Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65738

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego pública ordinaria correspondente ao ano 2022.

Con data do 19 de setembro de 2022, polo Acordo da Xunta de Goberno Local, apróbase a oferta de emprego pública ordinaria para o ano 2022, que consta das seguintes prazas:

OPE ordinaria 2022: prazas de persoal laboral.

Código

Grupo convenio

Categoría/posto

Quenda

04.01.02.11

3.1

Persoal de emerxencias/condutor

Libre

03.02.08.03

4

Oficios varios-peón

Libre

OPE ordinaria 2022: prazas de persoal funcionario.

Código

Grupo

Escala

Subescala

Posto

Quenda

01.02.01.01

C1

Administración xeral

Administrativa

Oficial administrativo/a

Libre

01.02.00.02

C1

Administración xeral

Administrativa

Oficial administrativo/a

Libre

01.02.00.04

C2

Administración xeral

Auxiliar

Oficial administrativo/a

Libre

04.01.01.16

C1

Administración especial

Servizos especiais

Policía local

Libre

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso potestativo de reposición, ante o órgano que o ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que xulgue máis conveniente ao seu dereito.

Ponteareas, 23 de setembro de 2022

Cristina Fernández Davila
Alcaldesa