Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66317

IV. Oposicións e concursos

Consello Económico e Social de Galicia

ANUNCIO do 22 de decembro de 2022 polo que se fai pública a aprobación das convocatorias dos procesos selectivos extraordinarios para a redución da temporalidade no emprego público.

Na páxina web do Consello Económico e Social de Galicia (www.ces-galicia.org) atópanse publicadas as bases das convocatorias dos procesos selectivos extraordinarios derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, así como da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, relativas a:

• 1 praza do grupo 1: dirección do Centro de Documentación e Apoio ao consello (concurso-oposición).

• 1 praza do grupo 1: dirección do Departamento de Xestión (concurso).

• 1 praza do grupo 4: administrativo, técnico auxiliar en informática (concurso).

O que se fai público para os efectos establecidos nas leis antes citadas.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2022

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do Consello Económico e Social de Galicia