Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 23 de decembro de 2022 Páx. 65463

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

EXTRACTO da Resolución do 20 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade da convocatoria do proceso selectivo para acceso, pola quenda libre, aos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, aprobado pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro.

As bases xerais e específicas completas que regulan a convocatoria foron publicadas o 19 de decembro de 2022 no Boletín Oficial del Estado e poden consultarse nas páxinas web do punto de acceso xeral (www.administracion.gob.es) e do Ministerio de Xustiza (https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico).

De conformidade co previsto nestas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza