Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66404

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a oferta extraordinaria de emprego público de 2022 para a estabilización de emprego.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante os sistemas de concurso e de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías seguintes:

Categoría

Vacante

Sistema de acceso

Técnico de área

2

Concurso

Técnico de proxectos

1

Concurso

Auxiliar técnico especialista de proxectos

1

Concurso-oposición

Técnico superior de proxectos

6

Concurso-oposición

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo e, na súa páxina web (https://cetmar.org/traballo/) o 16 de xaneiro de 2023. O prazo para presentar solicitudes será de vinte (20) días hábiles contado a partir da data da súa publicación.

Vigo, 20 de decembro de 2022

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Cetmar