Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65712

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2022 pola que se anuncia a convocatoria do proceso selectivo para o ingreso, por promoción interna, como persoal de administración e servizos.

Esta reitoría, en uso das competencias atribuídas polo artigo 20.1 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como polos Estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, da Xunta de Galicia, aprobou o 15 de decembro de 2022 a convocatoria dun proceso selectivo para o ingreso, por promoción interna, como persoal de administración e servizos nas prazas que se enumeran no anexo.

As solicitudes presentaranse no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e dirixiranse ao reitor magnífico da Universidade de Vigo, na forma e lugar que determinan as bases da convocatoria.

As bases completas da convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios electrónico da Universidade de Vigo: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml, así como na seguinte páxina: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/tipo/convocatorias-pas

Vigo, 19 de decembro de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Prazas

SG: subgrupo

A. Libre: acceso libre

CX: cota xeral

P: número de prazas

D: cota reservada a persoas con discapacidade

PI: promoción interna

SG

Escala

Subescala

P

P. interna

CX

D

A1

Facultativa de arquivos, bibliotecas e museos

Biblioteca

11

10

1

A1

Técnica de xestión

Administración

4

4

-

C1

Técnica especialista de servizos xerais

Conserxería

2

2

-

C1

Técnica especialista de tecnoloxías da información e comunicacións

Informática

1

1

-