Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66155

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meis

ANUNCIO das bases dos procesos selectivos para cubrir as prazas incluídas na oferta excepcional de emprego púbico para a estabilización do emprego temporal de longa duración.

Na Resolución da Alcaldía 2022-0665, do 15 de decembro de 2022, aprobáronse as bases que regularán os procesos selectivos para cubrir as prazas vacantes incluídas na oferta excepcional de emprego público do Concello de Meis para a estabilización do emprego temporal de longa duración, e que a seguir indicamos:

– 1 arquitecto/a.

– 1 asesor/a xurídico/a.

– 1 informador/a xuvenil/técnico/a de cultura.

– 1 técnico/a sociocultural.

– 1 monitor/a deportivo/a.

– 1 auxiliar/a administrativo/a.

– 2 operarios/as de servizos varios.

– 1 limpador/a.

O período de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Meis, https://meis.sedelectronica.gal

Meis, 21 de decembro de 2022

Marta Giráldez Barral
Alcaldesa