Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 23 de decembro de 2022 Páx. 65464

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 13 de decembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 97, do 20 de maio), modificado pola Resolución do 3 de xuño de 2022 (DOG núm. 109, do 8 de xuño), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.3.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o día 16 de xaneiro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), situada na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), en Santiago de Compostela, nas seguintes aulas:

– Aulas: 2, 6, 7 e 11.

As persoas aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2022

José Ángel Mourelo Ortueta
Presidente do tribunal