Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66167

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 332/2022, que se segue no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo.

O Concello de Vigo recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, en que se require o emprazamento de cantas persoas aparezan como interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 332/2022, interposto por S.M. Martínez Alonso contra a oferta de emprego público de estabilización do emprego temporal do Concello de Vigo.

En consecuencia, este concello acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío do correspondente expediente administrativo ao dito xulgado.

O que se publica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido xulgado, no prazo de nove días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 1 de decembro de 2022

P.D. (Decreto Alcaldía do 16.4.2021; Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.4.2021. Resolución da Alcaldía do 6.9.2022 e Acordo da Xunta de Goberno Local do 8.9.2022)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Seguridade, Contratación e
Xestión Municipal