Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65740

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO referente á convocatoria para cubrir prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal correspondente ao exercicio de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 24, do luns 19 de decembro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a varias prazas vacantes de Administración xeral e especial no Concello de Pontevedra, incluídas na OEP para a estabilización do emprego temporal correspondente ao exercicio de 2022.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante a Resolución do 14 de decembro de 2022, o proceso selectivo para a cobertura de varias prazas vacantes no Concello de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal correspondente ao exercicio de 2022, e que a seguir se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C, subgrupo C2. Clasificación: escala de administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 1. Denominación: auxiliar.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A, subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico/a.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A, subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: arquitecto/a.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A, subgrupo A1. Clasificación: escala de administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: asesor/a lingüístico/a.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A, subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores. Número de vacantes: 2. Denominación: psicólogo/a.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A, subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores. Número de vacantes: 2. Denominación: técnico/a local de emprego.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A, subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios. Número de vacantes: 3. Denominación: traballador/a social.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A, subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios. Número de vacantes: 2. Denominación: asistente/a social.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A, subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: axudante técnico/a sanitario/a.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A, subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: monitor/a educador/a.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A, subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: aparellador/a-arquitecto/a técnico/a.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C, subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos auxiliares. Número de vacantes: 1. Denominación: animador/xuvenil.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C, subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos auxiliares. Número de vacantes: 1. Denominación: monitor/a de cursos de informática.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C, subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos auxiliares. Número de vacantes: 1. Denominación: informador/a xuvenil.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C, subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos auxiliares. Número de vacantes: 1. Denominación: monitor/a de tempo libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C, subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos auxiliares. Número de vacantes: 1. Denominación: auxiliar de clínica.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín oficial del Estado, os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 19 de decembro de 2022

O alcalde
P.D. (Acordo do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura