Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66105

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 20 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2022 pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 31 de xaneiro).

Logo de estimado o recurso de alzada que formulou Alba Lugilde Martínez en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de xaneiro de 2022, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Orde do 4 de agosto de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 159, do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 20, do 31 de xaneiro), incluíndo nesa relación a:

597038-Educación primaria

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Baremo

Oposición

Concurso-oposición

223

***3469**

Lugilde Martínez, Alba

Quenda L

5.42

5.8270

5.6914

Segundo. O disposto no punto anterior supón unha modificación do número de orde da lista de persoas aprobadas nesta especialidade cunha puntuación no concurso-oposición inferior á obtida por Alba Lugilde Martínez, de tal modo que Iglesias Parada, Patricia, con DNI ***7427**, ocupará o posto 224 e así sucesivamente ata a derradeira persoa, Lede Silva, Elena, con DNI ***8770**, que pasará a ocupar o posto número 251.

Terceiro. A persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Cuarto. Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades