Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66168

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras correspondentes á oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal de conformidade coa Lei 20/2021.

No BOP de Ourense núm. 281, do 10 de decembro de 2022, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras correspondentes á oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar o emprego temporal da Deputación Provincial de Ourense, de conformidade coa Lei 20/2021.

As prazas que se convocan son as seguintes:

I. Prazas correspondentes aos procesos de estabilización de emprego temporal previsto no artigo 2 da Lei 20/2021:

I.A) Funcionarios de carreira.

Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso libre:

• Unha (1) praza de auxiliar de oficina, persoal funcionario, Administración xeral, auxiliar da Administración xeral, subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

I.B) Cadro laboral.

Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo, de acceso libre:

• Unha (1) praza de albanel, persoal laboral fixo, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de auxiliar de recollida de animais abandonados, persoal laboral fixo, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de chofer/esa especialista, persoal laboral fixo, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Dezaseis (16) prazas de chofer/esa-operario/a de lixo, persoal laboral fixo, asimiladas ao subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

Unha das prazas resérvase para persoas con diversidade funcional. En caso de non cubrirse por persoa con diversidade funcional, esta praza acumularase ás de convocatoria ordinaria, polo que poderá ser cuberta por persoas sen diversidade funcional que superen os procesos selectivos correspondentes.

• Sete (7) prazas de operario/a de lixo, persoal laboral fixo, asimiladas ao subgrupo AP. Concurso-oposición. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de mecánico/a, persoal laboral fixo, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de operario/a sen cualificar, persoal laboral fixo, asimilada ao subgrupo AP. Concurso-oposición. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

Praza reservada a persoas con diversidade funcional. En caso de non cubrirse por persoa con diversidade funcional, esta praza acumularase ás de convocatoria ordinaria, polo que poderá ser cuberta por persoas sen diversidade funcional que superen os procesos selectivos correspondentes.

• Unha (1) praza de peón de mantemento, persoal laboral fixo, asimilada ao subgrupo AP. Concurso-oposición. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

II. Prazas correspondentes aos procesos de estabilización de emprego temporal previsto nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021:

II.A) Cadro laboral.

Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo, de acceso libre:

• Nove (9) prazas de bombeiro/a-condutor/a, persoal laboral fixo, asimiladas ao subgrupo C2. Concurso. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Dezaseis (16) prazas de chofer/esa-operario/a de recollida de lixo, persoal laboral fixo, asimiladas ao subgrupo C2. Concurso. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Dez (10) prazas de operario/a de recollida de lixo, persoal laboral fixo, asimiladas ao subgrupo AP. Concurso. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Dúas (2) prazas de limpador/a, persoal laboral fixo, asimiladas ao subgrupo AP. Concurso. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de mestre/a de canto e pandeireta, persoal laboral fixo descontinuo, asimilada ao subgrupo C2. Concurso. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de mestre/a de percusión, persoal laboral fixo descontinuo a tempo parcial, asimilada ao subgrupo C2. Concurso. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Tres (3) prazas de operario/a de canceira, persoal laboral fixo, asimiladas ao subgrupo AP. Concurso. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de peón de xardinaría, persoal laboral fixo, asimilada ao subgrupo AP. Concurso. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Tres (3) prazas de peón de limpeza viaria (prazas procedentes do Concello de Viana do Bolo) persoal laboral fixo, asimiladas ao subgrupo AP. Concurso. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Tres (3) prazas de peón de mantemento, persoal laboral fixo, asimiladas ao subgrupo AP. Concurso. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Dúas (2) prazas de porteiro, persoal laboral fixo, asimilada ao subgrupo AP. Concurso. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de tractorista (praza procedente do Concello dos Blancos), persoal laboral fixo, asimilada ao subgrupo C2. Concurso. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de capataz-encargado/a de intervención rápida (praza procedente do Concello dos Blancos) persoal laboral fixo, asimilada ao subgrupo C2. Concurso. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de coordinador/a (praza procedente do Concello dos Blancos) persoal laboral fixo, asimilada ao subgrupo C2. Concurso. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

O prazo para a presentación de solicitudes será dos vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. As solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (norma que se considera vixente de acordo co establecido na disposición final sétima da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

As modalidades de presentación son as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na oficina de asistencia ao cidadán en materia de rexistro da Deputación Provincial ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

b) De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, xuntando á solicitude o correspondente xustificante:

• Para as prazas do grupo C2: 13 euros.

• Para as prazas de agrupacións profesionais sen requisito de titulación AP: 10 euros.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse, exclusivamente, na sede electrónica, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 19 de decembro de 2022

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense