Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66318

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

ANUNCIO do 20 de decembro de 2022 polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a oferta extraordinaria de emprego público 2022, para a estabilización de emprego.

A presidenta, en virtude das competencias atribuídas pola Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo neste ente.

As bases estarán expostas na sede de Portos de Galicia situada no polígono das Fontiñas, praza de Europa, 5A, 6º, e na súa páxina web (https://www.portosdegalicia.gal) o 16 de xaneiro de 2023. O prazo para presentar solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde a data da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia