Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66153

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO das bases xerais reguladoras do proceso de estabilización do persoal laboral temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 241, do 20 de decembro de 2022, publícanse integramente as bases xerais reguladoras do proceso de estabilización do persoal laboral temporal do Concello de Barro.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación das solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o anuncio das bases específicas da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal:

https://barro.sedelectronica.gal/transparency/d8dc2347-3bbf-4e9b-9e44-10f774ea2853/

Barro, 20 de decembro de 2022

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde