Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65737

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterrei

ANUNCIO referente á convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 274, do 30 de novembro de 2022, publicáronse integramente a convocatoria e as bases de selección dos procesos selectivos para a provisión en propiedade das seguintes prazas da oferta de emprego público do ano 2021, funcionarios de carreira, polo procedemento de concurso-oposición:

1 praza de enxeñeiro/a técnico/a (A2), Administración especial.

1 praza de auxiliar administrativo/a (C2), Administración xeral.

1 praza de administrativo/a (C1), Administración xeral, praza de promoción interna.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello (https://monterrei.sedelectronica.es), nos termos establecidos nas bases.

Monterrei, 1 de decembro de 2022

José Luis Suárez Martínez
Alcalde