Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por funcionario/a de carreira, dunha (1) praza de arquitecto/a técnico/a.

A Resolución da Alcaldía núm. 1322/2022, do 18 de outubro, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a provisión, por funcionario/a de carreira, dunha praza de arquitecto/a técnico/a, no Concello de Teo, correspondente á oferta de emprego público 2022, coas seguintes características:

Denominación da praza

Arquitecto técnico

Réxime

Funcionario de carreira

Unidade/área

Administración especial

Categoría profesional

Técnica

Grupo/subgrupo

A2

Nivel

26

Sistema selectivo

Concurso-oposición

Quenda de acceso

Libre

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 229, do 2 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria, corrixidas pola Resolución núm. 1552/2022, do 25 de novembro.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Teo, 2 de decembro de 2022

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde