Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66403

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Terras de Deza

ANUNCIO da convocatoria e das bases dos procesos selectivos para o acceso a prazas pertencentes ao cadro de persoal laboral, en execución do proceso de estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 243, do 22 de decembro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas que rexerán os seguintes procesos selectivos convocados en aplicación do artigo 2.1, parágrafo primeiro, da Lei 20/2021:

– Unha praza de condutor retroescavadora Oficial/a 1ª polo sistema de concurso de méritos.

– Unha praza de condutor motoniveladora Oficial/a 1ª por concurso de méritos.

– Unha praza de condutor de pisón e de camión Oficial/a 2ª por concurso de méritos.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios da Mancomunidade Terras de Deza.

Lalín, 22 de decembro de 2022

Luís Celso Taboada Sánchez
Presidente