MIE-AEM-4.

52. Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas.

Parte específica da escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, subgrupo A1

1. As redes de estradas. Catálogos e inventarios. Travesías e tramos urbanos. Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e o seu regulamento. A protección do dominio público viario e as limitacións á propiedade na lexislación de estradas de Galicia.

2. Estudos de tráfico. Métodos de previsión da demanda. Datos e mapas de tráfico. Capacidade e niveis de servizo.

3. Planificación de estradas. Plan director de estradas de Galicia e plans sectoriais de estradas. Indicadores económicos, socioeconómicos e territoriais. Eficiencia na execución de infraestruturas viarias. Avaliación de alternativas.

4. Estudos e proxectos de estradas. Clasificación. Normativa, tramitación e aprobación. Formas de obtención dos terreos. A expropiación forzosa.

5. Trazado de estradas. Trazado en planta. Trazado en alzado. Sección transversal. Enlaces e interseccións.

6. Obras de terra e drenaxe. Estudos e recoñecementos. Obras de paso: tipoloxía, localizacións, recoñecementos e bases de deseño. Auscultación, conservación e explotación.

7. Os firmes das estradas de nova construción. Bases de proxectos. Materiais. Unidades de obra. Métodos de cálculo. Selección. A normativa española de proxectos de construción. Conservación e rehabilitación de firmes.

8. Obras de estradas: sistemas de execución e organización. Control de obras: xeométrico, cuantitativo e cualitativo. Materiais e maquinaria. Sistemas de realización de control. Sinalización de obras.

9. A conservación das estradas. Vialidade invernal. Recoñecementos sistemáticos e inspeccións especiais. A vixilancia das estradas: a súa programación e a súa execución.

10. Explotación de estradas. Sinalización, balizamento, iluminación e defensas. Ordenación e regulación da circulación. O ruído na contorna das estradas: problemática e medidas correctoras.

11. Seguridade viaria: problemática, indicadores e medidas de mellora. Auditorías de seguridade viaria. Accesos nas estradas convencionais de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

12. Conceptos básicos da lexislación no transporte terrestre. Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (modificada pola Lei 9/2013), e o seu regulamento. A política de transportes na Comunidade Autónoma de Galicia. A mobilidade sustentable. As redes transeuropeas do transporte: obxectivos, desenvolvemento, evolución e financiamento.

13. Transporte de mercadorías. Características, repartición modal, estrutura e evolución. O transporte de mercadorías por estrada. A intermodalidade no transporte de mercadorías. Centros de transporte e loxística. Portos secos. Transporte de viaxeiros. Características, repartición modal, estrutura e evolución. O transporte de viaxeiros por estrada no ámbito metropolitano e interurbano. Estacións de autobuses. A intermodalidade no transporte de viaxeiros. Estacións intermodais.

14. Lei 38/2015, do 29 de setembro, do sector ferroviario. As especificacións técnicas de interoperabilidade (ETI), compoñentes e subsistemas, requisitos esenciais, organismos notificados.

15. Transporte ferroviario. Estrutura da vía: o carril; as travesas; as suxeicións e outros elementos do pequeno material da vía; xuntas; barra longa soldada; o balastro e a plataforma; aparellos de vía; vía en placa; obras de fábrica. Xeometría e comportamento mecánico da vía: xeometría da vía en planta e alzado; mecánica da vía; evolución da calidade da vía. Operacións sobre a vía: auscultación, conservación e renovación da vía; proxecto e construción de novas liñas. Impacto ambiental no ferrocarril.

16. Explotación de ferrocarrís. Estacións. Dinámica ferroviaria: adherencia e tracción; resistencias e esforzos; a freada; dinámica vehicular. A tracción eléctrica: características; liña de contacto e circuíto de retorno. Explotación: sinalización; encravamentos; comunicacións; sistemas actuais de explotación; capacidade de tráfico. Outros sistemas ferroviarios: metro, metro lixeiro.

17. Directiva marco da auga. Obxectivos xerais da directiva marco. Obxectivos ambientais. Caracterización das masas de auga, presións e impactos. Determinación e seguimento do estado das masas de auga. Recuperación de custos. Programa de medidas. Transposición. Directivas relacionadas.

18. A Administración pública da auga. Competencias das distintas administracións en materia de augas e obras hidráulicas. Lexislación estatal e autonómica. Organismos de bacía: configuración e funcións. Órganos de goberno, administración e cooperación. Facenda e patrimonio. Repartición e distribución da auga. A Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e os seus regulamentos.

19. Texto refundido da Lei de augas, e Regulamento do dominio público hidráulico (DPH). DPH: augas públicas e privadas. Utilización do DPH: servidumes, usos comúns e privativos, concesións e autorizacións, rexistro de augas e réxime xurídico das comunidades de usuarios. Recoñecemento de dereitos anteriores a 1986. Protección do DPH: zonas de servidume e de policía, apeo e deslindamento.

20. Planificación hidrolóxica. Lexislación e normativa estatal e autonómica. O proceso de planificación hidrolóxica. Contido dos plans hidrolóxicos de bacía. O Plan hidrolóxico nacional. Plans hidrolóxicos en Galicia. O Plan hidrolóxico Galicia-Costa.

21. Lexislación de augas en materia de calidade de augas superficiais e subterráneas. Indicadores de calidade para a clasificación e seguimento do estado. Real decreto 817/2015, do 11 de setembro, polo que se establecen os criterios de seguimento e avaliación do estado das augas superficiais e as normas de calidade ambiental. Criterios de deseño de programas de control. Criterios de avaliación de estado. Real decreto 1514/2009, do 2 de outubro, polo que se regula a protección das augas subterráneas contra a contaminación e a deterioración.

22. Inundacións e secas. Directiva 2007/60/CE e Real decreto 903/2010, do 9 de xullo, de avaliación e xestión do risco de inundación. Plans de xestión de risco de inundación (PXRI). PXRI de Galicia-Costa. Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario. Plans de seca. Plan especial de seca da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa. Previsión e cálculo de máximas enchentes. Sistemas de alerta temperá. Caracterización das secas. Medidas de prevención, mitigación, protección e corrección.

23. Recursos hídricos superficiais e subterráneos. Ciclo hidrolóxico. Avaliación de recursos en réxime natural, recursos dispoñibles. Caudais ecolóxicos. Demandas. Balances hídricos. Modelos de optimización e simulación de recursos. Características xerais do balance hídrico nacional, de Galicia e da Demarcación hidrográfica Galicia-Costa (DHGC). Principais características das augas superficiais e subterráneas da DHGC. Control de caudais superficiais e subterráneos: redes oficiais.

24. Presas e balsas. Tipoloxías. Vertedoiros, tomas e desaugadoiros. Construción, auscultación, explotación e conservación. Estudos de laminación, regulación e garantía. A seguridade de presas, encoros e balsas no Regulamento do DPH. Instrución para proxecto, construción e explotación de grandes presas. Regulamento técnico de seguridade de presas e encoros. Directriz básica de planificación de protección civil ante o risco de inundacións. Análises de risco e de rotura de presas.

25. Sistemas de abastecemento ás poboacións. Redes e estacións de tratamento de auga potable. Lexislación, normativa e criterios de deseño. Traballos de explotación e conservación destas infraestruturas. Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga.

26. Sistemas de saneamento de augas residuais urbanas: redes, estacións depuradoras e emisarios submarinos. Lexislación, normativa e criterios de deseño. Traballos de explotación e conservación destas infraestruturas. Técnicas de drenaxe urbana sustentable e reutilización de augas depuradas. Lexislación e normativa en materia de xestión de verteduras.

27. Obras fluviais: protección, corrección e regularización de leitos. Canalizacións. Defensa de poboacións. Restauración de ríos. Técnicas de enxeñaría biolóxica.

28. Planificación portuaria: análise da situación actual. Estatísticas portuarias. Previsións de tráfico. Definición das necesidades de infraestrutura e equipamento. Criterios económicos. Programación de investimentos.

29. Obras portuarias exteriores. Diques de abrigo, criterios de selección, métodos construtivos. Atracadas e instalacións non abrigadas. Estudos económicos. Determinación da onda de cálculo: análise de risco e análise determinista. Estudos de modelo reducido.

30. Obras portuarias interiores: obras de atracada, tipoloxía, criterios de deseño. Recheos e pavimentacións. Equipamentos de carga, descarga e manipulación de mercadorías. Criterios de selección.

31. Obras de dragaxes: obxectivos, métodos e tipos de drenaxe, criterios de selección. Obras de construción e reparación de buques.

32. A operación portuaria. Estrutura tarifaria actual e análise de custos.

33. Organización portuaria: referencias internacionais. Autoridade portuaria e as súas modalidades. A Administración portuaria en Galicia: Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, e o seu regulamento.

34. Réxime económico-financeiro dos portos: referencias internacionais. Financiamento dos portos españois. Caso dos portos de competencia da Comunidade Autónoma galega. Criterios de rendibilidade.

35. A Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (modificada pola Lei 2/2013), e o Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas. Bens de dominio público marítimo-terrestre: clasificación, definicións e o seu réxime de utilización. Limitacións de propiedade sobre os terreos contiguos á ribeira do mar. Réxime de competencias das distintas administracións.

36. Enxeñaría de costas: dinámica litoral. Defensa e rexeneración de costas e praias: criterios de deseño. Paseos marítimos. Xustificación, criterios de deseño.

37. Os proxectos de obras. A súa autorización. Anteproxectos e estudos previos. Estrutura do proxecto. Pregos de cláusulas administrativas: xerais e particulares. As normas técnicas e os pregos de condicións técnicas. A implantación.

38. A execución do contrato de obra. Réxime de relacións co contratista. Modificación do contrato. Suspensión das obras. Revisión de prezos. Recepción e liquidación.

39. Análise de proxectos de investimento. Avaliación técnico-económica de proxectos. Identificación de custos e beneficios. Rendibilidade económica e social. Análise multicriterio. Aspectos financeiros da análise de proxectos. Técnicas de medida de valores e análise.

40. Programación de actividades de obra. Control e seguimento no traballo. O control de calidade. Normativa técnica. Control de calidade nos pregos de condicións. Calidade de materias e de execución. Laboratorio de control de obras. Probas finais e recepción.

41. Programación de traballo. Preparación lineal e dinámica. Técnicas de programación de actividades de obra. Control e seguimento do traballo.

42. Seguridade e saúde na construción e nas obras públicas. Disposicións vixentes. Responsabilidades. Xestión de residuos en obra. Utilización de residuos en obra pública. Vixilancia ambiental de obras. Principais autorizacións sectoriais: augas, patrimonio e ambiente.

43. Marco legal e institucional para a xestión do ambiente en España: antecedentes, situación e perspectivas. A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Normas adicionais para a xestión do ambiente na Comunidade Autónoma de Galicia. Procedementos administrativos. Criterios de sustentabilidade ambiental aplicables nos plans e proxectos de infraestruturas.

44. Interpretación no campo internacional. Organismos activos e convenios internacionais de aplicación ao ambiente. Principais directivas da Unión Europea en materia ambiental. A Directiva de emisións industriais. A Directiva sobre a avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente. A directiva relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

45. O Plan de ordenación do litoral de Galicia. Modelo de ordenación e normativa.

46. Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

47. Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.

Parte específica da escala de inspección urbanística,
especialidade xurídica, subgrupo A1

1. Dereito urbanístico: evolución histórica da lexislación urbanística en España. Evolución da lexislación galega sobre urbanismo e ordenación do territorio. Principios básicos do ordenamento urbanístico vixente.

2. A organización administrativa do urbanismo: o urbanismo como función pública. Competencias da Administración do Estado. Competencias da Administración autonómica. Competencias da Administración local; en particular, as de carácter municipal.

3. Lexislación estatal de solo: principios. As condicións básicas da igualdade nos dereitos e deberes constitucionais dos cidadáns.

4. Lexislación estatal de solo: bases do réxime do solo.

5. Lexislación estatal de solo: expropiación forzosa e responsabilidade patrimonial.

6. A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento que a desenvolve: obxectivos e principios xerais.

7. As clases e categorías de solo na lexislación urbanística e no seu desenvolvemento regulamentario. A definición de soar.

8. Réxime xurídico do solo urbano e do solo urbanizable. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento adaptado e non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, así como aos municipios sen planeamento.

9. Réxime xurídico do solo de núcleo rural. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento adaptado e non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, así como aos municipios sen planeamento.

10. Réxime xurídico do solo rústico. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento adaptado e non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, así como aos municipios sen planeamento.

11. Os instrumentos de ordenación urbanística: clases e obxectivos. Disposicións xerais sobre o planeamento: límites de sustentabilidade, calidade e cohesión social.

12. Plan básico autonómico e o seu planeamento de desenvolvemento. Formulación, tramitación e aprobación destes instrumentos de planeamento.

13. Plan xeral de ordenación municipal: documentación e determinacións. Formulación, tramitación e aprobación do planeamento xeral.

14. Planeamento de desenvolvemento dos plans xerais de ordenación municipal. Plans parciais e plans especiais: documentación e determinacións. Formulación, tramitación e aprobación destes instrumentos de planeamento.

15. Ordenación que afecte varios municipios. Outras figuras de planeamento: delimitacións de solo de núcleo rural. Estudos de detalle. Catálogos. Formulación, tramitación e aprobación destes instrumentos de planeamento.

16. Publicidade, vixencia e efectos da aprobación dos plans. Revisión, modificación e suspensión. As normas de aplicación directa.

17. A execución do planeamento: disposicións xerais, áreas de repartición, aproveitamento tipo, polígonos de execución, regras xerais da equidistribución.

18. Sistemas de actuación: directos e indirectos. Obtención de sistemas xerais e locais.

19. Instrumentos de intervención no mercado do solo. Especial referencia ao patrimonio público de solo.

20. Fomento da edificación, conservación e rehabilitación. O deber de conservación. A declaración de ruína. As ordes de execución.

21. Os convenios urbanísticos.

22. Os títulos habilitantes de natureza urbanística: licenzas e comunicacións urbanísticas. Finalidade, natureza xurídica e actos suxeitos e exentos. A autorización autonómica para usos e actividades en solo rústico.

23. Procedemento de outorgamento das licenzas urbanísticas. Os efectos do silencio. Extinción.

24. Parcelacións urbanísticas. Divisións. Segregacións.

25. A inspección urbanística. O plan de inspección.

26. A protección da legalidade urbanística. Obras e usos sen título habilitante de natureza urbanística.

27. Suspensión, revisión e impugnación de licenzas.

28. Infraccións urbanísticas e sancións.

29. Os delitos urbanísticos. O principio de non bis in idem.

30. Réxime xurídico das construcións e edificacións tradicionais existentes en solo rústico e solo de núcleo rural. Réxime transitorio de autorizacións e licenzas outorgadas en solo rústico con anterioridade á entrada en vigor da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

31. Os órganos urbanísticos da Comunidade Autónoma. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

32. Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia: obxecto, principios orientadores, fins e obxectivos. Instrumentos de ordenación do territorio.

33. As directrices de ordenación do territorio. Os plans territoriais.

34. Plans sectoriais e proxectos de interese autonómico.

35. A Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas. Os bens de dominio público marítimo-terrestre e a súa protección. As servidumes.

36. A utilización do dominio público marítimo-terrestre. Concesións e autorizacións.

37. Infraccións e sancións en materia de costas. Procedemento sancionador en materia de costas.

38. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre. Autorizacións. Declaración responsable de obras. Procedemento sancionador e restitución á situación orixinaria.

39. Réxime transitorio das construcións previas á lexislación de costas sobre dominio público marítimo-terrestre e a súa servidume de protección.

40. O urbanismo e o Rexistro da Propiedade. Actos e títulos inscritibles. Aspectos rexistrais da execución do planeamento. Inscricións de obra nova. Reflexo rexistral dos procesos xudiciais en materia de urbanismo. A anotación preventiva. O asento de cancelación.

41. Lexislación sectorial relacionada co urbanismo: estradas, ferrocarril, portos, augas e patrimonio cultural.

Parte específica da escala de veterinarios, subgrupo A1

1. A Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade: dereito á protección da saúde, principios xerais e actuacións sanitarias do sistema de saúde. Intervención pública en relación coa saúde individual e colectiva. Infraccións e sancións. Competencia das administracións públicas. A Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: disposicións xerais. Medidas de prevención e seguridade dos alimentos e pensos. Control oficial e coordinación administrativa. Instrumentos de seguridade alimentaria. Laboratorios. Publicidade de alimentos. Potestade sancionadora. Infraccións e sancións. Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agro-alimentaria: a toma de mostras.

2. A Lei 8/2008, de saúde de Galicia. Obxecto, alcance e definicións. Concepto de autoridade sanitaria. Intervencións públicas sobre actividades, centros e bens. Inspección sanitaria. Lei 33/2011, xeral de saúde pública: título preliminar e título I.

3. O Regulamento (CE) nº 178/2002 polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria. O Regulamento (UE) nº 931/2011, relativo aos requisitos en materia de rastrexabilidade establecidos polo Regulamento (CE) nº 178/2002.

4. O Regulamento (CE) nº 852/2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios. Os sistemas de autocontrol baseados nos principios da análise de perigos e puntos de control crítico: directrices do Codex Alimentarius. Comunicación da Comisión Europea sobre a aplicación de sistemas de xestión da seguridade alimentaria que recollen programas de prerrequisitos (PPR) e procedementos baseados nos principios do APPCC, incluída a facilitación/flexibilidade respecto da súa aplicación en determinadas empresas alimentarias.

5. O Regulamento (CE) nº 853/2004 polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal.

6. A normativa autonómica en que se regula o control sanitario de moluscos bivalvos vivos en Galicia, o control sanitario de biotoxinas e microbiolóxico nos centros de expedición, depuración, transformación e, en xeral, de manipulación de moluscos bivalvos vivos, así como a normativa autonómica pola que se regula a extracción e comercialización de vieira (Pecten maximus).

7. A normativa estatal pola que se flexibilizan determinadas condicións de aplicación das disposicións da Unión Europea en materia de hixiene da produción e comercialización dos produtos alimenticios e se regulan actividades excluídas do seu ámbito de aplicación. A normativa estatal pola que se establecen as condicións sanitarias de produción, almacenamento e comercialización das carnes frescas e os seus derivados nos establecementos de comercio polo miúdo.

8. O Regulamento (UE) 2017/625, relativo aos controis e outras actividades oficiais realizadas para garantir a aplicación da lexislación sobre alimentos e pensos e das normas sobre saúde e benestar dos animais, sanidade vexetal e produtos fitosanitarios: títulos I ao V, o capítulo I do título VI e o anexo III.

9. O Regulamento (CE) nº 2073/2005, relativo aos criterios microbiolóxicos aplicables aos produtos alimenticios: agás os anexos. O Regulamento de execución 2015/1375 polo que se establecen normas específicas para os controis oficiais da presenza de triquinas na carne: obrigas das autoridades competentes e dos operadores de empresas alimentarias.

10. A normativa estatal pola que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

11. O Regulamento 1881/2006 polo que se fixa o contido máximo de determinados contaminantes nos produtos alimenticios: agás os anexos. Os métodos de mostraxe e análises para o control de contaminantes nos produtos alimenticios establecidos nos regulamentos 401/2006, 1882/2006, 333/2007 e 2017/644: agás os anexos.

12. O Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos. O Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios.

13. O Regulamento (CE) nº 1333/2008, sobre aditivos alimentarios, sen incluír os anexos excepto o anexo I.

14. Materiais en contacto con alimentos: o Regulamento 1935/2004, sobre os materiais e obxectos destinados a entrar en contacto con alimentos.

15. A normativa estatal pola que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano: agás os anexos. A normativa estatal pola que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano: sen incluír os anexos III ao VII. A normativa estatal pola que se regula o proceso de elaboración e comercialización de augas preparadas envasadas para o consumo humano: agás os anexos.

16. O Regulamento 589/2008 polo que se establecen as disposicións de aplicación das normas de comercialización dos ovos: sen incluír os anexos excepto o anexo II.

17. A Lei 8/2003, de sanidade animal: disposicións xerais. Prevención das enfermidades dos animais. Loita, control e erradicación de enfermidades dos animais. Laboratorios. Ordenación sanitaria do mercado dos animais. Inspeccións, infraccións e sancións.

18. A normativa estatal pola que establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega). A normativa estatal pola que se establece e regula o Rexistro Xeral de Movementos de Gando (Remo) e o Rexistro Xeral de Identificación Individual dos Animais (RIIA).

19. A normativa estatal pola que se establecen normas básicas de ordenación das explotacións porcinas intensivas. A normativa estatal pola que se establecen normas básicas de ordenación de gando porcino extensivo.

20. A normativa estatal pola que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas. A normativa estatal pola que se establece e regula o Rexistro Xeral de Establecementos de Galiñas Poñedoras.

21. A normativa estatal pola que se establecen normas de ordenación das explotacións cunícolas. A normativa estatal pola que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.

22. A normativa estatal pola que se regula a ordenación zootécnica, sanitaria e de benestar animal das explotacións equinas e se establece o plan sanitario equino.

23. A normativa estatal pola que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina. A normativa estatal pola que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa.

24. A normativa estatal pola que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie porcina. A normativa estatal pola que se regula o sistema de identificación e rexistro dos animais da especie equina.

25. A normativa estatal pola que se establece a lista das enfermidades dos animais de declaración obrigatoria e se regula a súa notificación. A normativa estatal pola que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais.

26. A normativa estatal sobre a vixilancia das zoonoses e os axentes zoonóticos: dis- posicións xerais. Vixilancia das zoonoses e dos axentes zoonóticos. Resistencia aos antimicrobianos. Gromos de zoonoses. Zoonoses e axentes zoonóticos que deben ser obxecto de vixilancia. O Regulamento (CE) nº 2160/2003 sobre o control da salmonela e outros axentes zoonóticos específicos transmitidos polos alimentos: disposicións introdutorias. Obxectivos comunitarios. Programas de control. Zoonoses e axentes zoonóticos con respecto aos cales se fixarán obxectivos comunitarios de redución da prevalencia. Control das zoonoses e dos axentes zoonóticos mencionados.

27. O Regulamento (CE) nº 999/2001 polo que se establecen disposicións para a prevención, o control e a erradicación de determinadas encefalopatías esponxiformes transmisibles: disposicións xerais. Determinación da cualificación sanitaria respecto da EEB. Prevención das EET. Control e erradicación das EET.

28. A normativa estatal pola que se establecen as bases do Plan de vixilancia sanitaria do gando porcino. A normativa estatal pola que se establecen as bases do programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.

29. A normativa estatal sobre normas sanitarias para o intercambio intracomunitario de animais das especies bovina e porcina.

30. O Regulamento (UE) 2019/6 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, sobre medicamentos veterinarios: obxecto, ámbito de aplicación e definicións, e subministración e uso.

31. A normativa pola que se establecen as medidas de control aplicables a determinadas substancias e os seus residuos nos animais vivos e os seus produtos. A normativa estatal pola que se prohibe utilizar determinadas substancias de efecto hormonal e tirostático e substancias beta-agonistas de uso na cría do gando. O Regulamento delegado (UE) 2019/2090 da Comisión, do 19 de xuño de 2019, que complementa o Regulamento (UE) 2017/625 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta aos casos de sospeita ou constatación de incumprimento das normas da Unión aplicables ao uso de substancias farmacoloxicamente activas autorizadas ou os seus residuos en medicamentos veterinarios ou como aditivos de pensos, ou das normas da Unión aplicables ao uso de substancias farmacoloxicamente activas non autorizadas ou prohibidas ou os seus residuos.

32. O Regulamento (CE) nº 1069/2009, subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano: disposicións xerais. Obrigas xerais dos explotadores.

33. O Regulamento (UE) nº 142/2011, subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano: recollida, transporte e rastrexabilidade. Materias primas para alimentación animal (anexo X). O Real decreto 1528/2012, do 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano: recollida, transporte e identificación, documento comercial e certificado sanitario, rexistro e autorización.

34. O Regulamento (CE) nº 183/2005 sobre requisitos en materia de hixiene dos pensos. O Real decreto 629/2019, do 31 de outubro, polo que se regula o Rexistro Xeral de Establecementos no Sector da Alimentación Animal, as condicións de autorización ou rexistro dos ditos establecementos e dos puntos de entrada nacionais, a actividade dos operadores de pensos, e a Comisión Nacional de Coordinación en Materia de Alimentación Animal (articulados e anexos I e II).

35. O Regulamento (CE) nº 767/2009 sobre a comercialización e a utilización dos pensos: disposicións preliminares, requisitos xerais, comercialización de tipos específicos de pensos, etiquetaxe, presentación e envasado, e catálogo comunitario de materias primas para pensos e códigos comunitarios de boas prácticas de etiquetaxe e o seu anexo III.

36. O Regulamento (UE) 2019/4, relativo á fabricación, a comercialización e o uso de pensos medicamentosos: articulado e anexos I, III e V. O Regulamento (CE) nº 1831/2003 sobre os aditivos na alimentación animal: ámbito de aplicación e definicións; etiquetaxe e envasado, e o seu anexo I.

37. A normativa estatal pola que se regula o control oficial do rendemento leiteiro para a avaliación xenética nas especies bovina, ovina e cabrúa.

38. A normativa estatal pola que se establecen as condicións básicas para a comercialización dos produtos reprodutivos das especies gandeiras no ámbito nacional e se regulan medidas para a aplicación da normativa europea aplicable aos desprazamentos dentro da Unión Europea de produtos reprodutivos das especies gandeiras.

39. A normativa estatal pola que se establecen as normas zootécnicas aplicables aos animais reprodutores de raza pura, porcinos reprodutores híbridos e o seu material reprodutivo, e se actualiza o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras.

40. A Lei 32/2007 para o coidado dos animais na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio. A normativa estatal relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras.

41. A normativa estatal relativa ás normas mínimas para a protección de tenreiros. A normativa estatal relativa ás normas mínimas para a protección de porcos.

42. O Regulamento (CE) nº 1/2005, relativo á protección dos animais durante o transporte e as operacións conexas: ámbito de aplicación, definicións e condicións xerais aplicables ao transporte de animais. Organizadores, transportistas, posuidores e centros de concentración. Deberes e obrigas das autoridades competentes. Aplicación do regulamento e intercambio de información. Especificacións técnicas do regulamento: aptitude para o transporte. Medios de transporte. Prácticas de transporte. Intervalos de subministración de auga, de alimentación e tempo de viaxe e de descanso. Disposicións complementarias para as viaxes longas de équidos domésticos e animais domésticos das especies bovina, ovina, cabrúa e porcina. Aspectos xerais do caderno de a bordo ou folla de ruta.

43. O Regulamento (CE) nº 1099/2009, relativo á protección dos animais no momento da matanza.

44. Lei 4/2017, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia: títulos preliminar, I a VII.

45. A Lei 50/1999, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos. A regulación da tenza de animais potencialmente perigosos, do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e de Animais Potencialmente Perigosos e do adestramento de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.

46. A Lei 31/2003, do 27 de novembro, de conservación da fauna silvestre nos parques zoolóxicos.

47. Información alimentaria facilitada ao consumidor: o Regulamento (UE) nº 1169/2011 sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor: agás os anexos IV e do XIII ao XV. O Regulamento (UE) nº 1924/2006, relativo ás declaracións nutricionais e de propiedades saudables dos alimentos. A normativa estatal relativa á información alimentaria dos alimentos que se presenten sen envasar para a venda ao consumidor final e ás colectividades, dos envasados nos lugares de venda por petición do comprador, e dos envasados polos titulares do comercio polo miúdo. A normativa estatal pola que se regula a identificación do lote a que pertence un produto alimenticio.

48. O Regulamento (UE) nº 1380/2013 sobre a política pesqueira común: da parte I, Disposicións xerais. Da parte III, o título I «Medidas de conservación» e título II «Medidas específicas». Da parte VII, «Acuicultura». Da parte IX, «Control e execución», agás os anexos. Regulación dos tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia.

49. O Regulamento (CE) nº 1224/2009 polo que se establece un réxime comunitario de control para garantir o cumprimento das normas da política pesqueira común: disposicións xerais. Principios xerais. Control da comercialización. O Regulamento (UE) nº 404/2011 que establece as normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) nº 1224/2009: o control de comercialización.

50. A Lei 11/2008, de pesca de Galicia: conservación e xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros. Comercialización, transformación e promoción dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura. Réxime sancionador.

51. O Regulamento (UE) nº 1379/2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura: disposicións xerais. Normas comúns de comercialización. Información do consumidor.

52. Normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco en Galicia e en España. O sistema de transmisión de datos na fase de primeira venda da pesca fresca en Galicia. O control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda, e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos en Galicia. A regulación da descarga, transporte e primeira venda dos produtos pesqueiros e acuícolas dos cales non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa en Galicia.

53. Requisitos zoosanitarios dos animais e dos produtos da acuicultura, e prevención e control de determinadas enfermidades dos animais acuáticos: disposicións xerais. Explotacións de acuicultura e establecementos de transformación autorizados. Requisitos zoosanitarios para a posta no mercado de animais e produtos da acuicultura. Notificación e medidas mínimas para o control de enfermidades. O Regulamento 1251/2008 polo que se aplica a Directiva 2006/88/CE no referente ás condicións e aos requisitos de certificación para a comercialización e a importación na Comunidade de animais da acuicultura e produtos derivados e se establece unha lista de especies portadoras: agás os anexos.

Parte específica da escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de telecomunicacións, subgrupo A1

1. Evolución dos modelos de regulación: modelo privado versus modelo PIT. O proceso de liberalización das telecomunicacións. Fundamentos da regulación. As fases da competencia. Modelos de competencia. Tendencias da competencia e a regulación.

2. Organismos internacionais de telecomunicacións. Unión Internacional de Telecomunicacións: evolución, obxectivos e organización. Sectores: UIT-R, UIT-T e UIT-D. A reforma da ITU. Instituto Europeo de Normalización de Telecomunicación (ETSI). Outros organismos.

3. As autoridades reguladoras nacionais (ARN). Obxecto e caracterización. A Comisión Federal das Comunicacións (FCC). ARN en Europa: orixe. Oficina de Telecomunicacións do Reino Unido (Oftel). Outras ARN. A creación da Comisión do Mercado das Telecomunicacións.

4. Política de telecomunicacións da Unión Europea. Directiva (UE) 2018/1972 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, pola que se establece o Código europeo das comunicacións electrónicas.

5. Sociedade da información na Unión Europea. Orixe. Principais actuacións estratéxicas: documentos e contidos. Principais actuacións sectoriais. A Década Dixital de Europa: metas dixitais para 2030. Fontes de financiamento da UE para o desenvolvemento da sociedade da información. Os fondos comunitarios. Fondos estruturais. A sociedade da información: Feder 2021-2027. Fondos MRR.

6. Lei 11/2022, xeral de telecomunicacións. Estrutura. Obxectivos. Contido da lei. Desenvolvemento regulamentario.

7. A protección de datos de carácter persoal. Fundamentos constitucionais. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII. Real decreto 346/2011 polo que se aproba o Regulamento regulador das infraestruturas comúns de telecomunicacións para o acceso aos servicios de telecomunicación no interior das edificacións. Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia. A situación e regulación do mercado das telecomunicacións en España.

8. Explotación de redes e prestacións de servizos de comunicacións electrónicas: ámbito, condicións. Procedemento de inscrición no Rexistro de Operadores. Limitacións e trámites particulares.

9. Interconexión de redes. Disposicións de referencia. Acordos de interconexión. Cálculo de custos. Prezos de interconexión. As tarifas de servizos por xunto reguladas en España.

10. Os servizos públicos na Lei xeral de telecomunicacións (LXT). Antecedentes. O servizo universal. Outras obrigas. Dereitos de paso.

11. Xestión do espectro radioeléctrico. Necesidade e obxectivos. Aspectos económicos. Cadro Nacional de Atribución de Frecuencias (CNAF). A LXT e a xestión do espectro.

12. A regulación da numeración. Antecedentes en España. Política da Unión Europea. A LXT e a numeración. Plan nacional de numeración. Asignación e reserva de números. Procedementos: selección de operador, portabilidade. Situación actual.

13. Lei xeral de comunicación audiovisual e desenvolvemento regulamentario.

14. Os servizos públicos de comunicación audiovisual. Antecedentes. Corporación de Radio y Televisión Española: organización, réxime económico e de persoal.

15. Lei dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia. A CRTVG. Creación, órganos e funcionamento.

16. Tecnoloxía da TDT. Estándar DVB. Redes de frecuencia única e multifrecuencia. Regulamento da TDT.

17. Plan técnico nacional da televisión dixital terrestre.

18. Plan técnico nacional da televisión local. Rexistro de parámetros de información dos servizos de TDT.

19. Réxime xurídico da xestión do servizo público da televisión dixital en Galicia. Principios e clasificacións. Procedemento de concesións. Dereitos e obrigas dos concesionarios.

20. O desenvolvemento da TDT. Situación actual. Dividendo dixital, Televisión de proximidade. Réxime xurídico. Televisión en mobilidade. Actuacións para o seu desenvolvemento.

21. Extensión da cobertura da TDT. Universalización da TDT.

22. Servizos de comunicación audiovisual radiofónica. Características e servizos soportados. Réxime xurídico. Plan técnico nacional da radiodifusión sonora en FM.

23. Desenvolvemento do servizo de comunicación audiovisual radiofónica en Galicia. Normativa e procedemento.

24. Servizos de radiodifusión dixital. Estándar DAB. Características e servizos soportados. Réxime xurídico. Plan técnico nacional da radiodifusión sonora dixital terreal.

25. Proxectos técnicos de radiodifusión e televisión. Normativa aplicable e recomendacións da SETSl. A protección do dominio público radioeléctrico. Servidumes aeronáuticas.

26. Desenvolvemento da sociedade da información: Estratexia dixital de Galicia 2030. Eixes estratéxicos. Iniciativas do Goberno galego en materia TIC.32. Lei de medidas de impulso da sociedade da información. Factura electrónica. Lei de sinatura electrónica. Regulamento UE relativo á identificación electrónica e aos servizos de confianza para as transaccións electrónicas no mercado interior.

27. Administración electrónica e sociedade da información. Implantación da administración electrónica. Sede electrónica e servizos de sede. Rexistro electrónico. Expediente electrónico. Arquivamento electrónico de documentos. Dixitalización, compulsa electrónica. Factura e licitación electrónicas. Competencia da Comunidade Autónoma en materia de telecomunicacións e da sociedade da información. A Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia. A LXT. Departamentos da Administración autonómica con competencias en materia de tecnoloxías da información e a comunicación: estrutura, funcións e evolución. Órganos interdepartamentais. Participacións en órganos estatais.

28. Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia e regulación que a desenvolve.

29. Redes de comunicacións da Xunta de Galicia. Rede de emerxencias de Galicia. Rede de difusión e contribución da radio e televisión de Galicia. Estrutura das redes. Servizos e aplicacións.

30. A rede corporativa de voz e datos da Xunta de Galicia. Infraestruturas tecnolóxicas, estrutura e extensión. Xestión da rede. Servizos corporativos.

31. A empresa Redes de Telecomunicación de Galicia (Retegal). Creación. Obxecto e fins. Órganos da sociedade e funcionamento. Adscrición de infraestruturas. Actividades realizadas.

32. O concepto de innovación e sistema de innovación. Innovación e desenvolvemento tecnolóxico en Galicia. Esforzo, converxencia e resultados de I+D. Administración autonómica e IDT.

33. Análise do sistema galego de innovación. Contorno tecnolóxico. Contorno científico. Contorno produtivo. Contorno financeiro. Debilidades e oportunidades. Infraestruturas de apoio á innovación. Obxectivos e accións.

34. Implantación das tecnoloxías da información e as comunicacións na empresa galega. A empresa e as TIC. Redes e servizos de comunicación. Informática e aplicacións. Diagnóstico en Galicia.

35. O Observatorio Galego da Sociedade da Información. Antecedentes: Observatorio Tecnolóxico das TIC. Obxectivos. Metodoloxía. Servizos. Resultados. Outras iniciativas de observación.

36. O sector das TIC en Galicia. Sectores de actividade. Facturación. Emprego. Liñas de axudas rexionais. Asociacionismo no sector TIC en Galicia: profesionais, empresas de servizos, operadores. Outras vías de colaboración. Plataformas tecnolóxicas.

37. Infraestruturas e operadores de rede en Galicia. Servizos ofrecidos. Situación do mercado. A industria galega de telecomunicacións. Características, segmento de mercado. Principais empresas e proxectos.

38. Redes de acceso soportadas sobre fibra óptica. Modalidades e tecnoloxías de acceso FTTx. Redes ópticas pasivas (PON). Tendencias.

39. Estándar TETRA. Arquitectura do sistema. Servizos. Servizos de datos. Seguridade. Aplicacións. Interfaces. Evolución e tendencias para servizos de datos en banda larga.

40. Virtualización de sistemas e de centros de datos. Redes definidas por software (SDN). Virtualización de postos de traballo.

41. A xestión de servizos e infraestruturas nas tecnoloxías da información: marcos de traballo; boas prácticas; modelos de procesos. ITIL. COBIT. CMMI. A calidade e a xestión nos servizos de información da Administración.

42. Redes LAN: protocolos, técnicas de seguridade e autenticación. Xestión de usuarios en redes locais. Monitorización e control de tráfico. Redes WLAN: planificación, configuración, técnicas de seguridade e autenticación.

43. Redes IP: arquitectura de redes, encamiñamento e calidade de servizo. Transición e convivencia IPv4 - IPv6. Funcionalidades específicas de IPv6. Protocolos de tunelización. Funcionalidades de elementos de rede: firewalls, balanceadores, IDS, IPS.

44. Redes de transporte. VPN/IP baseadas en tecnoloxía MPLS. Redes de agregación. Carrier Ethernet-VPLS (H-VPLS).

45. Redes 5G. Arquitectura, características e funcionalidades.

46. Big Data. Captura, análise, transformación, almacenamento e explotación de conxuntos masivos de datos. Contornos Hadoop ou similares. Bases de datos NoSQL.

47. Sistemas de automatización e internet das cousas (IoT). Tecnoloxías e servizos de conectividade para IoT. Smart City. Concepto, regulación, xestión, infraestrutura.

Parte específica da escala de arquitectos, subgrupo A1

1. A Lei 38/1999, de ordenación da edificación. Exixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes. Responsabilidades e garantías.

2. Disposicións relacionadas coa edificación. Normas, regulamentos e instrucións.

3. Disposicións sobre redacción de proxectos e dirección de obras. O libro de ordes e visitas. O certificado final de obras. Responsabilidade profesional do arquitecto. Intervencións dos colexios profesionais de arquitectos. O visado colexial.

4. O Código técnico de edificación. Ámbito de aplicación. Partes e contidos. Xeneralidades e exixencias básicas.

5. Seguridade estrutural na edificación: DB-SE, resistencia e estabilidade, aptitude ao servizo. Relación con outras normativas estruturais. Normativa de accións na edificación: DB-SE-AE.

6. Cimentacións na edificación: DB-SE-C.

7. Estruturas de aceiro en edificación: DB-SE-A e Código estrutural.

8. Estruturas de fábrica en edificación: DB-SE-F.

9. Estruturas de madeira en edificación: DB-SE-M.

10. Seguridade en caso de incendios na edificación: DB-SI.

11. Seguridade de utilización na edificación: exixencias básicas SUA 1 a SUA 8.

12. Condicións de salubridade na edificación: DB-HS.

13. Aforro de enerxía na edificación: DB-HE.

14. A certificación de eficiencia enerxética.

15. Condicións acústicas na edificación: normativa estatal, autonómica e DB-HR.

16. Estruturas de formigón na edificación: código estrutural.

17. Condicións mínimas de habitabilidade. A normativa galega de habitabilidade.

18. Normativa estatal vixente en materia de accesibilidade. Aspectos básicos do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, e do Real decreto 505/2007, do 20 de abril. Documento básico DB-SUA-sección 9.

19. Orde TMA/851/2021, do 23 de xullo, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados.

20. Normativa autonómica vixente en materia de accesibilidade. Conceptos básicos. O Código de accesibilidade.

21. O control de calidade na edificación. As entidades e laboratorios de control de calidade na edificación. Normativa autonómica. Exixencias de control de recepción e execución no Código técnico de edificación.

22. Seguridade e saúde nas obras de construción. Real decreto 1627/1997.

23. Organización de obras: técnicas de programación. Plan de obra. Control do proceso construtivo.

24. Contratación de obras: lexislación vixente. Actuacións preparatorias: pregos de cláusulas e de prescricións, proxectos, supervisión de proxectos, implantación previa. Clasificación empresarial. O contrato de obras: tipos de expedientes de contratación. Formas de adxudicación. Formalización do contrato. Comprobación da implantación.

25. Execución do contrato de obras. Dereitos e deberes dos contratistas. Aboamentos ao contratista. Modificación do contrato de obras. Recepción e liquidación. Revisión de prezos.

26. Lexislación actual sobre vivendas de protección oficial. Normas xerais. Requisitos, cualificación e tipo de promoción. Vivendas de protección autonómica. Normativa autonómica.

27. Actuacións protexidas en materia de rehabilitación. Lexislación estatal e autonómica. Rehabilitación de vivendas e edificios no medio rural e en conxuntos históricos. Infravivenda. Requisitos, condicións e tramitación.

28. Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana de Galicia. As actuacións sobre o medio urbano, zonas de especial necesidade de rehabilitación, o Plan de dinamización das áreas de rexeneración urbana de interese autonómico.

29. Dereito urbanístico: evolución histórica da lexislación urbanística en España. Evolución da lexislación galega sobre urbanismo e ordenación do territorio. Principios básicos do ordenamento urbanístico vixente.

30. A organización administrativa do urbanismo: o urbanismo como función pública. Competencias da Administración do Estado. Competencias da Administración autonómica: órganos urbanísticos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Competencias da Administración local, en particular as de carácter municipal.

31. A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e a Lei 3/2016, do 1 de marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese: obxectivos e principios xerais.

32. Réxime xurídico do solo: dereitos e deberes dos propietarios do solo. A clasificación urbanística do solo. As normas de aplicación directa. Réxime xurídico de aplicación aos concellos con planeamento non adaptado á Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

33. O planeamento urbanístico: os plans como figuras centrais do ordenamento urbanístico. Disposicións xerais sobre o planeamento: sustentabilidade e calidade de vida e cohesión social.

34. O Plan básico autonómico de Galicia e os plans básicos municipais.

35. O Plan xeral de ordenación municipal: documentación e determinacións. Procedemento de elaboración e aprobación.

36. As normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

37. O planeamento do desenvolvemento: plans parciais e plans especiais. Outras figuras de planeamento: as delimitacións do solo de núcleo rural; os estudos de detalle; os catálogos.

38. Vixencia, modificación e efectos da aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico: o Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia. O réxime de fóra de ordenación.

39. Execución do planeamento: principios xerais. Áreas de repartición e polígonos. Os sistemas de actuación: cooperación, expropiación, concerto e compensación. Obtención de terreos de sistemas xerais e locais.

40. Os títulos habilitantes municipais de natureza urbanística: licenzas e comunicacións previas. Disciplina urbanística: principios xerais. A protección da legalidade urbanística, infraccións urbanísticas e as súas sancións. A inspección urbanística.

41. Ordenación do territorio: principios xerais. Os instrumentos de ordenación do territorio (I): directrices de ordenación do territorio: as directrices de ordenación do territorio de Galicia (Decreto 19/2011, do 10 de febreiro); os plans territoriais: integrados e especiais. O Plan de ordenación do litoral (Decreto 20/2011, do 10 de febreiro).

42. Os instrumentos de ordenación do territorio (II): Os plans sectoriais. Os proxectos de interese autonómico. Procedemento de aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio. Modificación, efectos e vixencia dos instrumentos de ordenación do territorio.

43. Estradas e ferrocarril: lexislación estatal e autonómica.

44. Costas e portos: lexislación estatal e autonómica. O dominio público marítimo-terrestre e a súa protección. Planificación urbanística da franxa litoral e dos portos. Distribución de competencias entre as administracións estatal, autonómica e local.

45. Espazos naturais: lexislación estatal e autonómica. Espazos naturais de interese comunitario: a Rede Natura 2000. Usos permitidos e prohibidos nas zonas de especial conservación.

46. O patrimonio cultural: evolución do concepto do patrimonio a través de documentos e cartas internacionais. Criterios de intervención nos conxuntos histórico-artísticos e nos edificios históricos. Materiais e sistemas construtivos tradicionais aplicados á conservación e restauración.

47. Lexislación estatal e autonómica de protección do patrimonio cultural. Competencias e obrigas das distintas administracións na protección do patrimonio cultural.

48. A protección do Camiño de Santiago, as determinacións e os criterios aplicables nos informes e autorizacións aos plans, programas e proxectos que se desenvolvan nos ámbitos afectados pola delimitación do Camiño de Santiago francés, aprobada polo Decreto 227/2011, do 2 de decembro, e o Decreto 144/2012, do 29 de xuño.

49. Principios legais de protección do patrimonio cultural e a súa vinculación coa lexislación vixente en materia de ordenación urbanística e protección do medio rural.

50. Sistemas de valoración segundo o obxectivo de valor: método do custo, método de comparación, método residual e método de actualización de rendas. A depreciación: clases.

51. Valoracións urbanísticas e expropiatorias. Regulación contida no texto refundido da Lei do solo (Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana), e no Regulamento de valoracións (Real decreto 1492/2011).

52. Valoracións fiscais. Valor catastral (normativa técnica estatal para o seu cálculo). A comprobación de valores de prezos medios de mercado aplicable a determinados inmobles rústicos e urbanos situados na Comunidade Autónoma de Galicia. Ditame pericial e valor de referencia.

53. A lexislación de arrendamentos urbanos. Principios xerais.

Parte específica da escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, subgrupo A1

1. O desenvolvemento sustentable. As conferencias ministeriais para a protección dos bosques en Europa: Forest Europe. Resolucións sobre xestión forestal sustentable en Europa. A estratexia forestal da UE.

2. A Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

3. Ocupación das principais formacións específicas en Galicia. Existencias. Volumes e taxas de aproveitamento anual para as principais especies forestais en Galicia. Tendencias de ocupación e existencias entre inventarios. Desagregación de datos por provincias.

4. Principais datos de estatística forestal en Galicia: superficie ocupada polos montes públicos, montes veciñais en man común, montes de varas e montes de particulares. Superficies medias. Número de comunidades de montes veciñais en man común e persoas comuneiras. Situación estatutaria e mancomunidades. Desagregación de datos por provincias.

5. Lei 7/2012, de montes de Galicia: concepto de monte. Definicións. Competencias da Administración local, autonómica e estatal. O Consello Forestal de Galicia. Decreto polo que se desenvolve o Consello Forestal de Galicia. Outras mesas sectoriais.

6. Clasificación dos montes pola súa titularidade. Montes públicos e privados. Montes protectores. O Catálogo de montes de utilidade pública. Xestión dos montes públicos e réxime de autorizacións, concesións e servidumes. Deslindamento dos montes públicos.

7. Montes privados e a súa xestión. Montes veciñais en man común (MVMC). Montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo e a súa regulación.

8. Lei de montes veciñais en man común en Galicia e o seu regulamento. Deslindamento dos montes veciñais en man común. Adquisición de terreos. Reinvestimentos dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal.

9. Cambio de uso. Cambios de actividade e supostos especiais. Restauración hidrolóxico-forestal. Principais fenómenos erosivos. Inventario nacional de erosión de solos: obxectivos e principais características do inventario.

10. O Plan forestal de Galicia. Obxectivos estratéxicos e programáticos. Principais medidas e programas. Horizonte temporal e orzamento asignado. Procedementos de revisión. Os plans de ordenación dos recursos forestais.

11. Instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia. Os instrumentos de ordenación e xestión forestal en Galicia. Aprobación e rexistro.

12. Certificación forestal: orixe e consecuencias. Principais sistemas de certificación forestal: PEFC e FSC. Certificación da xestión forestal. Certificación da cadea de custodia. Superficie certificada en España e Galicia.

13. Regulación dos aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada en Galicia.

14. Regulación dos aproveitamentos madeireiros en montes en xestión pola C.A. en Galicia. Decretos e ordes de desenvolvemento. Principais especies e volume anual aproveitado en montes de xestión pública en Galicia. A regulación dos servizos do monte en Galicia.

15. Modelos silvícolas de aplicación para as principais especies de coníferas e frondosas perennifolias en Galicia.

16. Modelos silvícolas de aplicación para as principais especies de frondosas caducifolias en Galicia. Outros modelos de xestión forestal.

17. Regulación das masas consolidadas de frondosas autóctonas en Galicia. Creación e regulación do Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas. Superficie rexistrada en Galicia.

18. FLEGT e Regulamento EUTR nº 995/2010. Real decreto 1088/2015. O Rexistro de Empresas Forestais de Galicia (Resfor). Divisións e comunicacións anuais.

19. Análise da cadea forestal da madeira en Galicia. Contextualización: o sector na economía galega. A dimensión territorial do sector.

20. Reais decretos de regulación sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución en España. Pasaporte fitosanitario.

21. Regulación autonómica da conservación e mellora dos recursos xenéticos forestais, do material forestal de reprodución e entes provedores. Sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución en Galicia.

22. Marco xurídico da sanidade forestal no contexto autonómico, español e da Unión Europea. Marco competencial en materia fitosanitaria na Xunta de Galicia. Declaración de pragas e enfermidades forestais. A rede de seguimento de danos nos bosques.

23. Sanidade forestal: principais enfermidades, pragas forestais e danos en Galicia.

24. O orzamento comunitario. Os fondos estruturais e de investimento comunitarios. A política agraria comunitaria (PAC): o Feaga e o Feader. Consideracións xerais e aplicación ao sector forestal. O FEGA e o Fogga. Os controis Feader: principios básicos de control e o Plan galego de controis Feader non SIXC.

25. Principais liñas de axudas públicas en materia de montes. Tramitación: presentación, inspeccións previas, concesión, execución, solicitudes de pagamento, comprobacións administrativas e pagamento. Renuncias e causas de resolución da perda de dereito ao cobramento.

26. Convenios, consorcios e novos contratos temporais de xestión pública. O Fondo de Melloras Forestal. Superficie de montes baixo este tipo de figuras en Galicia. Desagregación de datos por provincias.

27. Agrupacións forestais de xestión conxunta. Tipoloxía e principais características. Rexistro administrativo. Regulación e rexistro da figura do silvicultor activo. Superficie inscrita en Galicia de agrupacións e silvicultores activos.

28. O réxime fiscal da propiedade forestal. Principais impostos: IRPF, IVE, IS, IBI e ITPAXD.

29. Condicións legais que deben cumprir as repoboacións forestais. Distancias de repoboación. O réxime sancionador en materia de montes de Galicia.

30. Lexislación en materia de recuperación da terra agraria en Galicia.

31. A Axencia Galega da Industria Forestal. As axudas para a industria de primeira transformación.

32. Os incendios forestais. Incidencia en Galicia. Clases, causas, motivacións, factores que interveñen na súa propagación e distribución xeográfica. A Estatística xeral de incendios forestais.

33. A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia.

34. O lume. O lume como factor ecolóxico. O incendio forestal. Variables que o caracterizan. Factores que interveñen no seu comportamento. Consecuencias económicas, sociais e ambientais. Valoración de danos e perdas.

35. Sistemas de detección. Modelos de combustible. Índices de risco.

36. Extinción de incendios forestais. Sistema de predición de Campbell. Técnicas de extinción, primeiro ataque e ataque ampliado, o contralume. Retardantes.

37. Os grandes incendios forestais (GIF). Definición e estatísticas. O sistema de manexo de emerxencias (ICS). O método de xestión operativa e mando (XOM). A meteoroloxía nos incendios forestais. Comportamento do lume nos GIF. As comunicacións nos GIF.

38. O Pladiga. Os centros de coordinación.

39. Os incendios en interface urbano-forestal. Situacións operativas. A integración nos plans de protección civil para emerxencias por incendios forestais. A Directriz básica de planificación de protección civil de emerxencias por incendios forestais. O Peifoga.

40. As queimas prescritas. Protocolo. A ventá de actuación. O plan de queima.

41. Prevención de incendios: accións sobre o territorio e sobre a poboación. As redes de faixas de xestión da biomasa. Os perímetros de alto risco de incendios forestais.

42. Medios aéreos de extinción de incendios forestais. Tipos de aeronaves. A coordinación de medios aéreos. As comunicacións cos medios aéreos.

43. A maquinaria pesada na extinción de incendios forestais. Tipos de máquinas empregadas en Galicia. Tipos de traballos. Rendementos. Manobras de autoprotección.

44. Restauración en zonas afectadas por grandes incendios. Técnicas e custos. Índices de severidade.

45. A investigación de causas de incendios forestais. O comportamento do lume. O método das evidencias físicas. Determinación de situacións de risco.

46. A seguridade na extinción de incendios forestais. Factores de risco na extinción. Protocolo OCELA. Situacións en atrapamento. Manobras de autoprotección.

47. As comunicacións na extinción de incendios forestais de Galicia. A rede TETRA. A función repeater e o modo Gateway.

48. O traballo coas motobombas. Características principais. Clasificacións. Partes principais do vehículo de extinción. Cisterna, bomba, mangueiras e accesorios. Seguridade nas operacións coas motobombas

49. A Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade. Principios. Instrumentos. Catalogación, conservación e restauración de hábitats e espazos. Uso sustentable do patrimonio natural e da biodiversidade. Axudas e incentivos. Principais convenios internacionais en materia de biodiversidade. Estratexia de biodiversidade da Unión Europea para 2020. Bancos de datos da biodiversidade: funcións e información que subministran.

50. Acceso á información en materia de ambiente: Convenio de Aarhus. A participación na xestión ambiental. Normativa da Unión Europea. A información ambiental en España. A Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente.

51. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: a súa estrutura orgánica e funcional.

52. Concepto de ecosistema. Biótopos, biocenose. Produción primaria e secundaria. Cadea trófica, fluxo enerxético, balance enerxético. Factores abióticos e bióticos. Sinerxías. Conceptos de poboación e comunidade biótica. Dinámica poboacional. Competencia e simbiose.

53. Ecoloxía aplicada. O equilibrio natural. Acción do home sobre os ecosistemas: a agricultura, a gandaría, a silvicultura, a minaría, a urbanización e os grandes sistemas artificiais. Os impactos das accións do home sobre o ecosistema e sobre os seus compoñentes. Gradación dos impactos. Valores naturais dos ecosistemas humanizados.

54. Bioxeografía de Galicia. Principais tipos de bosques naturais galegos. Hábitats protexidos. Hábitats de interese comunitario presentes en Galicia.

55. Os ecosistemas fluviais. Características xerais. Principais problemas de conservación. Ecoloxía. A vexetación de ribeira. Fauna fluvial. Medidas para a conservación e mellora. Índice de calidade do bosque de ribeira (QBR).

56. Normativa en materia de protección de espazos naturais. A Rede galega de espazos protexidos. A Rede Natura 2000 en Galicia, principais taxons e hábitats representados. Plan director da Rede Natura 2000.

57. A protección da fauna e da flora. Normativa específica. Os catálogos e rexistros de fauna e flora. Os endemismos galegos. Catálogo galego de especies ameazadas. Catálogo galego de árbores senlleiras. Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. A Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

58. A pesca fluvial en Galicia. Normativa vixente. Importancia económica. Modalidades. Principais especies susceptibles de pesca continental en Galicia. Ordenación piscícola de augas continentais.

59. A actividade cinexética en Galicia. Lexislación. Contribución á diversificación económica do medio rural. Características das principais especies cinexéticas. Ordenación e plans cinexéticos. Caza selectiva. Cría en catividade. Repoboacións e introdución de especies. Coutos e reservas. Incidencia da Directiva 2009/147/CEE, de aves silvestres sobre a caza.

60. A avaliación ambiental: Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

61. Normativa autonómica en materia de protección ambiental. Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia. Normativa aplicable en materia de prevención e control integrado da contaminación. Avaliación de incidencia ambiental de actividades en Galicia.

62. Normativa en materia de ordenación do territorio, urbanismo e réxime do solo. Instrumentos de ordenación do territorio en Galicia. Concepto e categorías de solo rústico. Usos e actividades en solo rústico. Autorizacións autonómicas e condicións de edificación en solo rústico.

63. A metodoloxía técnica de avaliación ambiental. Deseño de medidas protectoras e correctoras. Avaliación ambiental de plans, programas e proxectos con potencial afección sobre os espazos da Rede Natura 2000. Medidas compensatorias.

64. O cambio climático. Evidencia científica do fenómeno: impactos, adaptación e mitigación. Resposta internacional ante o cambio climático: a Convención marco de Nacións Unidas sobre cambio climático, o Protocolo de Quioto e os acordos posQuioto. Os mecanismos de flexibilidade. O réxime xurídico do comercio de dereitos de emisión. Estratexia comunitaria ante o cambio climático. Estratexia española ante o cambio climático.

65. A educación ambiental. Concepto, principios básicos e instrumentos para a educación ambiental. Interpretación do patrimonio ambiental. O Ceneam e o Ceida: obxectivos e programas de traballo. O Observatorio Galego de Educación Ambiental.

66. As poboacións piscícolas. Principais especies das augas continentais galegas. Dinámica das poboacións. Ciclos vitais e principais requirimentos de cada fase. Técnicas de inventariación piscícola: cálculo de densidades, biomasas, producións, recrutamentos e crecementos.

67. Técnicas de protección e fomento das poboacións piscícolas. Conservación e mellora do hábitat fluvial. Bases técnicas das principais infraestruturas: capturadoiros, centros ictioxénicos, canles de desova e cría. As repoboacións piscícolas: xustificación e técnicas.

68. O caudal ecolóxico: concepto normativo e metodoloxías. Minimización de impactos. Impactos singulares: dispositivos de franqueo. Normativa aplicable.

69. Instalacións de acuicultura comercial. Normativa e supervisión administrativa. Afeccións ao medio e prevención de impactos. Epizootias e afeccións ás poboacións salvaxes. Situación do sector na Comunidade Autónoma galega.

70. Especies cinexéticas da Comunidade Autónoma galega. Ciclos biolóxicos. O inventario cinexético: métodos e parámetros que se obterán. Dinámica poboacional. Estrutura poboacional. Densidade. Crecemento, mortalidade, produción. Principais epizootias, medidas preventivas e métodos de control.

71. A ordenación cinexética: bases lexislativas e técnicas. Os tecores. Plans cinexéticos. Efectos da caza e valoración socioeconómica. Protección e mellora das poboacións. Melloras do hábitat. Repoboacións e reintroducións: xustificación, análise da súa problemática e técnicas de actuación. Control de poboacións. Granxas cinexéticas: peculiaridades construtivas, normativa de aplicación, situación en Galicia.

72. Os espazos naturais protexidos. Clasificación segundo o réxime de protección internacional, comunitario, nacional e autonómico. Instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos en Galicia. Procedemento de declaración e a xestión dos espazos naturais protexidos en Galicia.

Parte específica da categoría 40 do grupo I, titulado/a superior lingüista

1. Multilingüismo e plurilingüismo. A diversidade lingüística no Estado español.

2. Lexislación lingüística. O marco europeo, estatal e autonómico.

3. A situación sociolingüística do idioma galego: o bilingüismo, a diglosia e o conflito lingüístico.

4. O proceso de normalización lingüística no ámbito da Administración.

5. O galego. Proceso de estandarización e variación lingüística.

6. Palabras patrimoniais, cultas, semicultas. Préstamos. Interferencias. Neoloxismos.

7. Fonética e fonoloxía do idioma galego.

8. Ortografía. Letras e dígrafos. Signos diacríticos e de puntuación. Outras convencións ortográficas.

9. Clases de palabras (I): o verbo; o substantivo; o adxectivo.

10. Clases de palabras (II): artigo e pronomes determinantes; o pronome persoal; relativos, interrogativos e exclamativos; o adverbio; a preposición; a conxunción.

11. Unidades do discurso. A oración e a frase.

12. Marco europeo común de referencia para as linguas. Volume complementario.

13. Niveis de competencia en lingua galega.

14. O enfoque comunicativo no ensino de linguas. O modelo Celga.

15. Formación Celga: o ensino de linguas baseado en tarefas.

16. Certificación Celga: a avaliación da competencia lingüística.

17. Linguaxe administrativa e xurídica. Redacción e estilo.

18. Linguaxe administrativa e xurídica. Aspectos gramaticais.

19. Linguaxe administrativa e xurídica. Léxico específico e terminoloxía.

20. O documento administrativo. Clasificación e tipoloxías. Estrutura e composición.

21. O documento xurídico. Clasificación e tipoloxías. Estrutura e composición.

22. Ferramentas de apoio lingüístico: correctores, tradutores e outras aplicacións informáticas.

23. Corpus e fontes de consulta. Dicionarios, manuais, libros de estilo, léxicos especializados e glosarios.

24. Toponimia e onomástica.

25. Uso da linguaxe igualitaria. Linguaxe inclusiva e non sexista.