Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66156

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monfero

ANUNCIO da convocatoria e das bases dos procesos selectivos para a estabilización do emprego temporal ao abeiro da Lei 20/2021.

No BOP da Coruña número 239, do 20.12.2022, publicáronse as bases xerais reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Monfero, aprobadas pola Xunta de Goberno local do 14.12.2022.

No mesmo BOP publicáronse as seguintes bases específicas reguladoras das convocatorias e procesos selectivos de estabilización para a cobertura de 17 prazas, de persoal funcionario e persoal laboral fixo, aprobadas pola Xunta de Goberno local o 14.12.2022:

Denominación do posto

Tipo

Vacantes

Traballador social

F

1

Administrativo

F

1

Auxiliar administrativo

F

1

AEDL

L

1

Técnico turismo

L

1

Socorrista

L

1

Condutor

L

1

Peón

L

1

Auxiliar de axuda no fogar

L

9

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases que a rexen.

Monfero, 20 de decembro de 2022

Andrés Feal Varela
Alcalde