Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65746

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamartín de Valdeorras

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de longa duración.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 289, do 20 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación, mediante o sistema de concurso de méritos, de diversas prazas vacantes de persoal laboral fixo do Concello de Vilamartín de Valdeorras, incluídas no proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de longa duración contido na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e na sede electrónica do Concello:

(https://vilamartindevaldeorras.sedelectronica.gal).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vilamartín de Valdeorras, 20 de decembro de 2022

Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde