Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66176

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG)

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de persoal laboral fixo no marco de estabilización de emprego temporal.

En execución do previsto no anexo VIII, Oferta de estabilización extraordinaria do Consorcio Interuniversitario do Sistema universitario de Galicia (CISUG), da Resolución do 25 de maio de 2022 (DOG do 31 de maio) pola que se publica a oferta de emprego público da Universidade de Santiago de Compostela e dos seus entes adscritos para o ano 2022, resolve convocar o proceso selectivo para cubrir as prazas que se relacionan no anexo, vacantes no seu cadro de prazas de persoal laboral.

As bases da convocatoria publicaranse na páxina web do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) http://www.cisug.gal

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na convocatoria establécese o procedemento para a presentación das solicitudes.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2022

Antonio López Díaz
Presidente do Consorcio Interuniversitario do Sistema
Universitario de Galicia