Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65103

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2022 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 12 de xullo de 2022, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento ED481B e IN606B).

A Orde do 31 de decembro de 2021 (DOG núm. 20, do 31 de xaneiro de 2022), conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, establece as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Pola Resolución do 12 de xullo de 2022 (DOG núm. 145, do 1 de agosto), concedéronse as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I da citada resolución.

O artigo 17 da orde de convocatoria establece que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión.

No mesmo artigo tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no caso de novas incorporacións procedentes da lista de espera das universidades do SUG, de acordo co artigo 17.5 da Orde do 31 de decembro de 2021.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias ás axudas de formación posdoutoral que se indican a seguir:

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Data de renuncia

ED481B-2022-054

USC

López

Lorenzo

Gonzalo

22.7.2022

ED481B-2022-063

USC

Míguez

Salina

Gabriela

8.8.2022

ED481B-2022-023

UVigo

Míguez

Álvarez

Carla María

25.10.2022

ED481B-2022-009

UVigo

López

Hortas

Lucía

21.7.2022

ED481B-2022-078

UVigo

Santalla

García

Hugo

10.10.2022

ED481B-2022-018

UVigo

Martínez

Román

Rosana

25.10.2022

Segundo. Conceder as axudas correspondentes ás entidades e persoas candidatas da lista de espera das universidades do SUG que se indican no anexo I.

Terceiro. Conceder as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 31 de decembro de 2021 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución.

Cuarto. Declarar extinguida a lista de espera.

Quinto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades beneficiarias segundo as renuncias e as novas adxudicacións:

Univ.

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2022

2023

2024

2025

Total

UDC

7

62.166,67

322.000,00

318.000,00

199.333,33

901.500,00

USC

21

321.166,73

1.029.000,00

961.000,00

514.333,27

2.825.500,00

UVigo

12

164.333,36

588.500,00

550.500,00

274.666,64

1.578.000,00

Total

40

547.666,76

1.939.500,00

1.829.500,00

988.333,24

5.305.000,00

Sexto. A data de comezo dos contratos será o 16 de decembro de 2022, cunha duración de tres anos.

Sétimo. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Axudas concedidas procedentes da lista de espera

Universidade da Coruña.

Nº exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Bolseiro Fulbright

1ª estadía

2ª estadía

3ª estadía

Nota

Datas

Zona

Datas

Zona

Datas

Zona

ED481B-2022-098

UDC

Novo

Díaz

Silvia

Ciencias

Non

1.2.2023 ao 31.1.2024

2

1.2.2024 ao 31.1.2025

2

 

 

79

ED481B-2022-004

UDC

Naya

Varela

Martín

Enxeñaría e arquitectura

Non

1.8.2024 ao 31.7.2025

2

77

ED481B-2022-066

UDC

Neira

García

Iago

Ciencias

Non

1.7.2023 ao 30.6.2024

2

1.7.2024 ao 30.6.2025

2

 

75,5

Universidade de Santiago de Compostela.

Nº exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Bolseiro Fulbright

1ª estadía

2ª estadía

3ª estadía

Nota

Datas

Zona

Datas

Zona

Datas

Zona

ED481B-2022-014

USC

González

Campoy

Josefina

Ciencias

Non

1.9.2023 ao 31.8.2025

1

76

Universidade de Vigo.

Nº exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Bolseiro Fulbright

1ª estadía

2ª estadía

3ª estadía

Nota

Datas

Zona

Datas

Zona

Datas

Zona

ED481B-2022-095

UVigo

Lago

Docampo

Mauro

Ciencias da saúde

Si

1.1.2023 ao 31.12.2024

3

 

79,65

ED481B-2022-076

UVigo

Villar

Cruces

Pedro

Ciencias

Non

1.1.2023 ao 31.12.2024

2

 

76