Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66162

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de correción de erros do anuncio da oferta de emprego público 2022.

Advertido erro no anuncio publicado no BOP número 90, do día 12 de maio de 2022, relativo á oferta de emprego público do Concello de Teo 2022, a Resolución da Alcaldía núm. 1551/2022, do 25 de novembro, procedeu á súa corrección de erros no relativo ás prazas de persoal laboral.

O anuncio da corrección de erros foi publicado no Boletín Oficial da provincia, núm. 229, do 2 de decembro de 2022.

Teo, 2 de decembro de 2022

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde