Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66231

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 26 de decembro de 2022 pola que se amplían os créditos establecidos para os programas I e II na Orde do 13 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2022 e 2023 (códigos de procedemento TR341K, TR341E e TR341N).

No DOG núm. 184, do 27 de setembro de 2022, publicouse a Orde do 13 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2022 e 2023 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

A dita Orde do 13 de setembro de 2022, de conformidade co estipulado no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece a posibilidade de ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles. O incremento do crédito está condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións de fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estatal que poden ser utilizadas para os mesmos fins, procedentes de remanentes de crédito doutras convocatorias no mesmo programa de gasto e servizo, 324C da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, e coa finalidade de facer chegar as axudas ao maior número posible de centros especiais de emprego, cómpre ampliar os créditos consignados no artigo 50.1 da dita Orde do 13 de setembro de 2022 para as anualidades 2022 e 2023 dos programas I (procedemento TR341K) e II (TR341E e TR341N).

Con carácter previo a esta ampliación iniciouse a tramitación dunha primeira ampliación de crédito que afecta a anualidade 2022 do programa III (procedemento TR341M), por un importe de 185.000,00 €.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o crédito consignado para os programas I e II no artigo 50.1 da Orde do 13 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2022 e 2023, nas contías que se indican:

2ª ampliación de créditos (código proxecto 2018 00099)

Programa (procedemento)

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Importe total

Programa I (TR341K)

11.04.324C.470.3

42.000,00

110.000,00

152.000,00

Programa II (TR341E eTR341N )

11.04.324C.470.3

85.000,00

120.000,00

205.000,00

Importe total

127.000,00

230.000,00

357.000,00

Esta ampliación (357.000,00), xunto coa 1ª ampliación (185.000,00 €), e o crédito inicial consignado na Orde do 13 de setembro de 2022 (24.178.000,00 €) suman un orzamento final de 24.720.000,00 €.

Artigo 2. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na dita Orde do 13 de setembro de 2022 para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade