Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65391

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para o ano 2022.

Rosario Rodríguez Delgado, concelleira delegada da Área de Persoal, Réxime Interior e Servizos Xerais, polo Decreto do 16 de decembro de 2022, acordou:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2022, que contén os seguintes postos de traballo:

Funcionarios de carreira:

Grupo

Subgrupo

Escala

Subescala

Denominación do posto

Nº vacantes

C

C1

Administración xeral 

Administrativa

Xefe do Negociado

de Contabilidade

1

Funcionarios de administracion especial:

Grupo

Subgrupo

Escala

Subescala

Denominación

Nº de vacantes

C

C1

Administración especial

Policía

Axente policía local

1

Segundo. Publicar a oferta de emprego de 2022 no taboleiro de anuncios do Concello, así como na sede electrónica deste concello, no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución da presente oferta de emprego do exercicio 2022 dentro do prazo improrrogable de tres anos que se contará desde a data de publicación.

Verín, 16 de decembro de 2022

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde