Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65533

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 14 de decembro de 2022 que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 22 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS631D).

No Diario Oficial de Galicia número 168, do 5 de setembro de 2022, publícase a Orde do 22 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS631D).

De conformidade co artigo 16 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axudas, corresponde, por delegación da conselleira de Política Social e Xuventude, á persoa titular da dirección xeral con competencia en materia de persoas con discapacidade, por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no seu artigo 14, logo da fiscalización da Intervención Delegada.

Así mesmo, o artigo 17 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto, finalizada a instrución e emitida a resolución que finaliza o procedemento,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 14 de decembro de 2022, ditada no procedemento BS631D, respecto das axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, ao abeiro da Orde do 22 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS631D), que se xunta no anexo á presente resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 14 de decembro de 2022 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2022

Fernando González Abeijón
Director xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución do 14 de decembro de 2022 pola que se finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde da Consellería de Política Social, do 22 de agosto de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS631D)

A través da Orde do 22 de agosto de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 168, do 5 de setembro) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependientes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, xestionado por esta consellería.

Unha vez comprobadas as solicitudes pola comisión instrutora, examinadas pola Comisión de Valoración as solicitudes admitidas, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instructor, e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Que son susceptibles de obteren subvencións as entidades e programas recollidos no anexo I, na contía sinalada para cada programa en aplicación dos criterios de valoración e prelación establecidos no artigo 15, por un importe total de 13.000.000,00 euros, distribuídos na aplicación orzamentaria 13.04.312D.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, polo importe de 2.550.181,00 euros para a anualidade 2022, 8.880.626,03 euros para a anualidade 2023, 1.018.950,42 euros para a anualidade 2024, e 550.242,55 euros para a anualidade 2025.

Segundo. Que non son susceptibles de obteren subvencións as entidades e/ou programas recollidos no anexo II por non acadaren a puntuación necesaria da axuda de acordo co establecido no artigo 15 da dita orde e en función das dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro. De conformidade co artigo 24 das bases reguladoras, o pagamento das axudas efectuarase con cargo ao exercicio orzamentario, unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade subvencionable e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria da solicitude de aboamento e da xustificación requirida nestas bases reguladoras.

Poderá anticiparse ata o 100 % do importe concedido para cada anualidade.

Cuarto. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado.

Para estes efectos estarase ao disposto no artigo 7 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Quinto. A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será do 30 de novembro do ano correspondente a anualidade a que se impute o orzamento, salvo para a anualidade 2022 que se extenderá ata o 30 de decembro do dito ano, da seguinte maneira:

a) O 30 de decembro de 2022 para os gastos que se imputen ata o mes de outubro de 2022.

b) O 30 de novembro de 2023 para os gastos correspondentes ao período comprendido entre o mes de novembro de 2022 e outubro de 2023.

c) O 30 de novembro de 2024 para os gastos correspondentes ao período comprendido entre o mes de novembro de 2023 e outubro de 2024.

d) O 30 de novembro de 2025 para os gastos correspondentes ao período comprendido entre o mes de novembro de 2024 e outubro de 2025.

A conta xustificativa con entrega de xustificantes de gastos, de conformidade co establecido no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, conterá a seguinte documentación:

a) Anexo IV, relativo á solicitude de pagamento.

b) Conta xustificativa que incorpore unha memoria de actuación e unha memoria económica abreviada, con achega de informe de auditoría, de acordo co regulado no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A memoria de actuación deberá referirse aos mecanismos de verificación do cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» e medidas correctoras para asegurar a súa implementación.

Sexto. Ademais das obrigas recollidas nos artigos 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e sen prexuízo das demais obrigacións que resulten da normativa aplicable, as entidades beneficiarias destas axudas están obrigadas a:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente, sen prexuízo da facultade da consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais de comprobar a realización material das actuacións.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

d) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con cargo á subvención e a obriga do mantemento da documentación soporte. O soporte da documentación realizarase nos termos que estableza o Ministerio de Facenda de conformidade coa normativa nacional e da Unión Europea, mantendo os requisitos de pista de auditoría de conformidade co artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e o Consello, do 12 de febreiro.

f) As infraestruturas e/ou equipamentos obxecto da actuación subvencionada deberán obter as correspondentes autorizacións establecidas no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, e permanecer destinados para o fin concreto para o que se concedeu a subvención por un período non inferior a 5 anos desde o pagamento final ao beneficiario, tal e como recolle o artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño. O incumprimento disto dará lugar á revogación da resolución de concesión, ao reintegro das cantidades percibidas e á exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención.

g) Dar cumprimento á obriga da adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do disposto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Así mesmo, deben cumprir coas obrigas de información e publicidade que as autoridades competentes establezan relativas ao financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia.

En particular, estarán obrigadas a:

1º. Incorporar nun lugar visible do inmoble unha referencia expresa a que a construción ou reforma foi financiada pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Xuventude). Esta información debe levar o logotipo oficial da Xunta de Galicia previsto no manual de identidade corporativa (http://www.xunta.gal/identidade-corporativa/descarga-do-manual).

2º. Destacar, nas actividades que realice, nos materiais que reproduzan e utilicen para a difusión ou publicidade do proxecto, o financiamento efectuado pola Administración xeral do Estado, de conformidade co establecido no Manual de imaxe institucional da Administración xeral do Estado e a Guía para a edición e publicación de páxinas web na Administración xeral do Estado.

3º. Incluír a mención da orixe deste financiamento mediante o emblema da Unión e a declaración «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», tal como se reflicte no artigo 34 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, de conformidade co establecido no Manual de marca do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Todos os carteis e placas deberán colocarse nun lugar ben visible de acceso ao público.

h) Facilitar toda a información que lles requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

i) Asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude («bandeiras vermellas») e asegurar a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir o fraude, a corrupción e previr o conflito de intereses e o dobre financiamento.

k) Respectar o principio de «non causar un perxuízo significativo» na execución das actuacións subvencionadas nos termos do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2020/2088.

l) Contribuír ao correcto funcionamento da Base de datos nacional de subvencións en cumprimento do disposto na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, como ferramenta de consulta no procedemento de concesión de axudas, cumprindo adecuadamente coas obrigacións de subministración de información a esta (Real decreto 130/2019, do 8 de marzo).

m) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

n) Conservar os documentos xustificativos e demais documentación relacionada co financiamento da actuación, en formato electrónico, durante un prazo mínimo de 5 anos a partir da recepción do último pagamento. Este período será de tres anos se o financiamento non supera os 60.000 euros.

Sétimo. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán interpor o recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Política Social, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Oitavo. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 16 da Orde do 22 de agosto de 2022.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2022. A conselleira de Política Social e Xuventude; P.D. (Disposición adicional primeira da Orde do 22 de agosto de 2022; DOG núm. 168, do 5 de setembro); Fernando González Abeijón, director xeral de Persoas con Discapacidade.

ANEXO I

Relación de entidades, proxectos presentados e importe da concesión para cada unha
das entidades beneficiarias, desagregado por anualidades

Expediente

Entidade solicitante

NIF

Concesión 2022

Concesión 2023

Concesión 2024

Concesión 2025

Total proposta concesión

Proxecto presentado

Resolución

Puntuación total

BS631D/2022/0012

Fundación Valdegodos

G32008732

1.777.950,00 €

222.050,00 €

2.000.000,00 €

Remodelación da residencia Virxe dos Milagres en Vilamartín de Valdeorras

2.000.000,00 €

76,00

BS631D/2022/0028

Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspanaex)

G36605905

218.780,91 €

1.781.219,09 €

2.000.000,00 €

Construción dunha residencia e centro de día para persoas con discapacidade intelectual

2.000.000,00 €

73,00

BS631D/2022/0049

Asociación Dano Cerebral Renacer

G32306623

444.857,49 €

444.857,49 €

Apertura de centro de día de atención específica para dano cerebral

444.857,49 €

72,00

BS631D/2022/0023

Asociación de Padres de Discapacidados de O Carballiño

G32198541

550.354,08 €

104.381,38 €

654.735,46 €

Construción de nova planta para uso residencial no centro ocupacional para persoas con discapacidade intelectual

654.735,46 €

71,00

BS631D/2022/0014

Asociación de Discapacidados Físicos e

Psíquicos-Mos

G36161214

284.417,71 €

228.756,34 €

513.174,05 €

Creación do centro de día O Son do Regueiro

513.174,05 €

70,00

BS631D/2022/0050

Asociación de Apoio a Persoas con Discapacidade Intelectual (Aceesca)

G36021970

135.000,00 €

1.170.000,00 €

347.500,00 €

347.500,00 €

2.000.000,00 €

Construción dunha residencia/fogar para persoas con discapacidade intelectual

2.000.000,00 €

70,00

BS631D/2022/0029

Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspas)

G15031537

291.471,88 €

254.797,52 €

546.269,40 €

Creación dun centro ocupacional para persoas con discapacidade intelectual no concello de Santiago de Compostela

546.269,40 €

69,50

BS631D/2022/0039

Asociación de Atención á Parálise Cerebral

(Amencer-Aspace)

G36153757

332.791,81 €

1.316.331,12 €

1.649.122,93 €

Ampliación, reforma e modernización do Centro de Atención Integral Princesa Leticia

1.649.122,93 €

68,00

BS631D/2022/0052

Asociación San Xerome Emiliani

G36018802

55.202,85 €

1.421.645,59 €

320.409,01 €

202.742,55 €

2.000.000,00 €

Fogares Sanxe: solución residencial innovadora para persoas con discapacidade intelectual

2.000.000,00 €

68,00

BS631D/2022/0043

Asociación Amicos

G15747678

237.304,27 €

825.544,99 €

128.991,41 €

1.191.840,67 €

Construción de novo modo residencia para persoas con discapacidade intelectual

1.191.840,67 €

67,00

2.550.181,00 €

8.880.626,03 €

1.018.950,42 €

550.242,55 €

13.000.000,00 €

ANEXO II

Relación de entidades, ordenadas de maior a menor puntuación, que non son susceptibles
de obteren subvencións por non acadaren a puntuación necesaria

Expediente

Entidade

NIF

Puntuación total

Resolución

BS631D/2022/0004

Fundación Menela

G36685964

65,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0008

Fundación Asilo Hospitalillo Sagrado Corazón de Xesús

G36017929

65,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0013

Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia

G36776920

65,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0011

Cruz Roja Española

Q2866001G

63,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0030

Asociación Protección de Discapacitados Mentais (Prodeme)

G27011790

63,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0010

Asociación Dano Cerebral A Coruña (Adaceco)

G15780166

62,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0025

Fundación Hospital Asilo de Vilalba

G27472927

60,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0027

Fundación Raiola

G15390636

60,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0047

Asociación de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal

G15524614

60,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0006

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

G32115941

59,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0032

Asociación Dano Cerebral Compostela

G15775604

59,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0033

Instituto Benéfico Social Padre Rubinos

G15074743

59,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0042

Fogar e Clínica San Rafael

R3600336F

59,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0001

Aspavi

G36870558

58,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0021

Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos

G32008633

57,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0026

Asociación Autismo Ourense

G32249484

57,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0031

Asociación de Familiares de Enfermos Alzheimer de Orense

G32198970

57,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0037

Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber)

G15031669

57,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0009

Aspronaga

G15028855

56,50

Non obtén subvención

BS631D/2022/0038

Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral (Apamp)

G36624120

55,50

Non obtén subvención

BS631D/2022/0024

Asociación Protección dos Anciáns de Lalín

G36022762

54,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0044

Asociación de Disminuídos Psíquicos Con Eles

G36296739

53,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0015

Asociación de Pais das Persoas con Retraso Mental de Ourense

G32005498

52,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0018

Cáritas Diocesana de Santiago

R1500053B

52,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0035

Asociación Nosa Señora de Chamorro

G15028889

52,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0045

Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral

G15031529

51,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0048

Fundación Foltra

G70246558

51,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0002

Asociación Discapacitados Bisbarra de Muros

G15052137

50,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0005

Asociación Alzheimer Viveiro

G27341940

50,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0040

Asociación Ambar

G15052434

50,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0022

Fundación San Rosendo

G32150427

49,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0003

Asociación Down Ourense

G32311870

48,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0007

Casa Santa María da Esperanza Escravas Virxe Dolorosa

R3600131A

48,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0046

Fundación Lar Pro Saúde Mental

G36302776

48,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0053

Colexio Nosa Señora de Fátima (Escravas da Virxe Dolorosa)

R3600113I

48,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0020

Asociación de Persoas con Discapacidade (Condado-Paradanta)

G36453728

47,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0051

Fundación Hermanos Prieto

R3200006I

47,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0019

Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados da Coruña

G15400682

46,50

Non obtén subvención

BS631D/2022/0016

Edad Dorada Mensajeros de La Paz

G45482023

44,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0041

Irmás Hospitalarias do Sagrado Corazón de Xesús

R1500110J

44,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0036

Aspanaes

G15048937

43,50

Non obtén subvención

BS631D/2022/0054

Asociación Sociocultural ASCM

G15161573

41,00

Non obtén subvención

BS631D/2022/0034

Fundación Igual Arte

G36427524

35,00

Non obtén subvención