Anúnciase a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 007 (titulado de grao medio) do grupo II do persoal laboral fixo da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).
As bases da convocatoria poderán consultarse no portal web da axencia, no enderezo https://xera.xunta.gal/inicio
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día 16 de xaneiro de 2023.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda e de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e/ou no portal web corporativo da axencia, no enderezo https://xera.xunta.gal/procesos-selectivos
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2022
Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal