Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO das convocatorias para a provisión das prazas incluídas na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 para a estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 239, do 20 de decembro de 2022 e na sede electrónica do Concello de Vedra (https://sede.vedra.es) publícanse integramente as bases xerais e específicas que rexerán as convocatorias para a provisión das prazas de persoal laboral fixo incluídas na oferta extraordinaria de emprego público do exercicio 2022 para a estabilización do emprego temporal (Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público), publicada no BOP núm. 94, do 19 de maio de 2022).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Vedra, 20 de decembro de 2022

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde