Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65392

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilar de Barrio

ANUNCIO referente á convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 271, do 26 de novembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Sete prazas de auxiliar de axuda no fogar do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de auxiliar de axuda no fogar do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Unha praza de operario/a de servizos e obras, encargado/a do servizo de augas, do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

– Dúas prazas de operario/a de servizos e obras do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de traballador/a social do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de limpador/a de dependencias e instalacións municipais do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de socorrista da piscina de verán do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de auxiliar administrativo/a adxunto/a de biblioteca do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense, na sede electrónica municipal (https://vilardebarrio.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios.

Vilar de Barrio, 28 de novembro de 2022

Manuel Conde Gómez
Alcalde