Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66107

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANUNCIO do 21 de decembro de 2022 polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas da oferta extraordinaria de emprego público 2022 para a estabilización de emprego.

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), en virtude das competencias atribuídas pola Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante os sistemas de concurso e de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías seguintes:

Posto

Grupo

Categoría

Vacante

Sistema de acceso

Titulado superior

I

10

1

Concurso

Técnico/a espec. informática

III

91

4

Concurso

Auxiliar administrativo/a

IV

1

3

Concurso

Auxiliar de laboratorio

IV

11

1

Concurso-oposición

As bases estarán expostas na páxina web do Intecmar (http://www.intecmar.gal/transparencia/Convocatorias). O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o 16 de xaneiro de 2023.

Vilaxoán, 21 de decembro de 2022

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control
do Medio Mariño de Galicia