Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66177

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de persoal empregado investigador no marco de estabilización de emprego temporal.

En execución do previsto no anexo IX: oferta de estabilización extraordinaria do Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) da Resolución do 25 de maio de 2022 (DOG do 31 de maio) pola que se publica a oferta de emprego público da Universidade de Santiago de Compostela e dos seus entes adscritos para o ano 2022, resolve convocar o proceso selectivo para cubrir as prazas que se relacionan no anexo.

As bases do proceso selectivo publicaranse na páxina web do Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (https://citmaga.gal/procesos-seleccion-personal).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na convocatoria establécese o procedemento para a presentación das solicitudes.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2022

Antonio López Díaz
Presidente do Consello Reitor do CITMAga