Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66175

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO do 7 de decembro de 2022 polo que se da publicidade ao acordo polo que se convocan os procesos selectivos para a contratación de persoal fixo polos procedementos de concurso de méritos e concurso-oposición.

Xenética Fontao, S.A. convoca concurso de méritos e concurso-oposición para a contratación de persoal fixo de diversos postos da sociedade pública mercantil Xenética Fontao, S.A., conforme a Lei 20/2021, do 28 de decembro, e o Decreto 79/2022, do 25 de maio.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude estarán dispoñibles na páxina web de Xenética Fontao, S.A. https://www.xeneticafontao.com/perfil.php

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día 30 de xaneiro de 2023. Os aspirantes que desexen tomar parte nestes procesos selectivos deberán presentar, debidamente cuberta e xunto coa correspondente documentación acreditativa, a solicitude que figura no anexo I das bases.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A.