Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66174

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense

ANUNCIO da convocatoria de estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 289, do 20 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais dos procesos selectivos para a execución da oferta do emprego público para a estabilización do emprego temporal na Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense, segundo o disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, así como as bases específicas da convocatoria excepcional dos procesos selectivos para a estabilización do emprego temporal e o ingreso por quenda libre nas seguintes prazas estruturais de persoal laboral fixo da Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense:

– AEDL: 1 praza (concurso).

– Condutor: 2 prazas (concurso).

– Peón: 1 praza (concurso).

O prazo de presentación de solicitudes de participación nos procesos selectivos é de vinte días (20) hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os anuncios sucesivos relativos a esta convocatoria publicaranse, cando proceda segundo as bases, no Boletín Oficial da provincia de Ourense, no taboleiro de anuncios da sede electrónica da mancomunidade https://mancomunidadmunicipioscomarcaorense.sedelectronica.gal/ e no taboleiro da sede física da mancomunidade (Concello de Paderne de Allariz).

Paderne de Allariz, 21 de decembro de 2022

José Antonio Blanco Pérez
Presidente da Mancomunidade Voluntaria
de Municipios da Comarca de Ourense