Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65544

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 14 de decembro de 2022 de concesión de axudas ao abeiro da Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E).

No Diario Oficial de Galicia núm. 184, do 27 de setembro de 2022, publícase a Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E).

De conformidade co artigo 18 da antedita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

Así mesmo, o seu artigo 20 establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución de concesión do 14 de decembro de 2022, para o procedemento BS508E, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria de carácter asociativo e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o anos 2022 e 2023 que se incorpora no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 14 de decembro de 2022 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2022

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 14 de decembro de 2022 ditada no procedemento BS508E
de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria de carácter
asociativo e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos
de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto
Talento interxeracional, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU,
para os anos 2022 e 2023

Vista a proposta de resolución do Servizo de Voluntariado e Participación de conformidade co disposto nos artigos 14, 15 e 18 da Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro do establecido no artigo 18 da Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 16 das bases reguladoras, por un importe total de 250.425,24 €, para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.460.0, correspondendo 104.827,78 € á anualidade de 2022 e 145.597,46 € á anualidade de 2023.

Da contía prevista para entidades locais resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente.

Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria de carácter asociativo propostas no anexo II, ao abeiro do establecido no artigo 18 da Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 16 das bases reguladoras, por un importe total de 182.920,00 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.481.0, correspondendo 76.570,31 € á anualidade de 2022 e 106.349,69 € á anualidade de 2023.

Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 14 de setembro de 2022 e, especialmente, ás establecidas no artigo 26.

A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 23 da convocatoria.

Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto nos artigos 24 e 25 da mesma convocatoria.

Cuarto. Denegar ou inadmitir as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación ou inadmisión.

Quinto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2022. A conselleira de Política Social e Xuventude, P.D. (Artigo 18 e disposición adicional segunda da Orde do 14.9.2022), Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO I

Axudas concedidas a entidades locais

Concesións conxuntas.

Nº de exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

Anualidade

2022

Anualidade

2023

1

2022/008

Agrupación de Monterrei e Cualedro

P3205100E

Ourense

68,00

36.000,00 €

15.069,60 €

20.930,40 €

2

2022/023

Agrupación de Concellos de Vilar de Barrio, Laza e Xunqueira de Ambía

P3209000C

Ourense

59,00

59.857,00 €

25.056,14 €

34.800,86 €

Total

95.857,00 €

40.125,74 €

55.731,26 €

Concesións individuais.

Nº de exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

Anualidade

2022

Anualidade

2023

1

2022/010

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

A Coruña

73,80

19.000,00 €

7.953,40 €

11.046,60 €

2

2022/011

Concello de Vedra

P1509000D

A Coruña

69,03

15.936,53 €

6.670,81 €

9.265,72 €

3

2022/007

Concello de Ames

P1500200I

A Coruña

59,91

23.591,71 €

9.875,49 €

13.716,22 €

4

2022/004

Concello de San Xoán de Río

P3207100C

Ourense

73,00

25.000,00 €

10.465,00 €

14.535,00 €

5

2022/012

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

Ourense

73,00

25.000,00 €

10.465,00 €

14.535,00 €

6

2022/014

Concello de Cenlle

P3202600G

Ourense

58,95

15.000,00 €

6.279,00 €

8.721,00 €

7

2022/003

Concello de Nogueira de Ramuín

P3205300A

Ourense

52,04

15.000,00 €

6.279,00 €

8.721,00 €

8

2022/015

Concello de Mos

P3603300I

Pontevedra

57,00

16.040,00 €

6.714,34 €

9.325,66 €

Total

182.920,00 €

76.570,31 €

106.349,69 €

ANEXO II

Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria de carácter asociativo

Nº de exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

Anualidade

2022

Anualidade

2023

1

2022/025

ONGD Senvalos

G70610282

A Coruña

80,19

25.000,00 €

10.465,00 €

14.535,00 €

2

2022/024

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

A Coruña

62,00

25.000,00 €

10.465,00 €

14.535,00 €

3

2022/020

Fundación Eduardo Pondal

G70262951

A Coruña

60,75

15.000,00 €

6.279,00 €

8.721,00 €

4

2022/002

Escola de Tempo Libre Colaxe

G10818920

A Coruña

55,75

22.920,00 €

9.594,31 €

13.325,69 €

5

2022/018

Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

G32345274

Ourense

76,00

25.000,00 €

10.465,00 €

14.535,00 €

6

2022/022

Valoresc Innovation

G70377585

Ourense

75,00

25.000,00 €

10.465,00 €

14.535,00 €

7

2022/021

Asociación Esgaia Inserta

G16918641

Ourense

68,29

25.000,00 €

10.465,00 €

14.535,00 €

8

2022/005

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

Ourense

56,25

20.000,00 €

8.372,00 €

11.628,00 €

Total

182.920,00 €

76.570,31 €

106.349,69 €

ANEXO III

Solicitudes inadmitidas e denegadas

Denegadas entidades locais.

Nº de exp.

Entidade

NIF

Provincia

Causa de inadmisión ou denegación

1

2022/001

Concello de Laza

P3204000H

Ourense

Desistencia expresa

2

2022/009

Concello de Tordoia

P1508500D

A Coruña

Artigo 1, non inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria

3

2022/013

Concello de Outes

P1506300A

A Coruña

Artigo 1, non inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria

4

2022/016

Concello da Baña

P1500700H

A Coruña

Artigo 17.2, non obter a puntuación mínima exixida

5

2022/017

Concello da Veiga

P3208400F

Ourense

Artigo 12, non emenda o requirimento

6

2022/019

Concello de Soutomaior

P3605300G

Pontevedra

Desistencia expresa

Denegadas entidades de acción voluntaria.

Nº de exp.

Entidade

NIF

Provincia

Causa de inadmisión ou denegación

1

2022/006

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

Pontevedra

Artigo 17.2, non obter a puntuación mínima exixida