Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66173

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos da Terra Chá

ANUNCIO do procedemento selectivo para a provisión de catro prazas de técnicos/as de servizos sociais como persoal laboral fixo mediante concurso de méritos, do procedemento extraordinario de estabilización de emprego temporal da Mancomunidade de Concellos da Terra Chá (disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 268, do 23 de novembro de 2022, e na sede electrónica da Mancomunidade de Municipios da Terra Chá, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

Catro prazas de técnicos/as de servizos sociais (traballador/a social) como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso de méritos, do procedemento extraordinario de estabilización de emprego temporal da Mancomunidade de Concellos da Terra Chá.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na forma establecida nelas.

Cospeito, 25 de novembro de 2022

Armando Castosa Alvariño
Presidente da Mancomunidade de Concellos da Terra Chá