Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65744

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Valadouro

ANUNCIO das bases xerais e específicas e da convocatoria dos procesos selectivos da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 289, do 20 de decembro de 2022, publícanse integramente as bases xerais e específicas que rexerán as convocatorias para a provisión das prazas de funcionario/a de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, incluída na oferta de emprego de 2022, publicada no BOP nº 118, do 25 de maio de 2022, e corrección de erros BOP nº 127, do 4 de xuño de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento dos procesos selectivos realizaranse de conformidade co previsto nas devanditas bases.

O Valadouro, 20 de decembro de 2022

Edmundo Maseda Maseda
Alcalde